"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Actriz de teatro, cine e dobraxe. Iniciou a súa actividade teatral en Vigo e participou na creación, en 1978, da Sala Carral, onde ademais da exhibición de espectáculos se programaban outras actividades como cursos de formación, conferencias e debates. Logo participou no espectáculo da Compañía Luís Seoane, As criadas (1980, a partir do texto de J. Genet con dirección de Manuel Lourenzo), e entre 1981 e 1986 traballou como actriz e produtora en Portugal, con grupos como o Teatro Universitário do Porto, o Teatro Experimental do Porto e Os Comediantes. De volta a Galicia traballou en espectáculos realizados pola Compañía Mari-Gaila (Acto Cultural, 1982), Centro Dramático Galego (A noite vai coma un río, 1986), O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, 1987) ou con Teatro da Lúa (Mullieribus, 1988). En 1989 funda, con Gustavo Pernas Cora, Áncora Producións, na que vén traballando como actriz (O galego, a mulata e o negro en 1990, Ladraremos en 1995, Fábula en 1996 e Anatomía dun hipocondríaco...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director. Catedrático de Composición e Formas Musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid dende 1974, ten unha ampla obra sinfónica e abrangue a maioría das formas musicais. Da súa produción destaca Jacara, Hemeroscopium, Celebidachiana, Don Juan, Cántico de “La Pietà”, ademais de numerosos concertos e música de cámara. Membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1982 e da Academia de las Bellas y Nobles Artes de San Luis de Zaragoza, foi Premio Nacional de Música (1993), Premio Fundación Guerrero de Música Española (1993) e recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro al Mérito de Bellas Artes (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Colaborador das publicacións Galicia Humorística, O Tío Marcos da Portela e El Censor, fundou El Escobón y Las Riberas del Mendo. Da súa produción destaca Orballeiras (1887), poemario en galego e castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e etnógrafo. Foi fundador e primeiro presidente do Clube Nacionalista Alén Nós (1986) e patrono fundador e presidente da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego. Especializado no estudo da olería tradicional galega, colaborou, entre outras publicacións, en Museo de Pontevedra, Nodales, Gallaecia e Encrucillada. Foi coautor de La alfarería de Galicia (1983), con A. García Alén e X. M. Gómez Vilasó, co que tamén escribiu A alfarería tradicional de Buño: carpeta de debuxos (1986) e A louza tradicional de Niñodaguia (1995); e autor de Contribución al estudo de la alfarería popular en Galicia (1979), Os oleiros (1981) e O señor das olas: crónica de viaxes e outras historias (1992). Recibiu o Pedrón de Ouro en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e estudoso da Historia. Tras licenciarse en Madrid, volveu a Ribadavia en 1942 para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. A súa relación co grupo de intelectuais ourensáns levouno a interesarse pola historia de Galicia e do N de Portugal. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Das súas obras destacan Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109 (1967) e Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media (1975). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1962) e de número da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor de cine, televisión e dobraxe. Iniciou a súa carreira teatral coa Escola Dramática Galega, para despois participar como actor en diversos traballos da Compañía Luís Seoane, como A noite dourada de Mimí da Cora (1983) ou Fausto (1984), con dirección de Manuel Lourenzo. Tamén traballou con Teatro do Atlántico en Liberdade Brenana (1989) e Historia de Neera (1991), con dirección de Xulio Lago. Director de dobraxe, cunha ampla e dilatada experiencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Membro da orde dos claretianos, formouse en matemáticas e física en Múnic. Profesor das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, exiliouse trala Guerra Civil en París, Quito (1938-1942) e México (1942-1946), onde colaborou con José Gaos e outros intelectuais españois. Fixou a súa residencia en Caracas, onde foi membro do Instituto Pedagóxico (1946-1959), profesor na universidade e director do Instituto de Filosofía (1959-1971). Nos seus estudios abordou a análise das filosofías de interpretación e reinterpretación do universo e as de transformación do universo e apostou por unha reelaboración heterodoxa do marxismo. Consideraba que á filosofía se lle debían os modelos da física e a matemática contemporáneas, así como os da poesía e a música. Das súas obras destacan Introdución a la lógica moderna (1936), Siete modelos filósofos (1950), Antropología filosófica contemporánea (1957), Filosofía y teoría de la relatividad (1978) e Qué es Dios...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e escritor. Coñecido como Ken Keirades, estudiou maxisterio por libre na Escola Normal de Santiago e exerceu a docencia ata que en 1936 foi suspendido da profesión por motivos políticos. Dirixiu o xornal El Estradense, polo que foi encarcerado, e colaborou en El Emigrado (1920) e deuse a coñecer coa sección “Rexoubas”. Da súa produción destaca Falemos na nosa fala (1930), primeiro premio no Certame Literario de Exaltación da Muller Galega celebrado en Pontevedra en 1929, Contiños da terra (1931), e as póstumas Aventuras de Alberte Quiñói (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1972), Enredos (2000), Dos meus recordos (2001) e Carta da Habana (2002). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militante do Partido Moderado, durante o Sexenio Liberal fundou, xunto co conde de Toreno, o xornal El Tiempo, desde o que traballou pola restauración monárquica, coa que foi ministro de Facenda (1876-1877) e gobernador do Banco de España (1896-1897). Representou a Galicia como deputado polo distrito de Viveiro en 1864-1865 e foi elixido senador por Lugo en 1876. