"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.
-
GALICIA
Escritor. Enxeñeiro técnico topográfico, fundou e foi secretario e voceiro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Foi candidato do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Parlamento español nas eleccións de 1977 e 1979, e deputado no primeiro Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro do consello directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), colaborador das revistas A Nosa Terra, Irmandade, Atenea, Mocidade ou Tempos Novos e de diversos medios de comunicación, a súa obra literaria caracterízase pola carga de denuncia social e política. Publicou os poemarios Albre de espranza (1966), Canciós pra un agromar branco e azul (1968), que se incorporou en parte ao repertorio do grupo Voces Ceibes, O ferro dos días (1982); as novelas A torre de Babel (1968), Galou Z-28 (Premio da Casa de Galicia de Bilbao, 1975), A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986) e Henriqueta na galería (1997); os libros de relatos O tempo sen saída (1972),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciada en Belas Artes (1975), colaborou no equipo de traballo do arquitecto Alberto Noguerol del Río. Participou, entre outras obras, na Praza da Constitución de Camas (Sevilla), no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela, 1990), na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1991) e na casa do concello de Cangas (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, escritor e crítico teatral. Apostou decididamente pola modernidade, apoiou a incorporación do espírito e das tendencias vangardistas ás letras e ás artes e participou activamente en multitude de empresas e iniciativas tendentes a promover a modernización do Estado. Colaborador habitual de publicacións como La Pluma, Revista de Occidente, España, Índice, Madrid, Hora de España ou El Sol, os seus traballos de crítica teatral, dos que sempre se ten destacado a súa sensibilidade, erudición, responsabilidade e honradez, constitúen unha obrigada referencia para coñecer o pulso escénico e analizar as tendencias de renovación teatral que se intentaron desenvolver en Madrid durante o primeiro terzo de século; traballos publicados en catro volumes co título xenérico de Artículos de crítica teatral. El teatro español de 1914 a 1936 (1964). Cómpre salientar os seus estudios sobre “Bécquer y Eulogio Florentino Sanz” (1914), “Colegio de México: Horacio en México” (1940),...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Dinamarca, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Dinamarca.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de cans.
-
raza dinamarquesa
Raza de cans que, malia o nome, non é orixinaria de Dinamarca. Os cans desta raza teñen o corpo robusto, esvelto e elegante; a súa cabeza é longa e acaba nun fociño aplanado, as orellas son pequenas e ergueitas, e a cola longa. O seu pelame é curto e de cor variable. Hai dúas especies segundo o talle. O de máis talle tamén se coñece co nome de gran danés ou dogo alemán.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza dinamarquesa de porcos.
-
raza dinamarquesa
Raza de porcos caracterizada pola lonxitude do seu corpo, as grandes dimensións dos pernís e o predominio do magro sobre o graxo. Teñen patas curtas, fociño longo e orellas grandes e horizontais. Tamén se lle chama raza de Landrace.
-
-
Lingua pertencente á familia lingüística xermánica do subgrupo setentrional (ou escandinavo) do phylum indoeuropeo, falada en Dinamarca e, como forma dialectal, nas provincias suecas de Sk<ne, Halland e Blekinge. Os principais trazos que a caracterizan e a diferencian do resto das linguas escandinavas son a simplificación dos antigos ditongos (trazo que comparte co sueco), coma nos termos sten (‘pedra’), øje (‘ollo’), fronte ao noruegués stein, auga; a sonorización das oclusivas xordas intervocálicas, como gabe (‘bocexar’), aede (‘comer’), kage (‘galleta’), que en sueco mantén o enxordecemento (gapa, <ta, kaka); o debilitamento ou a caída das vocais átonas, como en borger (‘burgués’), skomager (‘zapateiro’), fronte ao sueco borgare, skomakare; stød, ou o golpe da glote, fronte ao acento musical do sueco e do noruegués. Despois do período viquingo, o dinamarqués...
-
...
-
-
ILLAS
Arquipélago situado en Europa Central, no Mar Báltico, Dinamarca, formado por numerosas illas; as principais son: Sjaelland, Fyn, Lolland e Falster. Os núcleos de poboación máis importantes son Copenhaguen (491.082 h [estim 1999]) e Odense (183.584 h [estim 1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor eclesiástico. Viviu en Roma como monxe e traduciu do grego ao latín numerosas obras teolóxicas. Malia a falta de recursos documentais na súa época, foi o primeiro en fixar a data de nacemento de Cristo. Aínda que se equivocou nuns cinco anos, a xulgar por algúns detalles reflectidos nos Evanxeos, a súa proposta foi admitida pola Curia Romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación dixital que comezou a súa edición o 30 de setembro de 2000 en Ourense. Subtitulada como “Web independiente de la actualidad de Ourense”, dende xaneiro de 2002 publica unha edición diaria. Dirixida e coordinada por Xosé Domínguez González, conta coa colaboración de Mario Morán, Txavi Vales e Manuel Rego, entre outros. Trátase dun medio informativo que mestura a crítica e a ironía, e que centra os seus artigos en diversos persoeiros políticos, en irregularidades cometidas polas distintas administracións públicas, e que analiza aspectos dos diferentes partidos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbicida sólido, moi soluble en auga e volátil, de reacción moi rápida, que mata as plantas coas que entra en contacto ao romper as súas membranas celulares. Sobre as plantas que se consideran nocivas aplícase con anterioridade á aparición da especie cultivada que se quere favorecer. As intoxicacións sobre o home maniféstanse, inicialmente, no aparato dixestivo (vómitos, dor abdominal e diarrea) e, posteriormente, pode producir insuficiencia renal ou hepática, problemas respiratorios e, por último, a morte
-
VER O DETALLE DO TERMO
navalla.
-
-
-
Muro que se contrúe no mar para conter as ondas e abrigar un porto, e facilitar, ao mesmo tempo, un fácil acceso dos barcos. Determínase a súa disposición e forma despois de estudar as cartas de navegación da zona, os tipos de barcos máis característicos do porto e as rutas de chegada e saída. Nalgúns casos, efectúase tamén o estudo de modelos a escala reducida. Distínguense dous tipos de dique: o dique rompente, constituído por un núcleo de base moi ampla que se estreita progresivamente e que vai reforzado por uns bloques de pedra ou de formigón; e o dique vertical que, formado por grosos bloques de formigón armado, provoca a reflexión das ondas. Existe tamén o dique somerxido, usado para facer máis pequenas as ondas e mellorar as condicións de navegación nas zonas de entrada dos portos.
-
Muro, xeralmente de pedra ou formigón, construído á beira dun río ou dun estanque co fin de protexelos da erosión, conter a auga en caso de enchente e evitar a acumulación de materiais arrastrados que poderían prexudicar a regularidade do caudal.
-
-
Intrusión de rochas ígneas ou magmáticas consolidadas nunha fisura doutra rocha ou serie sedimentaria.
-
Dique consistente nunha estrutura metálica en forma de U que se pode fundir parcialmente lastrando o interior e que se pode facer flotar deixando en seco a nave que se fixo entrar nel.
-
Instalación ou construción pechada, realizada xeralmente nun porto, na que pode entrar unha embarcación durante a preamar, para achicar a auga ou para que fique en seco o tempo suficiente para carenala ou calafateala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo discomiceto liquenizado.
-
SEMANARIOS
Semanario editado na Coruña, probablemente entre os anos 1907 e 1916, que cesou con poucos números publicados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma que se utiliza para expresar a opinión xeral ou o que se comenta sobre unha cousa determinada.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no Grove en outubro de 1983, subtitulada “Boletín informativo del Ilmo Ayuntamiento de O Grove”. Editada polo propio concello na Imprenta Guardesa, incluía as seccións: “Permanentes”, onde figuran as actas dos plenos do concello, “Sociedad”, na que aparecen nacementos e vodas, “Ayuntamiento”, con información sobre o propio concello, “Deportes” e “Ecoloxía”, no que colaborou Estanislao Fernández de la Cigoña. Ademais engadía información relativa aos cámpings, ás festas do Carme, ao Camiño de Santiago e á lonxa, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Disco flexible de pequeno tamaño que se utiliza como soporte magnético portátil para o almacenamento de datos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo dos ordenadores a través do que se poden ler ou gravar os disquetes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
discinesia.
-
-
Investigación ou estudo sutil e moi rigoroso sobre algunha cuestión.
-
Divagacións ou reflexións que alguén fai á parte do asunto que se está tratando.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico da poesía grecolatina composto por dous troqueos, isto é, por catro sílabas que se suceden alternando a súa cantidade, de xeito que á primeira sílaba longa lle segue unha breve, logo intercálase outra longa e finaliza cunha breve.