"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Botánico e viaxeiro francés, compañeiro de Friedrich Heinrich Alexander von Humboldt. En colaboración con este escribiu Plantae aequinocciales (Plantas do equinoccio, 1805-1809), onde se describe un gran número de especies e xéneros novos. Posteriormente foi superintendente do Xardín da Malmaison.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi sacerdote na catedral de Trento dende 1697 e posteriormente se trasladou a Padua (1740). Escribiu 12 coleccións de pezas, sobre todo música de cámara para un só instrumento e sonatas trío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor de orixe flamenga. Veciño da parroquia da Corticela, traballou en Santiago de Compostela a principios do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte do cultivo, en bandexas ou pequenos tarros, de plantas que presentan unha aparencia de árbores ananas e que pertencen a especies que xeralmente teñen porte de árbore ou arbusto. A orixe desta técnica está documentada nos comezos do século XIV, aínda que posiblemente o cultivo se iniciou mil anos antes na China, de onde pasou ao Xapón. Os primeiros bonsais realizáronse con árbores recollidas do medio natural que presentaban un porte fortemente desmedrado debido ás condicións altamente adversas ás que se viron sometidas ao longo da súa vida (pouco solo ou condicións climáticas extremas). Aínda que hoxe en día estas árbores naturais son moi valoradas, a forte demanda deste tipo de cultivo nos países occidentais promoveu a obtención de bonsais mediante podas especiais e aramado de árbores normais. A partir dos bonsais pódense realizar composicións naturais artísticas como os saikeis ou os bonkeis, que ás veces inclúen árbores artificiais, falsas rochas ou incluso pinturas,...
-
PERSOEIRO
Escritor. Baixo a influencia de Madame de Staël publicou Voyage sur la scène des six derniers livres de l’Enéide (Viaxe sobre a escena dos seis últimos libros da Eneida, 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antílope africano, semellante ao blesbok, de cor castaña avermellada no lombo e branca no ventre, cos cornos en forma de lira. Orixinariamente vivía en gran número no sur de África, pero quedaron reducidos só a algúns exemplares que viven en estado semidoméstico nalgunhas reservas africanas.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Sobresaíu en teatro coa obra Nostra Dea (A nosa deusa, 1925) e na novela con Gente nel tempo (Xente no tempo, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor renacentista francés. Foi axudante de Primaticcio en Fontainebleau (1536). Traballou no panteón real de Saint-Denis de París, na tumba de Francisco I. É autor do monumento funerario de Charles de Maigny (1557).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Serra Leona, na provincia meridional (3.458 km2; 95.007 h [1985]). A súa capital é Bonthe (7.500 h [1985]), que tamén o é do distrito urbano de Sherbro (10 km2; 10.000 h [1985]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua de Oceanía inserida na familia das linguas austronésicas, e dentro desta, adscrita ás malatyo-polinesias occidentais, no subgrupo filipino setentrional. Fálase en Luzón por unhas 32.000 persoas.
-
PERSOEIRO
Poeta e arquitecto flamengo. A súa poesía interpreta acontecementos ou feitos históricos de gran resonancia política, como en Dood hout (1952), Open einde (1967), Zelfverbranding (1971), que trata os acontecementos de Praga de 1968, e Huizen vieren haat (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Destacou polo Libro delle tre scritture (Libro das tres escrituras), nalgúns aspectos precursor do estilo e da temática de Dante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tradición oleira desenvolvida na parroquia de Bonxe (concello de Outeiro de Rei), sobre todo a partir dos ss XVIII e XIX, perdida ao longo do s XX e recuperada en 1975 polo artesán Indalecio Lombao e a súa familia. Os primitivos talleres eran de carácter familiar e o oficio, complementario aos labores agrícolas, transmitíase de pais a fillos por vía masculina. A muller dedicábase a transportar, pisar o barro e a comercializar os obxectos. O barro procedente do monte de San Lourenzo e do Picazo estaba formado por unha mestura de barro de febra de maior plasticidade e liga que se axuntaba con outro de menor liga. Os oleiros recibían o nome da casa de onde procedían, tal é o caso de Euxenio das Casas Novas. Fabricaban obxectos de todo tipo como olas, pucheiros, potas e cuncas; a todos estes obxectos engadíronse nos últimos tempos porróns, figuras e monecas ou carautas de entroido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que xeralmente se coñece en Occidente os monxes ou as monxas budistas.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que facía referencia ao carácter bondadoso da persoa a quen se lle aplicaba. Esta forma xa se usaba como cognome na onomástica latina, aínda que se fixo moi frecuente no período medieval funcionando como prenome e como alcume. Unha variante deste apelido é Bon. Na época medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres.
-
Liñaxe castelá, procedente do lugar de Boo, no municipio santanderino de Astillero, de onde tomou o nome. A rama que pasou a Galicia asentouse en Ribadeo. As súas armas levan, en campo de sinople, unha muralla de prata rota por dúas partes, e superada dunha aguia de ouro, coroada do mesmo metal e picada de sable.
-
-
-
Estilo pianístico para interpretar o blues. Caracterízase polas figuras repetitivas executadas pola man esquerda, baseadas na progresión de acordes do blues. Despois da Primeira Guerra Mundial, Detroit e Chicago acolleron a gran parte dos pianistas deste estilo.
-
Xénero de baile de movemento rápido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro oficial da Igrexa de Inglaterra, que contén o oficio, as fórmulas de administración dos sacramentos, diversos ritos públicos e privados, o salterio e, desde 1552, o ordinario.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e psicólogo norteamericano. Estudiou os problemas didácticos na educación dende o punto de vista psicolóxico. Considérase o continuador de E. Thorndike no estudo da psicoloxía da aprendizaxe. Escribiu Economy and Technique of Learning (Economía e técnica da aprendizaxe, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
álxebra de Boole.