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. As súas investigacións centráronse no estudo das colonizacións grega e fenicia, dos pobos prerromanos e da Hispania romana. Dirixiu a revista Archivo Español de Arqueología, e colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e en Ars Hispaniae: historia del arte hispánico. Das súas obras destacan Fenicios y carthagineses en Occidente (1942), La Dama de Elche (1943), La arquitectura entre los iberos (1945), Hispania graeca (1948), Esculturas romanas de España e Portugal (1949) e Arte romano (1955). Realizou tamén edicións de divulgación das fontes escritas, como La Península Ibérica en los comienzos de su historia (1953). Ingresou na Real Academia de la Historia en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1797-1825) e arcebispo electo de Santiago de Compostela (1821). Cursou estudios nas universidades de Salamanca, Toledo e Sevilla e licenciouse en Leis e Canons. Durante as invasións napoleónicas foi nomeado presidente da Xunta de Tui para loitar contra as tropas francesas. Coa chegada do goberno do Trienio Liberal foi promovido á sé compostelá, aínda que renunciou ao nomeamento e non tomou posesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico. Forxou, con Juan Antonio Bardem, a recuperación do cine dos anos cincuenta. En 1952 dirixiu Bienvenido Mr. Marshall, e en 1957 Los jueves, milagro. O humor negro e a sátira foron as súas características básicas. Outros filmes seus son: La escopeta nacional (1977) e La vaquilla (1985). No ano 1994 obtivo o Premio Goya por Todos a la cárcel (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Restaurador no Museo do Pobo Galego, foi profesor en diversas escolas taller. Realizou, entre outros, os monumentos á Tuna compostelá, ao Emigrante en Silleda, a Don Bosco en Santiago, a Juanito Acuña na Coruña, a Quixeira en Arzúa, a Camilo José Cela en Bandeira, e outras esculturas públicas en Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Arxentina, República Dominicana, Venezuela e Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorouse en Filosofía e Letras (1907) pola Universidad de Madrid, onde foi alumno de Giner de los Ríos. Foi funcionario de estatística en Albacete e Lugo, onde tamén foi profesor no seu Instituto. Escribiu artigos para o periódico El Norte de Galicia que, ás veces, asinaba con pseudónimos (Manuel da Torre e outros) e algunha colaboración para El Progreso. Publicou un opúsculo de 30 páxinas titulado Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega (1912), en que defende o uso do galego no ensino, e un folleto de 36 páxinas, Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo (1940), en que galeguiza algúns topónimos castelanizados e propón a súa etimoloxía (aínda que non sempre acertadamente).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e político. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid na especialidade de urbanismo (1972). Realizou, entre outras obras, a casa do concello de Forcarei (1974), a gardería municipal do Grove (1980), a rehabilitación de vivendas en Vilaboa e Viascón (Cotobade), polo que recibiu un accésit no I Premio Julio Galán en 1991, e dos casaríos de Igrexa Vella para albergues de peregrinos en Triacastela, polo que recibiu o VI Premio COAG de Arquitectura en 1994, e diversos edificios no polígono de Fontiñas (Santiago de Compostela). Membro do Partido Comunista de Galicia, participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia, na Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Estado, na primeira Comisión Xestora do Plan Director Territorial de Galicia e foi concelleiro en Pontevedra (1979). Foi membro da Xunta de Goberno do COAG e presidente da delegación do COAG en Pontevedra. Participou en diversos congresos e exposicións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Participou no Batallón Literario (1810) e nas campañas contra os independentistas en América Latina e Filipinas. Elixido deputado por Lugo (1836), foi nomeado de xeito interino ministro de Guerra e de Marina. Ascendeu a tenente xeneral en agosto de 1836 e volveu a Filipinas, onde desempeñou as funcións de gobernador, capitán xeneral e presidente da Audiencia. Elixido senador por València (1839), foi ministro de Marina, Comercio y Gobernación de Ultramar (1841-1842) e capitán xeneral de Galicia (1843). Dende 1853 foi conselleiro de goberno do Banco Español de San Fernando. Entre outras obras publicou: Memorias para la historia de las armas españolas en el Perú (1842). Concedéronlle as grandes cruces de San Hermenegildo e San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Financeiro. Diplomado en Empresas pola Escola de Negocios INSEAD e pola Universidad Complutense de Madrid. Desenvolveu a súa carreira profesional no Banco de Santander, no que acadou o cargo de subdirector xeral en 1993. Trala conversión en Banco Santander Central Hispano (BSCH), foi nomeado membro da Comisión Directiva, director xeral da Banca de particulares e director xeral do BSCH. Colabora en publicacións especializadas e patrocina diversas obras da cultura galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Licenciado en Dereito, preside o Consello Consultivo de Galicia e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Membro fundador do Instituto Español de Derecho Foral, fundador e numerario do Seminario de Estudios Galegos e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, foi vogal do Consejo General del Poder Judicial e vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz Distinguida e a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort, a Medalla Castelao (1992) e o nomeamento de académico de honra da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO