"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor de cine, televisión e dobraxe. Iniciou a súa carreira teatral coa Escola Dramática Galega, para despois participar como actor en diversos traballos da Compañía Luís Seoane, como A noite dourada de Mimí da Cora (1983) ou Fausto (1984), con dirección de Manuel Lourenzo. Tamén traballou con Teatro do Atlántico en Liberdade Brenana (1989) e Historia de Neera (1991), con dirección de Xulio Lago. Director de dobraxe, cunha ampla e dilatada experiencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo. Foi catedrático na Universidad de Zaragoza e decano na Universidad de Madrid. Especializouse na historia do dereito de xentes e nas relacións internacionais. Colaborou, entre outras publicacións, en Estudios internacionales y coloniales e Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela. Entre as súas obras destacan Finlandia ante Rusia: la cuestión fino-soviética (1944), La Política de “coexistencia pacífica” de la Unión Soviética (1960) e Estudios sobre relaciones internacionales y derecho de gentes (1971-1972). Pertenceu á Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e polígrafo. Describiu o Memorial da redención de Miguel de Cervantes, polo que se fixou Alcalá de Henares como o seu lugar de nacemento, e o Foro de Ribadavia, outorgado por Fernando III o Santo. Foi autor, entre outras obras, de Guía histórico-descriptiva de la Real Capilla y Monasterio de la Encarnación (1916). Dende 1918 foi correspondente da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudiou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e posteriormente foi asistente de S. Celibidache. Dirixiu un gran número de orquestras, entre as que destacan a Orquesta Municipal de València (1964-1965), a Orquesta Sinfónica de RTVE (1966-1984 e 1988-2001) e foi director técnico artístico da Banda Sinfónica Municipal de Madrid (1993-1998 e dende 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Membro da orde dos claretianos, formouse en matemáticas e física en Múnic. Profesor das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, exiliouse trala Guerra Civil en París, Quito (1938-1942) e México (1942-1946), onde colaborou con José Gaos e outros intelectuais españois. Fixou a súa residencia en Caracas, onde foi membro do Instituto Pedagóxico (1946-1959), profesor na universidade e director do Instituto de Filosofía (1959-1971). Nos seus estudios abordou a análise das filosofías de interpretación e reinterpretación do universo e as de transformación do universo e apostou por unha reelaboración heterodoxa do marxismo. Consideraba que á filosofía se lle debían os modelos da física e a matemática contemporáneas, así como os da poesía e a música. Das súas obras destacan Introdución a la lógica moderna (1936), Siete modelos filósofos (1950), Antropología filosófica contemporánea (1957), Filosofía y teoría de la relatividad (1978) e Qué es Dios...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou debuxo e historia da arte. Foi un dos fundadores do grupo Cántico e da revista homónima, e colaborou nas publicacións El Español e La Estafeta Literaria co pseudónimo de Luis de Cárdenas. Publicou, entre outros, os poemarios Rumor oculto (1946), Mientras cantan los pájaros (1948), Antiguo muchacho (1950), Óleo (1958), Antología poética (1959), Almoneda (1971), Antes que el tiempo acabe (1978), Tres voces del verano (1980), Poesía completa (1982), Fieles guirnaldas fugitivas (Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla 1989), Calendario (1992) e Ritual (1994). Membro e director da Comisión Asesora do Centro Andaluz de las Letras, é Fillo Predilecto de Córdoba (1984) e de Andalucía (1988). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro de Córdoba (1984), o Premio de las Letras Andaluzas (1991) e Premio Príncipe de Asturias (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrado. Aos catro meses do seu nacemento, a súa familia trasladouse a Pontevedra e alí residiu ata os quince anos. Dos seus primeiros estudios e formación non se sabe nada con certeza; pode ser que entre 1705 e 1709 seguise o ciclo de humanidades no colexio pontevedrés dos xesuítas, como formación previa para acceder aos estudios universitarios que estes ofrecían. En 1710 ingresou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid, onde profesou o 24 de maio de 1711 e, en outubro dese mesmo ano, trasladouse ao mosteiro-universidade de Irache (Navarra) para realizar os estudios universitarios de Artes ou Filosofía. En 1714 regresou ao mosteiro de San Martín e entregouse por completo ao estudio, á escritura e á copia de moitos pregos da súa biblioteca. En outubro marchou ao mosteiro de San Vicente en Salamanca para iniciar os estudios de teoloxía na Universidad de Salamanca, no rexistro da cal xa consta como Martín Sarmiento. Á fin deste ano foi enviado ao mosteiro de Eslonza (León) como profesor...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e mecenas, emigrou a Cuba e fundou o seu própio banco. Xunto con Policarpo Sanz fundou a Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia. En 1884 regresa a Galicia e aséntase en Vigo, onde construe grandes edificios coma o teatro que leva o seu nome ou a Escola de Artes e Oficios, tamen deuse a coñecer polas súas innumerables obras de caridade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e escritor. Coñecido como Ken Keirades, estudiou maxisterio por libre na Escola Normal de Santiago e exerceu a docencia ata que en 1936 foi suspendido da profesión por motivos políticos. Dirixiu o xornal El Estradense, polo que foi encarcerado, e colaborou en El Emigrado (1920) e deuse a coñecer coa sección “Rexoubas”. Da súa produción destaca Falemos na nosa fala (1930), primeiro premio no Certame Literario de Exaltación da Muller Galega celebrado en Pontevedra en 1929, Contiños da terra (1931), e as póstumas Aventuras de Alberte Quiñói (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1972), Enredos (2000), Dos meus recordos (2001) e Carta da Habana (2002). