"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

      1. Estrutura plana construída por riba do nivel do pavimento ou do chan dunha estancia, de xeito que quede máis elevada e se empregue en actos solemnes e cerimoniais.

      2. Sala dun tribunal de xustiza.

      1. Armazón, polo xeral de madeira, sobre a que se pisa ou se asenta ou coloca algo.

      2. Conxunto de táboas que forman o chan do carro.

      3. Armazón de paos ou madeiros sobre os que se asenta o palleiro.

      4. Conxunto de pedras que forman o chan do forno.

      5. Capa de toxo, fentos e palla que serve para estrar a corte dos animais e que se utiliza como esterco.

      6. Mesa ou mobiliario similar sobre o que se poñen os bolos da fornada.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesto de varas empregado especialmente para vendimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estrar.

    2. Cantidade de estrume que serve para estrar a corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que chama a atención por ser raro ou inusual.

    2. Que ou quen chama a atención por presentar un aspecto ou conduta estraña ou inusual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen estraga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo quede en mal ou en peor estado por facer mal uso del.

    2. Botar algo a perder.

    3. Facer que algo ou alguén adquira un mal aspecto ou perda as súas boas calidades.

    4. Facer que alguén adquira malos costumes ou vicios.

    5. Causar un dano ou prexuízo a algo ou alguén.

    6. Facer que algo non se desenvolva segundo o previsto.

    7. Sacar pouco proveito ou facer mal uso de algo.

    8. Quedar algo en mal estado ou en peor estado por facer mal uso del.

    9. Quedar algo inservible.

    10. Perder algo ou alguén o seu aspecto ou as súa boas calidades.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estragar ou estragarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne, de talos erectos de ata 90 cm de altura, pubescentes, moi ramificados, con follas bipinnatisectas, dun verde esbrancuxado, e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. Emprégase para condimentar sopas, salsas, carnes, conservas, ensaladas e outras preparacións. Existe a variedade francesa, máis aromática, e a rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo do palangre do que penduran as brazolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea bianual e pilosa, de ata 1,5 m de altura, de follas de máis de 5 cm de lonxitude, ovadas ou lanceoladas, dentadas, dispostas as inferiores nunha roseta basal, que durante a floración están secas. As flores son colgantes e pecioladas, dispostas en acios unilaterais, con cáliz con cinco lóbulos, corola en forma de longo tubo ventrudo de 40 a 55 mm de lonxitude, co lóbulo inferior un pouco máis grande ca os outros e de cor rosa ou violácea, con manchas máis escuras na parte interior. Orixinaria de Europa, cultívase en moitos países e foi introducida en Norteamérica. En Galicia está presente en lugares húmidos ou sombrizos. É unha planta medicinal moi empregada que ten como principios activos a dixitalina, os flavonoides, o ácido dixitálico, os saponósidos e os glicósidos. Emprégase contra a insuficiencia cardíaca, as taquicardias, as arritmias, a obstrución aórtica e outras enfermidades coronarias. Tamén se usa contra o edema polo seu poder diurético e serve para tratar as retencións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erso ou conxunto de versos que se engaden ao final dunha composición métrica, especialmente nun soneto.

    2. Forma musical italiana de finais do s XV e principios do s XVI, en que a voz superior se acompaña doutras, de instrumentos ou alterna con fragmentos musicais. É un xénero entre popular e cortesán, xeralmente de contido amoroso. Os primeiros estrambotes foron publicados por O. Petrucci nas súas coleccións de frottole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resulta raro por ser moi diferente ao normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca que forma parte da liña que levan as dornas para a pesca do congro. Consta dun fío groso cun pandullo na punta, do que sae unha tanza rematada nun anzó; unida ao aparello leva tamén unha bolsa co engado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas pentámeras con forma de funil e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo que se amarra ao rizón na arte de pesca ao trabuquete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pena restritiva da liberdade que consiste na expulsión do condenado do territorio nacional durante o tempo que dura a condena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desterrar a un país estranxeiro.

    2. Encontrar estraña algunha cousa, especialmente cando é nova.

    3. Sentir a ausencia de alguén.

    4. Provocar estrañeza algo ou alguén.

    5. Sentir estrañeza por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto causado por unha cousa estraña que produce sorpresa ou asombro.

    2. Cousa rara e extraordinaria.

    3. Propiedade de certas partículas elementais postulada como número cuántico, chamado número de estrañeza, e que equivale á hipercarga menos o número bariónico. As partículas normais, como o protón, presentan un número de estrañeza 0, e as partículas chamadas estrañas teñen valores enteiros de estrañeza. A estrañeza consérvase en interaccións fortes e electromagnéticas, pero non nas febles.

    VER O DETALLE DO TERMO