"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Acción e efecto de fluír.

      1. Deformación lenta experimentada por un corpo sometido a unha carga durante un tempo determinado.

      2. Deformación experimentada polo asfalto debida a temperaturas elevadas e ao paso frecuente de cargas de tránsito importantes.

      3. Deformación á que se someten certos materiais elásticos, como o aceiro, cando chegan ao límite do comportamento elástico sen un aumento apreciable do esforzo de atracción. No punto de fluencia deixa de ser válida a lei de Hooke.

    2. alor do esforzo de tracción no que comeza a presentarse o fenómeno de fluencia nun material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emisión de radiación por parte de átomos ou de moléculas que se excitaron por absorción de fotóns, usualmente, do ultravioleta, orixinada por unha transición entre dous estados electrónicos de igual spin. O tempo que transcorre entre o acto da excitación e o da emisión é de 10 -9 a 10 -6 segundos, o que a distingue da fosforescencia. Nos compostos moleculares, tanto a excitación electrónica como a disipación de enerxía pódense acompañar de variacións das enerxías de vibración e de rotación. A radiación fluorescente é sempre dunha lonxitude de onda máis grande cá radiación excitadora, segundo a lei de Stokes. A fluorescencia pódese inducir tamén por mecanismos como o bombardeo con electróns e con raios alfa, beta ou gamma.

    2. Emisión de raios X secundarios por parte dunha mostra irradiada con raios primarios procedentes do anticátodo dun tubo de raios X. Se os fotóns primarios teñen bastante enerxía expulsan electróns dos niveis internos dos átomos da mostra, e as transicións polas que os electróns máis externos se reordenan nos niveis de menor enerxía producen a emisión secundaria ou fluorescente, que ten efecto en forma de liñas espectrais dunhas lonxitudes de onda características de cada clase de átomos. É un fenómeno que tivo un gran valor para o estudo da estrutura electrónica dos átomos e que é a base dun método moi sensible e específico de análise elemental inorgánica, cualitativa e cuantitativa. En radioloxía unha pantalla recuberta de tungstato de calcio (fluorescente) permite o exame dos tecidos profundos do corpo por medio de raios X. No laboratorio clínico utilízase para detectar antíxenos específicos en inmunofluorescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao depósito que ten a súa orixe na correntes de auga de fusión que se formaron preto do límite de fusión do xeo e que constituíron verdadeiros ríos, moi cargados de materiais de arrastre derivados das morenas. A erosión destes depósitos e as súas sucesivas acumulacións formaron as terrazas de orixe fluvioglaciar, que son moi importantes para determinar a cronoloxía do Pleistoceno. Outros depósitos de orixe fluvioglaciar son as varvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Reposteiro. Foi o creador da Casa Rei das Tartas de Mondoñedo, de gran sona pola calidade dos seus produtos. Obtivo numerosas distincións e condecoracións, entre as que cómpre destacar a Medalla al Mérito Turístico (1977), o premio Monsieur Maitre Rotisseur (1981), Gallego Ilustre (1986) e Fillo Predilecto de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de poesías formada por catro números que editou o colectivo Rompente entre 1976 e 1977. Neles incluíronse creacións dos membros do colectivo e doutros autores que compartían os mesmos principios de renovación literaria e compromiso ideolóxico. O primeiro número inseriu o poema “Reclamo a libertade pró meu pobo”, de Heriberto Bens; o segundo tres elexías en homenaxe a Moncho Reboiras; o terceiro reproduce tres poemas e leva na contraportada o mapa de Galicia coa bandeira nacionalista; e o cuarto reivindica a celebración do 25 de xullo como día da patria galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter económico aparecida na Coruña en 1890.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico bisemanal editado a partir de 1849 na Coruña. Fundado por Fernando Rubine e Faustino Domínguez, a través dos seus artigos tentaba revitalizar o sector pesqueiro en Galicia. Incluíu revistas de mercados europeos e americanos, e novas xerais e locais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en decembro de 1857 na Coruña e subtitulada “Periódico destinado exclusivamente al desarrollo de los intereses materiales del país”. Editado e impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, da súa redacción encargábase Federico Martínez de la Riva. Ademais da información económica e de sociedade, incluíu algunhas composicións poéticas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo complementario da Comunidade Económica Europea dedicado a proxectos que contribúan a acadar os obxectivos fixados no Tratado da Unión Europea, nos sectores de medio ambiente e das redes transeuropeas de infraestruturas de transporte e nos estados membros cun produto nacional bruto inferior ao 90% da media comunitaria. O seu fin é fomentar a cohesión económica e social e a solidariedade entre os estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que ten por obxecto aumentar e mellorar as oportunidades de emprego e a mobilidade profesional e xeográfica dos traballadores. Instaurouse tres anos despois do Tratado de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘enfermidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de radiación que se debe a transicións electrónicas nas que o estado excitado e o estado normal teñen diferente spin. Esta emisión, a diferenza da fluorescencia, persiste durante un tempo despois de que se suprima a excitación. Primeiramente a súa intensidade diminúe segundo unha función exponencial do tempo (como a fluorescencia), e despois máis lentamente, segundo unha cinética máis complicada. Os espectros da emisión fluorescente e da fosforescente adoitan ser idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia estimulada por radiación visible, infravermella ou ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resistencia que presenta un valor variable en función da luz incidente, que se emprega como fotodetector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola asociación Hijas de Galicia de La Habana entre o 1 e o 31 de xullo de 1931. Incluíu información societaria, artigos e traballos dirixidos ás mulleres e colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de voluntarios do Fragoso que no mes de marzo de 1809 participaron na reconquista de Vigo, ocupada polas tropas francesas. O 14 de marzo, as partidas do Fragoso e San Antoniño, acaudilladas polo monxe franciscano Andrés Villageliú e por frei Giráldez, lograron deter os reforzos que, procedentes de Pontevedra, se dirixían a Vigo para auxiliar aos soldados franceses cercados no interior das murallas da cidade. O día 28, lograda a rendición dos franceses, entraron na zona vella da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Olor que resulta suave e agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘falar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Occidental que limita ao NL con Bélxica e Luxemburgo, ao N co mar do Norte e co Canal da Mancha, ao O co Océano Atlántico, ao S con España e o Mar Mediterráneo e ao L con Suíza, Italia e Alemaña, onde o Rin constitúe parcialmente a fronteira (543.965 km2; 58.735.000 [estim 2000]). A Francia metropolitana, que se estende entre os 51° e 42° de latitude N e os 5° de lonxitude O e 8° de lonxitude L, tamén inclúe a illa de Córsega, no Mar Mediterráneo. Ademais posúe a soberanía sobre territorios de ultramar (Guyana Francesa, Martinica, Guadalupe, Wallis-et-Futuna e a Illa Reunión), dependencias territoriais (Saint-Pierre et Miquelon, Mayotte, Nova Caledonia, Polinesia Francesa), e terras antárticas. A capital é París.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Francia é sobre todo un país de chairas, de baixos altiplanos e de serras medianas. As catro quintas partes do territorio non sobrepasan os 500 m de altitude e menos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesco Raibolini.

    VER O DETALLE DO TERMO