"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta como pos amarelos, inodora, amarga, soluble en auga, pero pouco en alcohol. Emprégase como antimalárico e é coñecida tamén como atebrina e antimalarina.
-
-
Relativo ou pertencente aos quinorrincos.
-
Individuo do filo dos quinorrincos.
-
Filo de animais triploblásticos, acelomados, de posición sistemática incerta e simetría bilateral, que comprende individuos de pequenas dimensións (ata 1 mm), exclusivamente mariños. Son vermiformes, co dorso curvado e a parte ventral plana, cun tronco e unha cabeza provista dunha trompa retráctil abovedada de espiñas quitinosas. Están revestidos dunha cutícula articulada, semellante a unha armadura, formada por aneis ou segmentos. Forman parte da fauna mariña intersticial e viven nos rizomas das fanerógamas mariñas, soterrados na area ou entre as algas litorais.
-
-
GALICIA
Matemática. Catedrática de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello científico do Instituto de Matemáticas desa universidade. É autora de Introdución a MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica (1997), Métodos matemáticos en mecánica de sólidos (1999), Ecuaciones diferenciales (2000) e Métodos numéricos en ingeniería (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro máis setentrional dos sete de Roma. Na súa cima había un templo dedicado ao deus Quirino na Antigüidade e baixo Augusto converteuse, xunto co Viminal, na sexta rexión da cidade. Antigamente estaban alí os xardíns de Salustio e as termas de Diocleciano e Constantino. En 1574 Gregorio XIII converteu a vila de Ippolito d’Este no palacio de Quirinale, residencia dos reis en 1870 e palacio do presidente da República italiana desde 1948.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Quirinus, unha das máis antigas deidades romanas, identificada con Rómulo, que deu nome a un dos sete outeiros de Roma, o Quirinale. Con el estaba relacionado o termo quirites ‘cidadáns’, que posiblemente teña que ver coa vila de Cures, de xeito que a vella fórmula Populus Romanus Quiritesque ‘pobo romano e quirites’ debía aludir á primitiva fusión de romanos e sabinos. Outros relacionan este nome con curis ‘lanza’, aínda que tamén era o sobrenome de Marte e de Xúpiter, pola similitude co grego κόριος ‘que ten autoridade, señor’.
-
PERSOEIRO
Oficial romano. Encargado de gardar a prisión do papa santo Alexandre I, este converteuno a el e a toda a súa familia. Sufriu martirio por negarse a apostatar. Represéntase vestido con armadura de cabaleiro, cun estandarte e cun escudo. A súa festa celébrase o 30 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diácono. Mártir na persecución de Diocleciano, era orixinario de Iliria. O Papa Zacarías doou as súas reliquias á abadía beneditina de Tegernsee, en Baviera. Na súa iconografía leva unha moa de muíño. A súa festa celébrase o 25 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista filipino. Deputado (1919), senador (1925) e ministro de Facenda (1934-1935), Interior (1936) e Facenda no goberno de M. Quezón, participou na redacción da Constitución filipina. Ministro de exteriores e vicepresidente de Filipinas (1946), ocupou a presidencia do país á morte de M. Roxas (1948 e 1949-1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada situada na ría de Ortigueira, ao S de punta Castro, na parroquia da Pedra (Cariño).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista francés. Foi ministro de Traballo (1976-1981), secretario nacional do Parti Républicain (1989-1995), secretario xeral da Union pour la Démocratie Française (1995), vicepresidente de Démocratie libérale desde 1997, ministro de PEMEs, Comercio e Artesanía (1995-1997) e primeiro ministro (2002-2005). Escribiu Pour une morale de l’action (1992), Le Livre de l’Atlantique (1994) e Pour une nouvelle gouvernance (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1984-1989), onde se graduou en artes aplicadas na sección de esmaltes. Na súa obra fúndense diversos estilos e influencias como o expresionismo, o surrealismo e a nova figuración. Emprega diversas técnicas e materiais, como o acrílico e as colaxes sobre tea ou papel. Participou en diversas ocasións na Bienal de Pontevedra e noutras mostras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado ao N das parroquias de Labrada e Montouto (Abadín). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
refractividade.
-
-
refractivo.
-
refractividade.
-
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Seguidor de Horacio, Xuvenal, Ariosto e Ronsard, publicou Macette (1609). Como creador da sátira realista, tirou do prelo as súas Satyres (1608), que foi corrixindo e aumentando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou retratos e paisaxes, fundamentalmente ao fresco, cunha corporeidade material e plástica característica do barroco checo. A súa principal obra foi O Xuízo Final, realizado para a cúpula do templo dos monxes da Cruz Vermella de Praga, consagrado a san Francisco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante que se emprega para realizar probas de redución de colorantes e determinar a calidade sanitaria do leite.
-
-
Que restrinxe.
-
antidiarreico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reducir a límites máis pequenos.