"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antigo mosteiro situado na parroquia de Santalla de Cuíña (Lugo). Fundouno Ildoncia Gundesíndiz a comezos do s X e no 995 foi doado ao Rei Vermudo II con todas as súas dependencias. En 1038 documéntase como propiedade da infanta Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santoíño, na parroquia de Piúgos (Lugo). Fundouno Pedro, bispo de Lugo cara ao 1030. Despois de 1038 doouno a Miguel Amiquiz e este aos reis Fernando I e Sancha. Posteriormente pertenceu á igrexa de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de setembro de 1991. Impresa pola Editorial Eolia, subtitulouse “Revista del Círculo Psicoanalítico de Galicia”. En números seguintes pasou a subtitularse “Revista de la Sección de Galicia de la Escuela Europea de Psicoanálisis”. Dirixiuna Eugenio Castro. Nos seus artigos tentaba profundizar nas teorías de Freud coa intención de prolongar as súas investigacións. Neste sentido, céntranse nas teorías formuladas por Lacan e nos comentarios e críticas realizados ao redor da obra de Freud. Incluíu traballos sobre a neurose obsesiva, a sexualidade feminina, o desexo sexual, o racismo ou a paixón polo xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alejandro Campos Ramírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Finlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Finlandia.

    3. Lingua do phylum urálico da familia finoúgria. Os primeiros textos escritos en finlandés proceden de mediados do s XVI e, en 1958, tradúcese a parte da Biblia que corresponde ao Novo Testamento. No s XVII, cando Finlandia pasou a formar parte de Suecia, o finlandés deixou de ser lingua nacional e o sueco pasou a ser a lingua da administración e da cultura. Co inicio da Revolución Rusa (1917), Finlandia independízase. É a lingua oficial de Finlandia, pero tamén se fala na República de Carelia, Rusia e Suecia. Escríbese en alfabeto latino. Entre os trazos máis característicos do finlandés, cómpre destacar un sitema de oito vocais /i e ä y ö u o a/ e coñece a harmonía vocálica e trece consoantes /k t p d m n n r l s h j v/, que se ven afectadas pola gradación, é dicir, que cando unha consoante forte inicia unha sílaba, debilítase noutra menos forte; non hai distinción de xénero nos nomes, pero si que se conxugan en quince casos; a estrutura morfolóxica achégase á...

    4. Arte desenvolvida en Finlandia. Non se conservan construcións arquitectónicas anteriores ao s XII; os primeiros exemplos son igrexas rurais construídas en ladrillo que, xunto coa madeira, son os principais materiais construtivos, e dos que destaca a catedral de Tarku (S XIV). Empregáronse a bóveda estrelada, importada de Alemaña, e os campanarios illados de madeira, importados de Suecia. As formas góticas prevaleceron e ata o s XVII non se localizan elementos clásicos. Empregaron a planta cruciforme e a centralizada. En 1817 trazouse un novo plano para o centro de Helsinqui baseado nunha praza central rodeada de edificios, obra de Carl Ludwig Engel (1778-1840). Os escultores formados en París dende 1870 recibiron a influencia de F. Rude, J. B. Carpeaux, A. Rodin e E. A. Bourdelle. No eido da pintura, Estocolmo, lugar de formación na primeira metade do s XIX, foi substituído por Düsseldorf, e despois por París, onde Albert Edelfelt (1854-1905) recibiu a influencia do Manet preimpresionista....

    5. Arte cinematográfica producida en Finlandia. Nyrki Tapiovaara foi a primeira figura dunha certa importancia, malia ter unha carreira curta. Erik Blomberg, operador e realizador, converteu a súa muller, Mirjami Kuosmanen, na grande estrela do cine finlandés: Valkoinen peura (O reno branco, 1952). En 1956 o filme Tuntematon sotilas (O soldado descoñecido), de Edvin Laine, obtivo un premio no Festival Internacional de Cine de Cannes. Jörn Donner dirixiu e protagonizou Mustaa valkoisella (Negro sobre branco, 1967). Os mellores realizadores contemporáneos son Risto Jarva, autor de Työmiehen päiväkirja (Diario dun traballador, 1967), Rauni Mollberg, que dirixiu Maa on syntinen laulu (A terra é un canto de pecado, 1973) e o filme bélico Tuntematon sotilas (O soldado descoñecido, 1985), e Pekka Parikka, con Talvisota (A guerra de inverno, 1989). Nun terreo máis artístico cómpre destacar a Lauri Törhön con Palava Enkeli (O anxo...

    6. Nos ss XIX e XX editáronse os Vellos poemas do pobo finlandés e Contos e fábulas do pobo finlandés, pertencentes á tradición oral, pero xa a partir do s XV se imprimiron obras en latín (Missale Aboense, 1488). Cando Finlandia se separou de Suecia, a lingua de cultura era o sueco, e nos ss XVIII e XIX algúns autores que tiñan como lingua materna esta lingua escribían en finés, e no s XIX o nacionalismo reivindicou a lingua autóctona. A loita pola independencia política e lingüística contra Rusia, dirixida polo filósofo e político J. V. Snellman (1806-1881), coincidiu coa democratización do ensino e Finlandia chegou ao s XX con personalidade cultural e política propias. Na segunda metade do s XIX, Kivi puxo os alicerces do teatro nacional con Lea (1869), pero foron máis populares autores como Erkko, Cajander e Jännes. A principios do XX, Kramsu e, sobre todo, E. Leino deron un forte impulso á poesía, que xunto coas obras de Koskenniemi, Manninen, Larin-Kyösti,...

