"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Escritora, nai de Mary Shelley. Relacionada co círculo de radicais do editor Johnson, defendeu os dereitos das mulleres nos ensaios Thoughts on the Education of Daughters (1787) e A Vindication of the Rights of Woman (1792) e na novela Mary (1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de West Midlands, Inglaterra, Reino Unido (236.582 h [2001]). Situada ao NL de Birmingham, no chamado Black Country, é un centro industrial grazas ás minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de rock celebrado en Bethel (New York) entre o 15 e o 18 de agosto de 1969. Con 450.000 asistentes, actuaron Jimi Hendrix, The Who ou Janis Joplin. Foi documentado por Michael Wadleigh no filme Woodstock (1970, Oscar ao mellor documental en 1971).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto entre o Papa Calisto II e o Emperador Enrique V (1122) co que se puxo fin á Querela das Investiduras. O emperador renunciou á investidura polo anel e o báculo, pero conservou o dereito á investidura das regalías. O emperador concedeu a elección canónica e a libre consagración, aínda que a elección en Alemaña tiña que facerse na súa presenza ou na dos seus embaixadores. Os estados da Igrexa, que quedaban á marxe das decisións, fóronlle restituídos ao papa. Foi ratificado polos príncipes na Dieta de Bamberg (1122) e no primeiro Concilio de Letrán (1123).
-
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. A súa obra mestra foi a catedral de Saint Paul (1675-1709), cunha inspiración clásica con influencias barrocas, cuberta cunha cúpula tributaria da vaticana de Miguel Anxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organizacion Mundial de Comercio.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, China, na rexión do Suroeste (199.100 h [1958]). Situada á beira do Min, é un centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Alfredo Conde publicada en Vigo en 1984. Articulada por medio dunha estrutura bimembre, característica do autor, combina pasado e presente, e fantasía e realidade en capítulos alternos. Foi galardoada co Premio Blanco Amor de novela (1984), o Premio Nacional de Literatura (1986), o Premio de la Crítica española e o Premio Grinzane Cavour.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén sábrego.
-
-
Lugar onde se acumulan de forma natural substancias minerais.
-
Acumulación ou concentración de restos arqueolóxicos ou fósiles.
-
-
-
-
Planta herbácea bulbosa, de 20 a 50 cm de altura, con follas lineares, carnosas, erectas e de cor verde intensa. Ten escapo floral groso, flores de cor branca, amarela, azul, violeta ou rosada, olorosas e reunidas en acios densos. Emprégase como planta de xardín.
-
xacinto acuático/de auga [Eichornia crassipes, Fam das pontederiáceas]
Planta flotante anual, de ata 15 cm de altura, con follas ovais ou cordiformes de cor verde brillante, flores de cor violeta dispostas en espigas, moi semellante á do xacinto. Florece entre agosto e setembro. Orixinaria de América do S, cultívase como planta ornamental en estanques.
-
xacinto bravo [Hyacinthoides non-scripta, Fam das liliáceas]
Planta herbácea, bulbosa, con follas lineares ou lanceoladas, flores en forma de campá dispostas no ápice do talo e froito en cápsula. Florece na primavera en zonas do interior.
-
-
Flor desta planta.
-
ariedade cristalizada do cuarzo, de cor vermella opaca, que se presenta normalmente en cristais pequenos, moi ben conformados, illados ou en grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega que foi accidentalmente ferido de morte por Apolo e do sangue que derramou naceu unha flor, o xacinto.
-
PERSOEIRO
Dominicano. Misioneiro en Polonia e Rusia, segundo a tradición tivo a protección da Virxe María que o axudou a liberar Kiev dos tártaros. Represéntase cun manto dominicano cuberto de estrelas, camiñando sobre as augas e levando unha custodia. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que prodede do latín Hyacinthus, e este do grego ὑἁ κιν ϴ ος, voz de orixe pregrega que designa a flor do xacinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oración curta e fervorosa que se reza nas novenas ou noutras devocións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘café’.
-
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (Xaime I, 1285-1295), conde de Barcelona e rei de Aragón e València (1291-1327) e de Mallorca (1291-1295), fillo de Pedro III e Constanza de Sicilia. Coroado rei de Silicia en Palermo (1296), foi excomungado polo Papa Honorio IV. Despois da proclamación da Paz de Anagni (1295) por Bonifacio VIII, cedeu Sicilia á Igrexa. Devolveu as Balears a Xaime II de Mallorca pero con carácter feudatario. Os sicilianos coroaron rei o seu irmán Federico (1296), que pola Paz de Caltabellotta (1302) quedou ratificado. Enfrontouse a Castela ao apoiar as reivindicacións de Afonso de la Cerda. Reiniciadas as hostilidadas con Castela, conquistou Murcia e Cuenca e ocupou Lorca (1300), ata que en 1304 asinou a paz pola que devolveu a parte meridional do Reino de Murcia, mentres que a setentrional, de Alacant a Guardamar, era incorporada definitivamente ao Reino de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Rodríguez Otero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Vieito Fuentes.
-
-
Relativo ou pertencente ao mes de xaneiro.
-
Relativo ou pertencente a un animal en celo, especialmente aos gatos.
-