"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Médico francés. Realizou estudios na Université de Paris, onde se doutorou en 1945, e no Harvard Medical School. Os seus traballos máis importantes están dedicados ao estudo dos antíxenos de superficie dos leucocitos e á localización dos xenes que controlan a súa produción e transmisión hereditaria. Membro do Comité de Bioética da UNESCO. No ano 1980 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con G. Snell e B. Benacerraf.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Coñecido como David d’Angers, foi profesor de belas artes en París (1826). Gañou o Prix de Rome en 1811 e viaxou a Italia, onde coñeceu a Canova e a Thorvaldsen. Realizou medallóns-retratos de personaxes contemporáneos, a medio camiño entre a fogosidade do romanticismo francés e a suavidade do estilo xermánico. Relacionouse con intelectuais e artistas alemáns e retratou algúns deles, entre outros, Goethe, Schiller, Tieck e Friedrich.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ensaio da autoría de Román Rodríguez González publicado en 1999 e Premio da Crítica Galicia 2000. É unha análise profunda dos procesos de urbanización das vilas galegas e do mapa urbano de Galicia dende distintas perspectivas. Estudia o proceso de transformación global que modificou as estruturas espaciais e comportamentos urbanos da poboación galega, á vez que advirte das ameazas e lembra as disfuncións da paisaxe urbana galega. Describe os asentamentos urbanos, o desenvolvemento urbanístico que se produciu dende mediados dos anos sesenta en moitas vilas galegas e que transformou a súa fisionomía, e realiza un percorrido completo polos principais centros do interior, afondando nas causas e consecuencias que envolven o crecemento económico e demográfico destes espacios, a medio camiño entre aldeas e cidades. Estruturalmente, divídese en cinco extensos capítulos, divididos á súa vez en diferentes apartados: “A evidencia dunha transformación”, “Formas urbanas e liñas de expansión”, “Estratexias...
-
PERSOEIRO
Político irlandés de ascendencia española. Foi presidente do Sinn Féin (1917-1926) e da clandestina Irish Republic. Participou na revolta de 1916 e foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada. Rexeitou o acordo que creaba o Estado Libre de Irlanda (1921), esixiu a total independencia para toda a illa e boicoteou o Parlamento irlandés. En 1926 organizou un novo partido, o Fianna Fáil, do que foi presidente (1926-1959). Foi primeiro ministro (1932-1948, 1951-1954 e 1957-1959) e presidente da República de Irlanda (1959-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de obtención industrial de cloro por oxidación de ácido clorhídrico con aire mediante o uso de catalizadores como sales de cobre, ferro ou outros metais. Descubriuno o químico británico Henry Deacon (1822-1876) no ano 1861.
-
PERSOEIRO
Escultor galés. Estudiou no Somerset College of Art de Taunton (1968), na St. Martin’s School of Art de Londres (1970-1973) e no Royal College of Art (1974-1977). Empregou materiais industriais, como o aceiro ou a madeira laminada. Preocupado pola linguaxe, as súas obras evocan os órganos da percepcións. Entre outras mostras participou na Documenta IX de Kassel (1992). En 1987 recibiu o Premio Turner.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica británica realizada en 1945. Foi dirixida por Alberto Cavalcanti, Charles Chricton, Basil Dearden e Robert Hamer e interpretada por Mervyn Johns, Roland Culver, Anthony Berger, Googie Withers e Michael Redgrave, entre outros. Consta de cinco historias diferentes unidas por un mesmo personaxe, un psiquiatra que intenta darlles unha explicación aos diferentes soños que teñen os seus clientes. Finalmente, morrerá a mans dun dos pacientes que non soporta o realismo e a ausencia de imaxinación do doutor. Destaca pola colección de promesas da interpretación da época e o coidado sentido do humor, moi propio do cine británico.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pantón. De estilo románico, sufriu diversas reformas nos ss XVI e XIX. Foi doazón de frei Pedro Velasco, abade de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao bispo don Miguel e ao seu cabido, segundo as escrituras medievais de 1251 localizadas na catedral de Lugo. Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. No lado S sitúase a capela funeraria dos señores de Maside, cun retablo barroco (s XVIII) de tres fornelas e frontón partido, onde destacan a escultura de santa Ana coa Virxe e o Neno no seu costal dereito, obra de Joaquín Cortiñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cargo, función e dignidade de deán.
-
Territorio eclesiástico pertencente á xurisdición dun deán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
deádego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que deriva dunha forma adxectiva. Por exemplo, de escuro > escurecer, de caro > careiro.
-
PERSOEIRO
Político húngaro. Foi un dos líderes da oposición parlamentaria entre 1833 e 1844. Afiliado ao movemento de Kossuth (1845) opúxose ás medidas radicais da Revolución de 1848. Colaborou na preparación do Compromiso de 1867, base da monarquía austrohúngara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político australiano. Interveu na organización federal dos cinco estados australianos. Foi primeiro ministro en varias ocasións (1903-1904, 1905-1908 e 1909-1910). Promoveu reformas sociais e a mellora das relacións co Reino Unido. Escribiu, entre outras obras, The Federal Story (A historia federal, 1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de dealbar.
-
-
Poñer branca unha cousa, especialmente cando se trata con pintura, cal ou calquera outro produto semellante.
-
Tentar ocultar algo tapando a súa aparencia externa.
-
olverse algo de cor branca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operador de mediación financeira que adquire, por conta propia ou doutro, activos financeiros para recolocalos entre a súa clientela privada ou noutros axentes. Diferénciase do broker en que este só actúa por conta doutro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deambular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camiñar dun lugar para outro sen rumbo determinado. OBS: Normalmente, aplícase a distancias curtas.
-
-
Relativo ou pertencente á acción de deambular.
-
Corredor que rodea o presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas pola parte de atrás. Xurdiu na arquitectura románica como consecuencia da prolongación das naves laterais e servía de lugar de paso para as procesións de peregrinos que se dirixían ao altar maior ou á cripta. A el ábrense capelas de forma radial.
-
Espacio ou nave que circunda o núcleo dos edificios de plano central.
-