"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • Uña pequena que nace na parte de atrás do pezuño do gando vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao grupo de persoas que comparte unha mesma opinión, idea ou sentimento e que actúa conforme a elas.

    2. Que é plenamente compartido por todos os membros dun grupo.

    3. Que se produce ou sucede ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de unánime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario creado por Jules Romains cara a 1903, exposto en La vie unanime (1908), que se basea na idea do escritor como representante da alma colectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao unanimismo.

    2. Seguidor do unanimismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e político peruano. Introdutor da vacina antivariólica no Perú (1802), fundou o anfiteatro anatómico de Lima e a escola de medicina de San Fernando. Partidario da independencia, foi deputado nas Cortes de Cádiz (1821) e presidente do Consello de Ministros de Perú (1826-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concorrencia de dúas ou máis voces, sons ou instrumentos ao unísono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. De formación inicialmente autodidacta, traballou como deseñador gráfico, ilustrador e escenógrafo. As preferencias temáticas expostas nas súas pinturas, cunha estética pop, foron a representación da muller e das súas formas corporais núas (El espejo, 1966) ou as composicións con maletas e sombreiros, que transmiten certa nostalxia (La maleta del holandés, 1991; El cuarto hombre, 1996; ou La mirada, 1998). Nas súas últimas obras (Carmen, 2002) tratou o cubismo. Das súas esculturas destacan El viajero (1991), Y sin embargo hay algo que se queda (1994) e Culis Monumentalibus (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, romanista e latinista finlandés. Catedrático da Universidade de Helsinqui (1951-72), foi director do Institutum Romanum Finlandiae. Especializouse en latín vulgar, protohistoria das linguas románicas e linguaxe epigráfica. É autor do Étude sur le texte et la langue des tablettes Albertini (1965), do manual Introdution au latin vulgaire (1963), moi reeditado, e de Le journal-epitre d’Egerie (Itinerarium Egeriae). Étude lingüistique (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Bispo de Elna (1529), de Ourense (1530-1532), de Oviedo (1532-1539), de León (1539), de Sigüenza (1539-1546) e de Sevilla (1546), foi visitador de Navarra (1523) para urxir á obediencia aos seguidores do príncipe de Viana. Inquisidor xeral desde 1547, publicou un exhaustivo Índice de libros prohibidos (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Favorito da Raíña Mariana de Austria, foi secretario de Carlos II. Enfrontado con Xosé Xoán de Austria, cando este entrou en Madrid coas súas tropas (1677), foi detido e desterrado a Filipinas. En 1689 trasladouse a Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi documentalista da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, das súas obras destacan La masonería y La Coruña. Introdución a la historia de la masonería gallega (1984), Galicia y la masonería en el siglo XIX (1990) e Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX: Ourense 1909-1936/39 (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Activo no primeiro cuarto do s XIII, pertenceu á nobreza menor, como vasalo de Gil Vasquez de Soverosa, e casou con Teresa Martins, da familia dos Mogudos. As súas composicións aparecen xunto coas de Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que se pensa que puideron ter algunha relación de amizade ou parentesco. Autor de 29 cantigas, das que 25 corresponden ao xénero de amor; destas, 13 localízanse no inicio do Cancioneiro da Ajuda, polo que poden corresponder a algunhas das primeiras manifestacións deste xénero. Ademais do emprego de temas convencionais, salienta o uso constante da hipérbole e o seu estilo elegante, aínda que algo monótono. En canto ás cantigas de amigo, moi semellantes na temática ás de amor, a doncela láiase da separación do amado. Nunha delas, “Meu amigo, pois vós tan gram pesar” reprodúcese certo enfado da dama co amado, un motivo pouco usual, que tamén empregou Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que invita a pensar na relación existente entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Ordenouse presbítero en 1950 e estudou filosofía na Universidad Pontificia de Salamanca e na Universidad Complutense de Madrid, onde tamén cursou psicoloxía. Foi un dos fundadores e director do Instituto Christus Magister na Confederación de Religiosos Españoles en Madrid. Foi cofundador da Escuela Superior de Psicología da Universidad Pontificia de Salamanca, da que foi catedrático e decano. Escribiu Psicología profunda y Ética (1970), Freud y Jung: dos modelos antropológicos (1981), La psicología de la personalidad en Jung (1981) e Tolerancia: debilidad o fortaleza? (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudos sobre metafísica, ética, socioloxía e criminoloxía. Publicou La dialéctica, método de la filosofía (1966), Tres éticas del siglo XX (1970), Fundamentos de ética informativa (1986) e Ética y deontología de la información (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Doutor en Teoloxía e licenciado en Lingua e Literatura Francesa, foi director da revista Estudios e codirector do Instituto de Estudios Tirsianos (IET). Investigador e estudoso de Tirso de Molina e de Antonio Rey Soto, colaborou en Encrucillada, Grial, La Voz de Galicia e Ya. Publicou diversos ensaios, como Galegos en Europa (1973) e Homenaje a Tirso (1981), e poemarios, como Huellas (1964), Memorial de la vida (1976) e Mi soledad sonora (1992), algúns deles en galego, como No noso bosque convosco (2000) e O neno que fun (2001). É membro da Real Academia de Historia e da de Ciencias y Bellas Artes de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e médico. Coñecido como Luís Pimentel, destacou como poeta en galego dos grupos de vangarda. Licenciouse en Medicina (1922) pola Universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid para realizar o doutoramento; alí puido coincidir con moitos intelectuais da época na Residencia de Estudiantes e coñecer a obra de J. R. Jiménez e dos membros da Xeración do 27. Paralelamente comezou a colaborar en publicacións periódicas. En 1924 apareceu na revista Ronsel, de Lugo, a súa primeira entrega literaria, o poema en castelán “Mi pequeño deseo” e, posteriormente, creou a súa propia sección, titulada “De mi Tagebuch”, onde incluíu algúns poemas e prosa en castelán. A través da revista entrou en contacto cos seus directores, Álvaro Cebreiro e Correa Calderón, xunto con outros destacados intelectuais galeguistas da época, especialmente aqueles que se relacionaron coa editorial Galaxia. Impulsor da revista Xistral (1949), colaborou con outras publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e funcionario da Consellería de Sanidade en excedencia. Coñecido polo alcume de Pachi Vázquez, licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política no Centro Democrático e Social, ingresando posteriormente no PSdG-PSOE. No ano 1993 foi elixido por primeira vez deputado do parlamento galego. Foi alcalde de Carballiño (1995-2005) ao tempo que deputado provincial, vocal da comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias e portavoz do grupo socialista na Deputación Provincial de Ourense. Volveu ao parlamento autonómico no ano 2005, data na que tamén se converteu en conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no goberno bipartito PSdG-PSOE-BNG. Despois da derrota electoral de 2009 e a dimisión de Pérez Touriño como secretario xeral do PSdG, foi elixido para substituílo no Congreso Extraordinario dese mesmo ano en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adestrador de fútbol. Debutou en Primeira División coa S. D. Compostela na tempada 1995-1996. Posteriormente adestrou, tamén en Primeira División, os equipos Real Oviedo, R. C. D. Mallorca, U. D. Las Palmas, Rayo Vallecano, Real Valladolid e Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO