"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ferida’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en traumatoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estuda os traumatismos e os seus efectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entrada e saída ruidosa do aire a través do orificio dunha ferida torácica que comunica a pleura co aire exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cambio de posición dos núcleos das células próximas a unha ferida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dos elementos orgánicos que está provocado por unha acción traumática.
-
-
Camiño ou distancia que hai que percorrer para ir dun lugar a outro.
-
Acción de percorrer ese espazo.
-
-
-
-
Liña que describe no espazo un punto que se move.
-
Liña que describe o centro de gravidade dun proxectil no seu camiño polo aire.
-
Liña que describe un avión ou calquera outro vehículo espacial nun voo, referido estritamente á liña descrita polo seu centro de gravidade.
-
-
Liña de conduta ou actuación que segue no tempo unha persoa dentro dunha actividade.
-
Curva que corta coa mesma inclinación todas as curvas dun feixe ou sistema dado. Denomínase traxectoria ortogonal se as corta nun ángulo recto.
-
Camiño que segue unha masa de aire como un furacán ou unha tormenta xiratoria.
-
-
-
Parte dun espazo ou distancia que se percorre.
-
Parte dunha cousa que se fai ou ocorre progresivamente.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Araño (Rianxo). O seu cumio acada os 624 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
dentoira.
-
-
Relativo ou pertencente aos trematodos.
-
Platihelminto da clase dos trematodos.
-
Clase de platihelmintos parasitos co corpo oval e de pequenas dimensións. Están provistos dunha ou dúas ventosas adherentes que poden ter glándulas que elaboran substancias adhesivas.
-
-
REXIÓNS
Rexión administrativa do N de Italia, situada entre Lombardia ao O e ao SO, o cantón suízo de Graubünden ao O, Véneto ao SL e L, e o Tirol austríaco ao N (13.607 km2; 937.107 h [2001]). A súa capital é Trento. A base da súa economía é a agricultura, que se limita ás zonas baixas e chairas. O principal cultivo son as maceiras, seguidas das patacas e a vide. A actividade industrial é escasa, e sobresaen a metalurxia e a maquinaria. O territorio corresponde á rexión da Venecia tridentina creada despois da Primeira Guerra Mundial, que en 1948 se converteu en rexión autónoma cun estatuto especial e un parlamento. Os conflitos entre as dúas poboacións (italianos e alemáns) só tiveron unha certa tregua a raíz das concesións do parlamento italiano para Tirol do Sur en 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Trentino-Alto Adige e da provincia homónima, no Trentino, Italia (104.844 h [2001]). Situada no val do río Adige, é un importante núcleo de comunicacións, e ten industria de mobles, metalúrxica e téxtil. Conquistada polos romanos en 222 a C co nome de Tridentum, recibiu o dereito de cidadanía romana en 49 a C. Sé dun bispado desde o s IV, foi ocupada polos ostrogodos no s V, e pouco despois polos longobardos, que crearon nela un ducado. Baixo os carolinxios converteuse en capital dunha marca. Uniuse ao Reino de Xermania en 952, e foi posta baixo a soberanía dos seus bispos entre 1004 e 1801. En 1407 os tridentinos obtiveron nunha revolta o recoñecemento dos dereitos comunais. A cidade foi embelecida, e tivo un forte impulso económico grazas ao bispo Bernardo Clesio (1514-1538). Grazas á súa situación de terra italiana sometida ao emperador, foi escollida como sede do Concilio de Trento, entre 1545 a 1563. Napoleón I Bonaparte fíxoa centro do departamento do Alto Adige...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Trentino-Alto Adige, Italia (6.207 km2; 476.442 h [2001]). A súa capital é Trento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo noveno concilio ecuménico que celebrou 25 sesións durante os anos 1545-1547, 1551-1552 e 1562-1563, baixo os pontificados de Paulo III, Xulio III e Pío IV, que enviaron como legados, sucesivamente, aos cardeais Del Monte, Cervini e Pole; Crescenzi e os bispos Pighino e Lippomani; e os cardeais Gonzaga, Seripando, Hosius, Simonetta, Hohenems, Morone e Navagero. Clemente VII obrigouse a convocalo na Paz de Barcelona (1529), pola que se comprometía a coroar a Carlos V emperador. Paulo III convocouno en Mantua (maio de 1537), e despois en Vicenza (outubro de 1537), pero a escasa presenza episcopal e a negativa luterana a participar nel atrasaron a súa inauguración, ata que en 1539 foi definitivamente adiado. Finalmente foi escollida como sede a cidade de Trento, que a pesar de formar parte do Imperio era considerada italiana. Tras fracasar unha primeira convocatoria (1542) e adiarse unha segunda (1545), finalmente, e a pesar do escaso número de asistentes, 25 bispos, inaugurouse o 13...
-
CAPITAIS
Capital do estado de New Jersey, EE UU (85.403 h [2000]). É un centro industrial na beira do Delaware, con industrias téxtiles, farmacéuticas e de fabricación de pneumáticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afección que está producida por bacterias do xénero Treponema, entre as que destaca a causante da sífilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Francisco de Goya realizado en 1814. De grandes dimensións (2,66x3,45 m), representa os fusilamentos por parte das tropas francesas dun grupo de madrileños que se resistían á ocupación. Fai parella con El Dos de Mayo de 1808 ou La carga de los mamelucos en la Puerta del Sol, do mesmo ano. Pintada cunha liberdade técnica sen precedentes, significou a renovación absoluta do cadro histórico. Consérvase no Museo del Prado.
-
-
Numeral cardinal que equivale a tres veces cen.
-
Que ocupa o lugar tricentésimo nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e polo tanto equivale a tricentésimo.
-
Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 300 e na romana CCC.
-