"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
GALICIA
Fotógrafo. Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1997), centrouse na investigación da fotografía histórica. Fixo a súa primeira exposición en 1983 e dirixiu, xunto con Xosé Luís Suárez Canal, a programación da Sala dos Peiraos (1985-1991) e a da Fotobienal de Vigo desde 1984. Dirixiu tamén as coleccións de libros Álbum, de fotografía histórica galega, e Do Trinque, de fotografía contemporánea, ambas do Centro de Estudios Fotográficos. Publicou Ourense de Auga e Pedra (1990), Paisaxes (1991), Tempos que hai neste tempo (1995) e Cuspindo a barlovento (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Córdoba? - Roma 37 d C) Retórico e historiador, pai de L. A. Séneca. En Roma, frecuentou os oradores máis célebres e escribiu unha obra histórica, que se perdeu, sobre os feitos acontecidos na urbe, desde a fin das guerras civís ata a súa época. Escribiu Oratorum et rhetorum sententiae divisiones colores, sobre as formas de retórica do seu tempo.
-
-
Emprégase para distribuír ou adxudicar un determinado obxecto ou un mesmo número de obxectos, entre varios posuidores, considerados individualmente.
-
Un dunha clase e outro doutra.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica. Coñecida como Francesca Bertini, entre 1912 e 1920 creou o mito da diva, tipo de “muller fatal” anterior ao da vamp. Da súa filmografía destaca L’Amazzone mascherata (1914), Amore di donna (1920) e Una Ragazza di Praga (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Palacio do sultán, nos países de civilización turca, ou residencia dos príncipes mahometanos.
-
Parte do palacio destinada ao harén.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid situado no S da comunidade autónoma (1.759 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Polonia e gran duque de Lituania (1506-1548), fillo menor de Casimiro IV de Polonia e sucesor do seu irmán Alexandre I de Polonia. Afrontou as acometidas dos rusos e dos tártaros polo L; as dos turcos, que pretendían Moldavia, polo S; e polo O, as do Sacro Imperio Romano-Xermánico, que finalizaron en 1515 cun dobre matrimonio, que lles asegurou aos Austrias a sucesión de Hungría e Bohemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Meghālaya, India (131.719 h [2001]). Está situada no altiplano de Shillong, preto duns xacementos de lignito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano situado ao L de India, ao S do Brahmaputra. É un bloque de rochas cristalinas que estruturalmente forman parte do bloque de India peninsular (Deccan). Está habitado polos pobos garo e khasi, que practican a agricultura itinerante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político e social francés, de inspiración cristiá, froito da fusión (1899) do movemento creado por Marc Sangnier arredor do Bulletin de la Crypte (1893) e do grupo que publicaba Le Sillon (1894). Defendía a participación dos católicos na acción política, nun sentido demócrata e pluralista. Como consecuencia da condena de Pío X (1910), efectuada nun contexto de loita antimodernista, disolveuse.
-
PERSOEIRO
Asceta sirio. Anacoreta nun convento abandonado de Antioquía e finalmente viviu durante corenta anos sobre unha columna, da que lle veu o sobrenome, e na que non se podía sentar nin deitarse. Con sona de taumaturgo, exerceu unha considerable influencia na causa da ortodoxia de Calcedonia. Representouse como un vello demacrado, esfarrapado e colocado de pé sobre o capitel dunha columna. A súa festividade celébrase o 5 de xaneiro para os latinos e o 2 de setembro para os orientais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de san Xoán, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sistallo (Cospeito). Proxectado a mediados do s XVIII por Clemente Fernandez Sarela, a obra fóralle encargada polo prior de San Xoán de Caaveiro. De estilo barroco, ten planta rectangular, dous pisos e cuberta de lousa a catro augas, sobre a que destacan as dúas chemineas de perpiaño. Sobre os muros da fachada sobresaen varias placas graníticas que molduran fiestras e portas. Sobre cada unha das tres portas de acceso da fachada principal hai un balcón e, sobre o central, sobresae o escudo de armas da familia. Na fachada O hai unha escaleira de pedra e o patín. Ten unha escaleira interior monumental con dobre balaustrada e construída integramente en granito. Conserva unha capela con retablo renacentista e un xardín cunha fonte de granito. O conxunto foi restaurado en 1973.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cospeito. Construíuse entre mediados do s XVIII e o s XIX. O edificio, de cachotaría de granito e cuberta de lousa a dúas augas sobre a nave, a catro sobre o presbiterio e a tres sobre o pórtico semipechado da entrada, ten planta de cruz latina, cos brazos ocultos polas sancristías anexadas. Na fachada principal destaca a porta alintelada e o campanario de dous corpos. No seu interior destacan dúas lápidas sepulcrais da familia Verdes--Montenegro, así como o retablo maior do s XVIII e os laterais dos brazos do cruceiro (s XVIII) e da nave (s XIX). No atrio atópase a antiga casa reitoral e un cruceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
SEPT.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu nos países occidentais á organización soviética Medždunarodnaja Organizacija Pomožči Tvorcam Revol’ucii (Organización Internacional de Axuda aos Artífices da Revolución, MOPR). Creada en 1922, tiña por finalidade dar axuda material e xurídica e apoio moral aos presos e emigrados políticos, e ás familias dos revolucionarios mortos na loita. En España deu axuda aos perseguidos polos feitos de outubro de 1934 e traballou activamente a favor dos damnificados pola guerra na zona republicana. O seu órgano de expresión era a revista MOPR e, desde 1936, Edinstvo. Á fin de 1937, a dirección pasou a París e durante a Segunda Guerra Mundial cesou toda actividade, agás na URSS, onde se mantivo ata 1947.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Instalado en Galicia entre 1976 e 1978, levou a cabo unha serie de documentais, como Gitanos sin romancero, onde trataba os problemas dunha comunidade xitana de Poio. A segunda obra foi Seminario de arquitectura en Compostela. En 1977 dirixiu Autopista, unha navallada á nosa terra e Antisalmo, esta última unha reflexión sobre a relación da Igrexa co poder político, e en 1978 Alcoholismo en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
curuxo.