"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
FAMILIAS
Familia de escultores franceses. Jerôme Duquesnoy (Le Quesnoy 1570 - Bruxelas 1643), coñecido como Duquesnoy le Vieux, realizou a fonte Manneken-pis de Bruxelas, destruída posteriormente. O seu fillo, Françoise Duquesnoy (Bruxelas 1594 - Livorno 1643), coñecido como Francesco Fiammingo, traballou con Bernini no baldaquino de San Pedro do Vaticano. O seu estilo sereno contraponse ao barroquismo atormentado de Bernini. En Roma realizou, entre outras obras, Santa Susana en Santa María de Loreto e Sant’Andrea en San Pedro. Realizou tamén bronces de pequeno formato e destacou no tratamento dos putti. O seu irmán Jerôme Duquesnoy (Bruxelas 1602 - Gante 1654) coñecido como Duquesnoy le Jeune, traballou na corte de Filipe IV. Entre as súas obras destacan a tumba do bispo Trieta na catedral de Saint-Bavon en Gante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Entre 1906 e 1909 fundou o boletín València Nova e os semanarios O Crit de la Pàtria e Renaiximent; promoveu e dirixiu o Diario de Sabadell (1910). En Barcelona dirixiu La Publicidad e en València fundou a revista La República de les Lletres (1934). A súa poesía recompilouse en Himnes i poemes (Himnos e poemas, 1916), Cançons valencianes (Cancións valencianas, 1929) e Guerra, vitòria, demà (Guerra, vitoria, mañá, 1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe hebrea. Etimoloxicamente, procede das palabras hebreas Ezekh-iah ou Ezekh-eiel ‘Deus fortifica’. Ecequías (s VIII a C), presente no Antigo Testamento, foi rei de Xudá e celébrase o 28 de agosto.
-
PERSOEIRO
Rei de Xudá (727-699 a C). Durante o seu mandato, o reino estaba sometido ao Imperio Asirio, pois o seu pai e antecesor, o Rei Acaz, aceptara esa submisión. Cando Senaquerib sucedeu a Sargón II (705 a C), Ecequías deixoulles de pagar tributo aos asirios e adheriuse a unha coalición exipcia que loitaba na súa contra. En represalia os exércitos de Senaquerib emprenderon unha expedición contra os pobos palestinos rebeldes (filisteos, moabitas, xudeus, etc). No 701 a C, despois do sitio de Xerusalén, Ecequías, derrotado, aceptou finalmente a dominación asiria. Acometeu durante o seu reinado unha gran reforma relixiosa de acordo cos consellos do profeta Isaías e tentou restaurar o culto a Iavé, moi debilitado pola irrupción de costumes pagáns entre os xudeus. Na iconografía represéntase ataviado con vestiduras orientais, con manto breve abrochado ao peito e bonete ou gorro frixio. A súa festividade celébrase o 28 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe hebrea. Etimoloxicamente, procede de Y’hezqel ‘Deus dá forzas’, a través do latín Ezechiel. A forma hipocorística é Zaquiel. Ecequiel (s VII-VI a C) foi un dos grandes profetas do reino de Israel e celébrase o 10 abril.
-
PERSOEIRO
Profeta hebreo do Antigo Testamento. Fillo do sacerdote Buzi, foi probablemente tamén sacerdote e autor do libro que leva o seu nome. No ano 597, trala conquista do rei caldeo Nabucodonosor, foi desterrado a Babilonia. Discípulo de Xeremías, exerceu o labor profético na diáspora durante vinte e dous anos e experimentou visións apocalípticas. No ano 588 denunciou desde o desterro a actitude do Rei Sedecías ao se rebelar en Xerusalén contra Babilonia. Pouco despois Nabucodonosor conquistou Xerusalén e o profeta quedou mudo e inmóbil; só recuperaría a fala cando é destruída a capital rebelde. Comezou, daquela, unha nova etapa na súa traxectoria vital marcada pola esperanza: pasa de anunciar o castigo a predicar a salvación do Reino de Israel. Ademais, nace entre as colonias xudías un novo xeito de vivir a fe e pásase do iavismo ao xudaísmo, con Xeremías como pai doi xudaísmo e da súa espiritualidade. Na iconografía comeza a representarse a partir do s III; leva vestiduras orientais,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro bíblico, do Antigo Testamento, que recolle as profecías de Ecequiel. Fillo dun sacerdote do Templo de Xerusalén, foi deportado a Babilonia no 598 a C. Escrito cunha linguaxe metafórica e simbólica, consta de dúas partes. Na primeira, o autor fala dos castigos contra Xerusalén, Xudá e os falsos profetas por abandonar o camiño da lei e os preceptos de Iavé, e profire ameazas contra os pobos dos arredores que conspiraran contra os israelitas. Na segunda parte predominan as promesas de salvación: anúnciase un salvador e o retorno do Reino de Israel á terra dos seus pais e a unha nova Xerusalén cun novo templo.
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. Participou na Guerra de Independencia (1821) e foi elixido presidente en 1851. De política conservadora, promulgou unha lexislación nacionalista oposta ás pretensións inglesas e norteamericanas sobre o guano. Foi derrotado en La Palma por unha revolta liberal (1855). Posteriormente, presidiu o Senado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de Arturo Souto durante o exilio mexicano deste. En 1952 trasladouse a Europa e residiu en España. Formou parte do grupo de artistas que se reunía na Galería Prisse da capital mexicana. A súa obra participou de diversas correntes, entre outras, do realismo, do postimpresionismo e da abstracción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recoñecemento que outorga a Unión Europea aos produtos que respectan ao medio. Tense en conta tanto o seu ciclo de vida (produción, utilización e residuos que produce), como que o seu uso sexa seguro e apto para o consumo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Branquia situada no exterior do corpo de certos animais. Está presente, temporal ou permanentemente, en poliquetos, nalgúns crustáceos, nas larvas de peixes e en adultos de anfibios.
-
PERSOEIRO
Escritor chileno. Colaborador en distintos xornais e revistas, a súa obra é de orientación costumista. Da súa produción destaca El inútil (1910), El monstruo (1912), El roto (1920), Valparaíso, la ciudad del viento (1931), Criollos en París (1933), El subterráneo de los jesuitas (1966) e Nuevas crónicas (1966). Membro da Academia Chilena de la Lengua (1954), recibiu o Premio Nacional de Literatura (1943) e o Premio Nacional de Periodismo (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como asesor fiscal dos colexios profesionais de médicos, arquitectos e enxeñeiros técnicos de Vigo e ocupou a presidencia do consello de administración do centro médico Povisa (1977-1982). Presidente do Partido Demócrata Popular e máis tarde do Partido Liberal, foi elixido deputado do Parlamento galego polo Partido Popular entre 1985-1996, etapa na que foi voceiro da comisión de Asuntos Económicos e Orzamentarios e presidiu as comisións do Estatuto do Deputado e de Relacións do Parlamento co Consello de Contas. En xullo de 1996 foi nomeado delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Entre outros cargos, foi presidente do consello de administración da sociedade de capital-risco Vigoactivo SA e membro do consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Presidente da República (1894-1898), impulsou a revitalización do Parlamento e tentou chegar a un acordo cos liberais. Potenciador da cultura, durante o seu mandato fundáronse o Instituto Paraguayo e a Escuela Normal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos elasmobranquios.
-
Peixe da clase dos elasmobranquios.
-
Clase de peixes de esqueleto cartilaxinoso que engloba as ordes dos escualiformes, os galeiformes, os hexanquiformes, os quimeriformes, os raiformes e os torpediniformes. Tamén reciben o nome de condritios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XII a María Josefa Jiménez de Sandoval Saavedra o 23 de maio de 1876, como recoñecemento polo seu apoio á coroa durante a Primeira República Española e a posterior Restauración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento mediante descargas eléctricas que provoca no paciente crises convulsivas epileptiformes. Segundo o aparello utilizado, varían a intensidade, a voltaxe e o tempo de paso da corrente. Os electrodos, impregnados de auga salgada, colócanse nas rexións frontoparietais. Indicado en estados depresivos, cadros delirantes, esquizofrenia e, excepcionalmente, en estados maníacos; caeu en desuso polos seus efectos comatosos e convulsivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da química física que estudia as relacións existentes entre a enerxía eléctrica e a enerxía química. Pódese fixar a orixe da electroquímica nas experiencias de Volta, seguidas polos traballos de Davy e de Faraday, e pola teoría de Arrhenius sobre os electrólitos. En 1905 Tafel enunciou a ecuación que relaciona a diferenza de potencial entre dúas fases coa densidade da corrente medida. En 1890, sen embargo, Nernst xa establecera a ecuación que leva o seu nome sobre a actividade do ión en disolución. Butler interpretou cineticamente os potenciais de Nernst, Gurney introduciu a mecánica cuántica para explicar a transferencia da carga e Frunkin estudiou o fenómeno da dobre capa, mentres que Debye e Hückel presentaban a súa teoría sobre as disolucións iónicas, completada por Onsager. Esta teoría adecuábase ao comportamento das disolucións diluídas, pero fallaba cando se aplicaba ao estudo das disolucións concentradas. A ecuación de Nernst relaciona os potenciais da célula electrolítica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electroquímica.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Membro da orde franciscana, no ano 1761 nomeárono confesor do Rei Carlos III. Foi membro do Consello da Suprema e Real Inquisición. Bispo de Osma (1786), formou parte da xunta que expulsou os xesuítas de España en 1767.
VER O DETALLE DO TERMO