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador de El Ideal Gallego, publicou Medio siglo de vida coruñesa (1834-1886) (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militante do Partido Moderado, durante o Sexenio Liberal fundou, xunto co conde de Toreno, o xornal El Tiempo, desde o que traballou pola restauración monárquica, coa que foi ministro de Facenda (1876-1877) e gobernador do Banco de España (1896-1897). Representou a Galicia como deputado polo distrito de Viveiro en 1864-1865 e foi elixido senador por Lugo en 1876. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e escritor. Cronista oficial de Boiro, fundou en Ribeira o colexio Bayón. A partir de 1956 colaborou en diversas publicacións e, entre outros catálogos, en Compostela monumental (1993). Entre as súas obras destacan Los caminos de Santiago en Galicia (1991), Piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas (1997) Guía das heráldicas de Pobra do Deán e Vila do Caramiñal (1998), Nueva galería de piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas (2000) e Valle-Inclán y Viana del Prior: estampas del tiempo ido (2001). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Plata del Mérito Turístico, o Premio Pérez Lugín, o Premio Fernández Latorre (1965), o Premio Julio Camba (1993), o Premio Fenosa e o Premio Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. As súas investigacións centráronse no estudo das colonizacións grega e fenicia, dos pobos prerromanos e da Hispania romana. Dirixiu a revista Archivo Español de Arqueología, e colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e en Ars Hispaniae: historia del arte hispánico. Das súas obras destacan Fenicios y carthagineses en Occidente (1942), La Dama de Elche (1943), La arquitectura entre los iberos (1945), Hispania graeca (1948), Esculturas romanas de España e Portugal (1949) e Arte romano (1955). Realizou tamén edicións de divulgación das fontes escritas, como La Península Ibérica en los comienzos de su historia (1953). Ingresou na Real Academia de la Historia en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela. Exerceu o seu maxisterio na catedral de Mondoñedo (1690-1694) e na de Tui (1694-1737). Deixou unha abondosa produción musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1797-1825) e arcebispo electo de Santiago de Compostela (1821). Cursou estudios nas universidades de Salamanca, Toledo e Sevilla e licenciouse en Leis e Canons. Durante as invasións napoleónicas foi nomeado presidente da Xunta de Tui para loitar contra as tropas francesas. Coa chegada do goberno do Trienio Liberal foi promovido á sé compostelá, aínda que renunciou ao nomeamento e non tomou posesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico. Forxou, con Juan Antonio Bardem, a recuperación do cine dos anos cincuenta. En 1952 dirixiu Bienvenido Mr. Marshall, e en 1957 Los jueves, milagro. O humor negro e a sátira foron as súas características básicas. Outros filmes seus son: La escopeta nacional (1977) e La vaquilla (1985). No ano 1994 obtivo o Premio Goya por Todos a la cárcel (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Restaurador no Museo do Pobo Galego, foi profesor en diversas escolas taller. Realizou, entre outros, os monumentos á Tuna compostelá, ao Emigrante en Silleda, a Don Bosco en Santiago, a Juanito Acuña na Coruña, a Quixeira en Arzúa, a Camilo José Cela en Bandeira, e outras esculturas públicas en Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Arxentina, República Dominicana, Venezuela e Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorouse en Filosofía e Letras (1907) pola Universidad de Madrid, onde foi alumno de Giner de los Ríos. Foi funcionario de estatística en Albacete e Lugo, onde tamén foi profesor no seu Instituto. Escribiu artigos para o periódico El Norte de Galicia que, ás veces, asinaba con pseudónimos (Manuel da Torre e outros) e algunha colaboración para El Progreso. Publicou un opúsculo de 30 páxinas titulado Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega (1912), en que defende o uso do galego no ensino, e un folleto de 36 páxinas, Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo (1940), en que galeguiza algúns topónimos castelanizados e propón a súa etimoloxía (aínda que non sempre acertadamente).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e político. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid na especialidade de urbanismo (1972). Realizou, entre outras obras, a casa do concello de Forcarei (1974), a gardería municipal do Grove (1980), a rehabilitación de vivendas en Vilaboa e Viascón (Cotobade), polo que recibiu un accésit no I Premio Julio Galán en 1991, e dos casaríos de Igrexa Vella para albergues de peregrinos en Triacastela, polo que recibiu o VI Premio COAG de Arquitectura en 1994, e diversos edificios no polígono de Fontiñas (Santiago de Compostela). Membro do Partido Comunista de Galicia, participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia, na Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Estado, na primeira Comisión Xestora do Plan Director Territorial de Galicia e foi concelleiro en Pontevedra (1979). Foi membro da Xunta de Goberno do COAG e presidente da delegación do COAG en Pontevedra. Participou en diversos congresos e exposicións...
VER O DETALLE DO TERMO