"CAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de estados creada pola Constitución francesa o 4 de outubro de 1958 que comprendía, ademais do Estado francés, as doce antigas colonias de África que optaran polo estatuto de estado membro e que aceptaran entrar na Communauté, é dicir, no Estado francés, con autonomía interna, pero sen soberanía nin independencia internacional. De feito, podían saír da Communauté cando o desexasen reivindicando a súa independencia. A súa existencia foi moi efémera, porque os estados africanos da Communauté accederon á independencia entre 1959 e 1960. Oficialmente non foi nunca disolta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...
-
CAPITAIS
Capital do condado homónimo, Irlanda, situada no esteiro do río Lee (127.187 h [1996]). A cidade é un importante centro distribuidor de produtos agrícolas e exportador de gando vacún. Entre as instalacións industriais destacan as cervexeiras e as de produtos químicos e farmacéuticos. O seu centro de ensino superior é o University College, fundado en 1845, que ten a súa orixe no mosteiro fundado por Finbarr no s VII. A finais de 1172 pasou a mans inglesas e converteuse nun pequeno Estado independente. Trala Primeira Guerra Mundial transformouse no centro do movemento independista irlandés, no que destacou o presidente do concello municipal, Mac Swiney, quen morreu en 1922 despois dunha folga de fame.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, na provincia do Munster (7.500 km2; 420.510 h [estim 1996]). A capital é Corcaigh. Situado no S da illa, é unha das áreas máis densamente poboadas
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘home’.
-
-
de decaer.
-
Que se sente debilitado física ou moralmente.
-
-
PERSOEIRO
Emperador romano (249-251). Comandante do exército do Danubio, derrotou os godos en Messia e na Panonia, e despois de eliminar a Filipo na Batalla de Verona foi nomeado emperador polas súas tropas. Emprendeu unha restauración do poder e das tradicións romanas, devolveulle ao Senado o dominio sobre a administración civil e restableceu a relixión romana mentres perseguía os cristiáns. Morreu durante unha campaña contra os godos e os blemios debido á traizón do seu legado Treboriano Galo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de desencaixar ou desencaixarse.
-
-
Quitar algunha cousa do lugar no que estaba encaixada.
-
Deixar de estar encaixado.
-
Desfigurarse as faccións dunha persoa por mor dunha enfermidade ou dunha emoción intensa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desencaixar ou desencaixarse.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (284-305). Comandante da garda imperial e máis tarde cónsul, foi elixido emperador por un tribunal de xenerais á morte de Numeriano (284). Logo da desaparición de Carino (285), irmán de Numeriano e coemperador, o Senado recoñeceulle a dignidade imperial. Asociou ao poder a Maximiano, un oficial da súa confianza, e cedeulle o control da metade occidental do Imperio, mentres se reservou o goberno da metade oriental e a dignidade de Augusto Iovius. A bipolarización da autoridade imperial permitiu que Maximiano reprimise o movemento bagauda e que Diocleciano recuperase Armenia. Non obstante , os conflitos políticos e sociais medraban no Imperio, polo que en maio do 293 vinculou o poder a outros dous militares, en calidade de césares: Constancio Cloro para Occidente e Galerio para Oriente. Diocleciano controlaba Tracia, Exipto e Asia, o césar Galerio gobernaba as provincias danubianas, Maximiano administraba Italia e África, e o seu césar Constancio, Hispania, a Galia e Britania....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘ceo’.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul (261 a C) xunto con C. Cornelio Escipión. Organizou a flota durante a Primeira Guerra Púnica e conseguiu a primeira vitoria naval sobre os cartaxineses fronte a Milos, preto de Messana. Foi o primeiro triunfo naval da historia de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Secar lixeiramente unha cousa.
-
Quedar a alguén a comida atrancada na gorxa.
-
Xirar con dificultade a pedra do muíño por ter bouta.
-
-
-
de encaixar.
-
Que está dividido pola metade (especialmente o escudo), por medio duha liña con forma de ángulos agudos unidos pola base, chamados encaixes; segundo a dirección destes, o escudo pode ser encaixado en pal, encaixado en faixa, encaixado en banda, encaixado en barra e encaixado en xefe.
-
Que presenta encaixes tan longos e aguzados que case tocan os bordos do campo do escudo.
-
-
-
Proceso dinámico mediante o que a circunferencia máxima da presentación fetal atravesa o estreito superior e penetra progresivamente no canal pelviano. Pode ter lugar nas últimas semanas de xestación ou unha vez iniciado o traballo de parto.
-
Proceso de erosión fluvial debido ao aumento da enerxía da corrente, provocada xeralmente por un proceso tectónico que incrementa o desnivel do curso ou por un cambio climático que modifica á alza o caudal medio do mesmo.
-
-
-
Meter unha cousa axustada dentro doutra.
-
-
Reaccionar ante algo negativo ou molesto.
-
Aguantar ben os golpes do contrario, especialmente nos deportes de combate.
-
Aceptar unha situación difícil e adversa e adaptarse a ela.
-
-
Construír cimentos en caixóns ou en gabias abertas.
-
Reforzar un muro con machóns axustando e apisoando a terra entre tapias.
-
Adaptarse e axustarse unha cousa con outra ou dentro doutra.
-
-
Concordar ou ser oportuna ou adecuada algunha cousa.
-
...
-
-
-
-
Acción e efecto de encaixar.
-
Burato no que se encaixa algo.
-
Xuntura das pezas que pechan ou se adaptan unhas con outras.
-
-
Tecido fino ornamental que consiste nun calado de fíos cun fondo reticulado, decorado con debuxos de diversa índole. Denomínase así porque orixinariamente realizábanse os labores por separado e despois encaixábanse na tea.
Orixe e evolución histórica
Os textos de Estrabón recollen o emprego de redes e mallas nas poboacións de Hispania. No Antigo Testamento, Isaías relataba que as mulleres usaban rediñas na súa vestimenta e o Libro dos Reis describe os filamentos que adornaban o templo de Salomón. Os romanos recolleron as técnicas de bordado e de traballo con fíos entrecruzados coñecidas por hebreos, exipcios e sirios, espalláronas polo seu territorio e introducíronas na Igrexa. O gran desenvolvemento da industria téxtil de Bizancio exportouse ao mundo occidental, onde Italia e os Países Baixos foron os pioneiros. No s XVI a publicación en Italia e Francia dos primeiros libros de patróns ou modelos de debuxos produciu unha expansión dos encaixes... -
encaixe de Camariñas
Tipo de encaixe que se realiza no concello de Camariñas. É un derivado dos encaixes europeos, concretamente do tipo dos guipures de palillos. Leva moitos puntos de sprit, que forman estrelas e flores. Os fondos son xeralmente de malla cadrada, semellantes aos puntos de París. A finais do s XV e principios do XVI, o encaixe é unha industria doméstica que conta con gran forza na zona de Camariñas, pero foi no s XVIII cando alcanzou o seu máximo esplendor. A finais do s XIX e principios do XX, deuse unha grande exportación de encaixe a terras americanas desde o porto camariñés, que figura nas notas de embarque e nos demais documentos navieiros co nome de encaje de Camariñas, denominación que aínda mantén. Este comercio viuse interrompido posteriormente pola crise colonial e polas guerras mundiais que, sumadas á desorganización do sector, fixeron que o comercio decaese ata a súa recuperación nos anos corenta. Este rexurdimento debeuse, sobre todo, á acción da Sección Femenina,...
-
-
Folla ou prego que, ao encadernar un libro, queda no interior doutro prego.
-
Peza formada por dous ou máis triángulos, de cor ou metal, coas bases contiguas e, polo tanto, encaixados uns nos outros, que se moven desde os flancos ou que saen da punta do escudo.
-
Reserva monetaria formada polos cartos legais que os bancos teñen nas súas caixas e polos depósitos que teñen obriga de reter no banco central. Trátase dun activo non rendible pero necesario e, en moitos casos, establecido legalmente, para poder facerlle fronte á demanda de diñeiro por parte dos depositarios e como unha medida para regular a oferta monetaria. Tamén se denomina reservas bancarias.
-
Tipo de diartrose na que as superficies articulares que a forman son unha cóncava e a outra convexa e se dispoñen de forma oposta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘muíño’.
-
-
Pasta feita de xeso e cola que, mesturada con auga, adquire unha estrutura sólida.
-
Figura ou pequena escultura realizada con esta pasta.
-
endaxe endurecida con xeso que se emprega para inmobilizar algunha parte do corpo.
-