    7. A música primitiva finlandesa máis importante é a do ciclo do Kalevala, transmitida oralmente ata que se publicou entre 1908 e 1948. O instrumento autóctono máis difundido foi o kantele, parecido a un salterio. A música culta máis antiga (ss XI e XII) é de carácter relixioso. Os compositores nacionalistas inspiráronse na música popular, entre os que destaca J. Sibelius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N de Europa que limita ao L con Rusia, ao N con Noruega e ao O con Suecia (338.145 km2; 5.181.115 h [estim 2000]). O territorio inclúe as illas Åland, un arquipélago con máis de 6.000 illas, situadas no Mar Báltico. Esténdese entre os 60° e 70° de latitude N e os 19° e 32° de lonxitude L. A capital é Helsinqui.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Xeoloxicamente, Finlandia forma parte do escudo Báltico, no que influíron as alteracións que experimentou a Península Escandinava. O relevo está formado por unha gran chaira constituída principalmente por materiais graníticos e cuberta dunha gran capa de sedimentos fluviais. Non presenta grandes altitudes, sobre todo na metade meridional, onde a altitude media é de 200 m. Ao N a chaira vese alterada por pequenos cumios de 700 m. A existencia de numerosos lagos e depósitos morénicos son o resultado da glaciación cuaternaria. A costa que corresponde ao golfo de Botnia e Finlandia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Brazo do L do mar Báltico limitado, ao N, por Finlandia, ao L, por Rusia e, ao S, por Estonia (29.500 km2). Formado no Terciario, ten 430 km de lonxitude, entre 60 e 120 km de largo e unha profundidade máxima de 115 m. A costa é moi accidentada, especialmente a finlandesa. Os principais portos son Helsinqui, Kotka, Vüpuri, San Petersburgo e Tallinn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cubano. En 1865 iniciou as súas investigacións sobre a febre amarela e descubriu que os mosquitos do xénero Culex son os hospedeiros intermediarios na transmisión da febre amarela aos humanos. Os seus estudios sobre a propagación da epidemia foron decisivos. Investigou tamén outras enfermidades tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, artista gráfico e poeta británico. Formouse na Glasgow School of Arts. Traballou con diferentes materiais. En 1961 fundou a Wild Hawthorn Press e publicou a revista Poor Old Tired House. Traballou con distintos colaboradores e realizou placas, pedras e gravados con frases irónicas e caligramas. Realizou para a Illa das Esculturas de Pontevedra Petrarca (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. De construción románica, só conserva a ábsida de dous tramos: un rectangular, que se une á nave construída no s XVII, e outro semicircular dividido ao exterior en tres segmentos separados por catro semicolumnas pegadas, erixidas sobre plintos con garras, bases áticas e capiteis decorados. A bóveda da ábsida está cuberta con pinturas murais de finais do s XVI. Na casca absidal represéntase a Cristo como xuíz; no tramo recto hai escenas do xuízo e do martirio de san Lourenzo e unha representación do ceo estrelado co sol e a lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De formación autodidacta, viviu en Europa entre 1924 e 1927. Foi autor, entre outros, dos monumentos a Avellaneda, Simón Bolívar e Raúl Colombres. Dende 1960 pertenceu á Academia Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e alquimista italiano e conde Fioravanti. Descubriu un bálsamo para a curación dos envelenamentos con arsénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Dirixiu o Teatro de San Carlos de Lisboa e foi mestre de capela de San Pedro de Roma. Destacou como autor de óperas bufas. O seu fillo Vincenzo Fioravanti (Roma 1799 - Nápoles 1877) tamén escribiu óperas bufas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista checo. Estudiou inglés e lingüística na Universidade de Masaryk en Brno (1947). O seu profesor Josef Vachek foi quen o introduciu nas ideas do Círculo Lingüístico de Praga. Foi profesor de inglés na Universidade de Brno ata que se retirou en 1991. Estudioso da oración desde unha perspectiva funcional, cómpre destacar os seus artigos “Non-thematic subjects in contemporany English” (Travaux Linguistiques de Prague, 1966) e “A functional view of ‘ordo naturalis’ (Brno Studies in English, 1979), e a súa obra Functional Sentence Perspective in Written and Spoken Communication (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea di Bonaiuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das esterculiáceas, ao que pertence a especie F. simplex, caracterizada por acadar ata 15 m de altura e presentar follas palmatilobuladas, flores verdosas e pequenas en panículas terminais e froitos dehiscentes. É orixinaria de China e Xapón e está presente en parques e xardíns de Galicia como planta ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cesarea de Capadocia (? 230-269). Foi partidario de Oríxenes e adversario de Novaciano. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro bispo de Pamplona. Evanxelizou a Tarraconense e despois estableceuse na Galia; foi o primeiro bispo de Amiens, onde morreu degolado. É avogoso da hidropesía. Na iconografía viste indumentaria episcopal co bordón da dobre cruz na man e a mitra na cabeza; e leva como atributos persoais, a espada, unha árbore florida e un ou dous alicornios; tamén se ten representado coa cabeza cortada entre as mans. A súa festa celébrase o 25 de setembro, aínda que en Pamplona festéxano o 7 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO