"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Agrónomo alemán. Descubriu xunto con Willfarth que as papilonáceas fixan o nitróxeno atmosférico grazas aos nódulos das súas raíces, e demostrou a proporcionalidade entre nodulación e fixación de nitróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudiou medicina en Berlín, impartiu anatomía na academia de Belas Artes de Berlín (1848), fisioloxía nas universidades de Königsberg (1849), Bonn (1855) e Heidelberg (1858). Destacou por apoiar e desenvolver a incipiente teoría da conservación da enerxía proposta por Mayer. En 1852 logrou medir a velocidade de transmisión do impulso nervioso e os tempos de reacción. Na súa actividade como fisiólogo realizou importantes descubrimentos sobre a vista e o oído. Inventou o oftalmoscopio, espectrofotómetro e o telestereoscopio, estableceu a fórmula coñecida en óptica como invariante de Helmholtz. Na óptica xeométrica, determinou o límite de potencia dos microscopios ópticos. Explicou a derivación da percepción das cores por combinación das tres cores primarias, formulada inicialmente por Young. Na acústica fisiolóxica fixo un estudo da natureza e calidades do son realizando experimentos sobre combinacións de sons, harmonías e discordancias. Inventou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hemospermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de sangue no esperma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Románica, pola Universidade de Santiago de Compostela (1972). Desde 1993 é catedrática de Filología Española na Universidade de Vigo. Pertence a varias sociedades, entre elas, a Sociedad Española de Lingüística (1972), Asociación de Escritores en Língua Galega (1980), Associaçom Galega da Língua (presidenta desde 1983) e Societé de Linguistique Romane (1989). É membro do Pen Club de Brasil (1993). Destacan as súas obras Léxico de O Grove (1974), Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983), Prontuário ortográfico galego (1985), Guia prática de verbos galegos conjugados (1988), Poder, ideologia e língua (1991), La sufijación en el léxico de la Jurisprudencia y de la Legislación (1999) e El vocabulario jurídico en el “Dicionário da Academia das Ciências de Lisboa” y en el “Dicionario de la Real Academia Española” (2002). Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e iniciou a súa carreira profesional coa compañía Tábano, dirixindo espectáculos como La ópera del bandido, El retablo de las maravillas, Un tal Macbeth ou Se vive solamente una vez. De 1984 a 1994 dirixiu o Centro Nacional de Nuevas Tendencias Escénicas e deu a coñecer a obra de autores como Álvaro del Amo, Pasolini, Koltés, Steven Berkoff, Francisco Nieva ou Sergi Belbel, ao tempo que promoveu coproducións con outras compañías, como o Centro Dramático Galego, e prestou especial atención á promoción de novos autores a través da Mostra de Teatro Contemporáneo de Alacant. Impartiu seminarios e cursos de formación en Europa e América, potenciou diversas iniciativas editoriais para dar a coñecer novos textos. Dirixiu diversos espectáculos, entre os que destacan Nosferatu (1994), Los Malditos (1999) ou Rottweiler....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen presenta hermafroditismo.

    2. Aplícase á flor que presenta androceo e xineceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia, nun mesmo individuo, de órganos sexuais masculinos e femininos, de tecido ovárico e testicular ou ben de órganos de reprodución que non presentan a típica característica dun só sexo. A pesar de que é normal nun certo número de invertebrados (anélidos, crustáceos e moluscos), é completamente excepcional dentro da especie humana. O pseudo-hermafroditismo ou xinandromorfismo consiste nunha malformación dos xenitais, caracterizada pola presenza nun mesmo individuo dalgunhas características aparentes dos dous sexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Hermes e de Afrodita. Logo de ser criado polas ninfas nos bosques do Ida de Frixia, dedicouse a viaxar por Asia Menor. Dotado dunha singular beleza, namorouse del unha ninfa do lago de Caria chamada Salmacis, pero, ao ser rexeitada polo mozo, pediulle aos deuses que o seu corpo quedase sempre pegado ao del. Así, unha vez que Hermafrodito se meteu nas augas do lago, Salmacis achegouse a el e esmagouno contra ela. Desta fusión nacería un novo ser, dotado de dobre natureza. A fábula narrada por Ovidio inspirou obras artísticas, como as esculturas da Galleria Borghese e do Musée du Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado á beira do encoro do Ebro e no límite coa Comunidade Autónoma de Castela-León (1.877 h [2001]). A capital municipal é Espinilla. Destacan os bosques de faias e carballos e os pastos, que favorecen a gandería. O cultivo de cereais e patacas centra a actividade agrícola. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María la Mayor de Villacantid, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1982, o castelo e a torre medieval de Proaño, declarada BIC en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1642 como corporación relixiosa e laboral dos mestres. En 1647 aprobáronse as primeiras ordenanzas, que se renovaron en 1703 e 1719. Como gremio profesional e de carácter pedagóxico, obtivo o seu recoñecemento en 1668 e, posteriormente, o Real y Supremo Consejo de Castilla renovou as súas ordenanzas. A Hermandad fundada na Corte tiña categoría de cabeceira respecto a outras filiais. A chegada de Carlos III e, sobre todo, a maior puxanza do Colegio Académico de Profesores Maestros del Noble Arte de las Primeras Letras, do que se aprobaron os estatutos en 1780, aconsellaron a disolución da Hermandad, tamén esixida pola política reformista dos gobernadores do despotismo ilustrado. As funcións principais da Hermandad eran a de propoñer os examinadores de mestres, sinalar os requisitos para o exame de sufficientia e de vita et moribus, propoñer os mestres leccionistas para as escolas e regular as axudas e fondos para a enfermidade e xubilación dos mestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Caracas a partir de 1970 pola Hermandad Gallega de Venezuela e dirixiuna Juan A. Iglesias. Cunha periodicidade irregular, chegou a ter unha tiraxe de 15.000 exemplares. Incluíu información gráfica e escrita sobre as actividades culturais e sociais da Hermandad, reproducións de textos da literatura galega e algunhas viñetas humorísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia liberal editado en Mondoñedo a partir do 6 de xullo de 1882. En 1886 puido ter unha segunda época de edición co título de El Hermandino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo protestante neerlandés. Coñecido como Arminius, as súas doutrinas, polas que foi acusado de pelaxiano e sociniano, apareceron sistematizadas na Reexposición (1610). Conteñen a idea da compatibilidade entre a soberanía de Deus e a liberdade do home, e a afirmación de que Xesús Cristo morreu por todos os homes, non só polos elixidos. A polémica cos arminianos tomou un cariz político cando foron acusados de ser un partido proespañol. Foron condenados polo Sínodo de Dordrecht (1618-1619) e sufriron persecución. Influíron sobre o metodismo, dividido, desde Clevon, entre os partidarios de Wesley (arminiano) e os calvinistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de humor satírico creada en Madrid en maio de 1972 polo humorista Chumy Chúmez. Xurdida en pleno declive de La Codorniz, foi unha publicación en que prevaleceron as ilustracións de gran tamaño sobre os textos, emulando ao semanario francés Charlie Hebdo. Apareceu durante unha suspensión administrativa da revista Triunfo, ambas pertencentes ao grupo Prensa Periódica. Ops, Forges, Perich ou Cándido foron algúns dos humoristas que pasaron polas súas páxinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Ermelindo/Ermelinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intérprete de textos ou documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de interpretar os textos, especialmente os sagrados, para determinar o seu verdadeiro significado.

    2. Método que se debe seguir para a interpretación dos téxtos bíblicos.

    3. Teoría da interpretación de textos e do discurso filosófico. Adquiriu importancia trala Reforma, cando os protestantes tiveron a necesidade de interpretar a Biblia de xeito rigoroso. Aínda que o seu introdutor foi G. F. Maier, as obras que máis influencia tiveron foron as do teólogo protestante F. Schleiermacher. No s XX a importancia da hermenéutica veu determinada polos traballos de W. Dilthey, M. Heidegger e H. G. Gadamer. W. Dilthey foi quen estendeu a hermenéutica ao entendemento de todos os comportamentos e produtos humanos e quen postulou a existencia do círculo hermenéutico. M. Heidegger buscou o seu fundamento, posto que se a hermenéutica é o método das ciencias do espírito, é porque o seu sentido específico é a análise da existencialidade da existencia. En cambio, para H. G. Gadamer o acto de comprensión aparece como froito dunha dialéctica entre os prexuízos e o resultado do mesmo acto. Pódense distinguir as tendencias hermenéuticas positivas, como as dos seguidores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hermenéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre galego. Mordomo de palacio de Afonso III, recibiu o encargo do monarca de ocupar e repoboar a área de Coimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO