"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Medo morboso de cometer furto ou de ser culpado como ladrón inxustamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás clorobiáceas.

    2. Bacteria da familia das clorobiáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das pseudomonadais constituída por pequenos bacilos Gram-negativos inmóbiles. Son fotolitótrofas e anaerobias estritas, que utilizan o dióxido de carbono como fonte de carbono e o ácido sulfhídrico como receptor final de electróns. Polo xeral, viven nas capas profundas de moitas lagoas de augas salobres ricas en ácido sulfhídrico. Tamén se coñecen como bacterias fotosintetizadoras verdes do xofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe asturiana natural de Colunga que emprega tamén a forma Covián. Pasou a Galicia e asentouse en Pontevedra e Padrón. As súas armas levan escudo cortado: a primeira partición, en campo de ouro, cun monllo de ortigas de sinople; a segunda partición, en campo de sinople, cun castelo de ouro, cachotería de sable e, na súa entrada, un cabaleiro armado de prata, superado dun escudiño con nove puntos equipolados, cinco de ouro e catro de sable; bordo de goles, coa lenda en letras de sable: “Quien quiso quitar el oro a las armas de Cobián, pague las costas porque non se las perdonarán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurisconsulto e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a carreira xudicial ata ser elixido deputado pola Cañiza en 1886. Reelixido deputado por Xinzo de Limia e senador por Pontevedra, conseguiu a acta de deputado por Tenerife no ano 1910. Foi nomeado ministro da Mariña en 1905 e ministro de Facenda en 1910; durante a segunda etapa ministerial propuxo reformar o sistema tributario español a través dunha serie de proxectos relativos á contribución territorial, aos dereitos reais en sucesións hereditarias, ás cédulas persoais, aos transportes ou ao consumo. En abril do mesmo ano abandonou o cargo e foi designado gobernador do Banco de España. Foi vicepresidente do Consello de Estado, presidente da comisión de orzamentos e avogado da Casa Real. Escribiu Proyecto de Leyes de presupuestos generales del estado para el año económico de 1911 (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das marasmiáceas, de cogomelos cartilaxinosos ou elásticos e pouco carnosos, co chapeu convexo ou aplanado e a superficie lisa; o pé central non presenta nin anel nin volva e, ás veces, é oco. En Galicia están presentes as especies: C. butyracea, de cogomelos de ata 8 cm de alto, de cor parda amarelenta e tacto manteigoso, cun chapeu con umbo e pé engrosado na base que aparece en masas forestais; C. dryophila, de cogomelos de ata 5 cm de lonxitude de cor amarela ou alaranxada, que habita debaixo dos carballos; C. maculata, con cogomelos de ata 10 cm de alto de cor branca con puntos de cor vermella, presente nas fragas, e C. fusipes, de cogomelos de ata 10 cm de alto de cor parda, que aparecen sobre a madeira de árbores caducifolias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do NO de América do Sur, entre o Océano Pacífico e o mar das Antillas. Limita ao O con Panamá, Ao L con Venezuela e Brasil e ao S con Perú e Ecuador. Abrangue tamén un territorio insular formado polo arquipélago de San Andrés y Providencia, o illote Malpelo, varios bancos do mar das Antillas e outras illas do Océano Pacífico (1.141.748 km2; 40.803.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 12°de latitude N e os 4° de latitude S e os 79° e 67° de lonxitude O. A súa capital é Bogotá.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Litoloxicamente, Colombia aséntase sobre unha litoloxía moi heteroxénea, formada desde a era Precámbrica ata a Cuaternaria. Destacan os materiais da época Primaria. De O a L, na serra de Baudó hai rochas volcánicas cubertas por arxilas; nos Andes, rochas graníticas e gneis; na Sierra Occidental materiais cretáceos; na vertente occidental da Sierra Central materiais eruptivos; na Sierra Oriental...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Colombia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Colombia.

    3. Arte producida no territorio de Colombia. Durante os séculos anteriores á época colonial desenvolvéronse neste territorio diferentes culturas. En Huila a civilización megalítica de San Agustín construíu templos formados por un corredor de pedra con cuberta, como o templo da Diosa Madre. No eido da escultura destacan os monolitos antropomorfos, representación das divindades. A cultura calima desenvolveu unha ourivería caracterizada polo emprego da curva e unha escultura de pequenas figuras enmascaradas, representación dos xefes e sacerdotes. Os chibchas crearon os tunjos ou placas cerimoniais, realizadas con finas láminas de ouro que se traballaban sobre placas fundidas, e os vasos cerámicos antropomorfos. Baixo o nome de cultura quimbaya agrúpanse diversos pobos que empregaron variadas técnicas de ourivería para crear figuras humanas e os poporo ou botellóns. A cultura tairona destacou na construción de casas con cimentos circulares e na elaboración...

    4. Arte cinematográfica desenvolvida en Colombia. Despois duns inicios documentalistas, o cine colombiano viviu un dos seus mellores períodos durante a década dos anos vinte, con títulos como La María (1921), de Alfredo del Diestro; Aura o las violetas (1922), dos irmáns Di Domenico e, sobre todo, Alma provinciana (1926), de Félix J. Rodríguez. Condicionada pola chegada do cine sonoro, a produción limitouse a documentais de actualidade durante a década dos anos trinta, período que remata co gusto polas comedias musicais. Os anos cincuenta deron paso a unha xeración nova pero pouco interesada pola realidade social do país. Os seus membros máis destacados eran Guillermo Angulo, Julio Luzardo, Jorge Pinto, Álvaro Gonzalez e Francisco Norden. En contraposición, Carlos Álvarez impulsou unha produción abertamente comprometida á que se sumaron Marta Rodríguez e Jorge Silva. A creación da empresa estatal FOCINE, nos últimos anos, reactivou a produción cinematográfica grazas a cineastas como Ciro Durán,...

    5. As primeiras manifestacións da literatura producida en Colombia remóntanse á tradición indíxena, abolida polo efecto da conquista. Posteriormente, durante a época colonial, xurdiron figuras que nutriron as letras colombianas como Hernando Domínguez Camargo (1606-1659), Frei Andrés de San Nicolás (1617-1666), Sor Francisca del Castillo y Guevara (1671-1742) e Francisco Álvarez de Velasco y Zorrilla (1674-1704). Ao remate das guerras da independencia, a produción literaria rexorde da man das tendencias románticas. Destacan, entre outros, José Eusebio Caro (1817-1853), Rafael Pombo (1833-1912) e Jorge Isaacs (1837-1895), autor da novela María (1867). Europa continuaba a ser o polo de atracción e a finais do século, a influencia de Poe, Baudelaire e Verlaine era notoria. Xa se anunciaba o modernismo, primeira corrente literaria na que a produción hispanoamericana se manifestaba orixinal. José Asunción Silva (1865-1896) foi o gran poeta do momento. Posteriormente, Guillermo Valencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Norte, coñecido anteriormente como Oregón. Nace no lago Columbia, ao O das Montañas Rochosas, Canadá. Oriéntase cara ao SO, cruzando a fronteira cos EE UU en Castlegar, e desemboca no Océano Pacífico, en Astoria, ao NO de Portland, logo dun percorrido de 1.953 km. O seu réxime é pluvial. Para o aproveitamento do seu gran potencial hidroeléctrico construíronse numerosos encoros, entre os que destaca a presa de Grand Coulee, no estado de Washington.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico das Montañas Rochosas, na Columbia Británica, Canadá. O seu cumio acada os 3.747 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Carolina do Sur, EE UU, situada nos contrafortes da cordilleira dos Apalaches, na confluencia dos ríos Broad e Saluda (112.773 h [1996]). É un importante núcleo de comunicacións. A base da súa economía é a agricultura, aínda que tamén destaca a industria téxtil. Posúe un importante centro de ensino superior: a University of South Carolina, fundada en 1801, e o Columbia College, creado en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito federal dos EE UU, situado entre os estados de Maryland e Virginia, na beira esquerda do río Potomac (178 km2; 523.000 h [estim 1998]). No seu territorio localízase Washington, a capital federal. Os departamentos e axencias gobernamentais son a principal fonte de emprego, xunto co turismo, os centros de investigación e a fabricación de aparatos técnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira lanzadeira espacial norteamericana que realizou a súa viaxe inicial o 12 de abril de 1981 dende o Kennedy Space Center. Despois de 36 órbitas e 54,30 horas de permanencia no espacio, aterrou na base Edwards das Forzas Aéreas estadounidenses, no deserto californiano de Mojave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia situada ao O de Canadá, entre as Montañas Rochosas e o Océano Pacífico (947.800 km2; 3.933.300 h [1986]). A súa capital é Victoria (71.228 h [1996]). Todo o seu territorio está ocupado por montañas e ten un clima oceánico, con temperaturas suaves. A poboación concéntrase na costa, en Victoria e Vancouver, as dúas cidades máis importantes. A lingua oficial é o inglés. Os principais recursos económicos son a explotación forestal e as súas industrias derivadas. Tamén son importantes a pesca, a minería e a metalurxia. No sector primario destaca a gandería, xa que a práctica agrícola resulta difícil debido ao terreo montañoso. A costa explorárona desde o s XVI os españois (Juan de Luca e Juan Pérez) e os ingleses (Cook e Vancouver). O británico Mackenzie iniciou en 1793 a exploración do interior, continuada pola Compañía do Noroeste, que se fusionou en 1821 coa Compañía da Baía de Hudson. En 1886, a illa de Vancouver uniuse á Columbia Británica e constituíu a provincia deste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao connubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade celtibérica habitada polos lusóns e situada no val de Jiloca (Zaragoza). Tralas guerras celtibéricas incluíuse no convento xurídico cesaraugustano. Escavada dende 1970, nela acháronse os bronces de Botorrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo patolóxico de tocar os excrementos e resultar contaminado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura e escultor. Realizou dous retablos colaterais para a igrexa de San Pantaión das Viñas (Betanzos), un dedicado á Virxe María e outro a santo Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de contacto formada a partir de rochas arxilosas non carbonatadas. É de cor clara (rosa, parda, violeta ou verde), cunha estrutura densa ou con xistosidade relita, e motivos miméticos sobre a estrutura procedente da acción de contacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ao coulomb, a Charles Augustin de Coulomb ou ás súas teorías.

    VER O DETALLE DO TERMO