"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
-
Relativo ou pertencente a Amalrico de Bène e ás súas doutrinas.
-
Partidario das doutrinas de Amalrico de Bène.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín Amantius e este derivado do participio de presente do verbo amare, isto é, amantem ‘que ama’. Existen sete celebracións diferentes para santo Amancio de Rodez (s V): 10 de febreiro, 19 de marzo, 8 de abril, 6 de xuño, 10 de xuño, 26 de setembro e 4 de novembro.
-
-
Feito de posuír simultaneamente dous valores diferentes, dúas significacións opostas.
-
Presencia simultánea de sentimentos antagónicos cara a unha mesma persoa ou cousa, especialmente amor e odio.
-
-
GOLFOS
Golfo de Grecia Central na costa do mar Xónico, onde desemboca o río Arakhthós. Comunica co mar por medio dun canal duns 2 km de anchura coa localidade de Préveza na saída. Na costa S están os pequenos portos de Vónitsa e Amfilokhía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ehículo (automóbil, vagón de tren, helicóptero, etc) debidamente equipado para o transporte de feridos e doentes.
-
Equipo hospitalario ambulante destinado a prestar primeiros auxilios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual xurdida na Coruña en 1921 e subtitulada “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. Foi a continuadora do Boletín de Casa América Galicia (1920) editado tamén na Coruña. Colaboraron nela Lois Peña Novo e Ramón del Cueto, entre outros. Contiña publicidade, novas sobre América e Galicia na súa sección “Informaciones americanas” e datos sobre publicacións e premios. A partir de setembro de 1922 pasará a chamarse Revista de Casa América-Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.
-
-
Aumento do caudal dun río.
-
Cantidade de auga producida ao desbordarse auga dunha fonte.
-
-
SEMANARIOS
Semanario dominical aparecido en Ourense o 14 de xuño de 1866 e que cesou a súa edición a finais de abril de 1867. Foi editado na imprenta de Agustín Moldes. Fundado e dirixido por Alexandre Quereizaeta, tiña como seccións: “Editorial”, “Noticias”, “Revista extranjera”, “Variedades”, “Gacetilla” e “Anuncios”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago en 1866 e subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales y materiales del país”. As seccións “Sueltos con noticias de interés general”, “Revista extranjera”, “Variedades”, “Gacetillas” e “Anuncios”, incluían sobre todo novas referidas a Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1972 baixo a presidencia de Felipe Bárcena Varela de Lima. Dende 1973 está presidida por Juan Manuel López-Chaves Meléndez. O seu obxectivo é a difusión e defensa do patrimonio artístico, rural e urbano de Galicia e o camiño de peregrinación a Santiago, especialmente os camiños portugueses. Entre as súas publicacións cómpre citar: Inventario de pazos y torres, Los canteros gallegos, Restos visigóticos de la villa de Panxón, La catedral raíz de Europa, Guía del horreo gallego e Caminos portugueses a Santiago. Amais dos premios acadados na súa andaina a prol do Camiño de Santiago e do turismo rural, merece especial atención a súa contribución no Consello de Europa a prol da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade creada o 22 de febreiro de 1957 por José Benito Pardo e Pardo. Dende novembro de 1966 depende da Asociación Española de Amigos de los Castillos -tendo en Galicia unicamente a sección provincial de Lugo- que está presidida por Carlos Ferreiro Rodríguez. O seu marco de actuación xira ao redor de castelos e fortalezas, ademais doutros monumentos como pazos, mosteiros, catedrais ou igrexas. Organizan visitas aos monumentos máis destacados de España e Europa e, desde 1964, convocan ciclos de conferencias, entre outros actos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Vencellado dende moi novo á CNT, Amil tivo unha intervención sinalada no movemento libertario tanto en Galicia como no resto do Estado. Carpinteiro de profesión, asesor dos sindicatos da súa cidade natal no primeiro bienio republicano e, así mesmo, membro da FAI, pasou a residir na Coruña pouco antes da folga xeral convocada o 8 de Nadal de 1933 en todo o territorio español pola CNT, e na que participou activamente. Encadeado días despois, os malos tratos recibidos non fixeron máis que aumentar o seu prestixio entre os seus camaradas, de tal xeito que, ata o 18 de xullo de 1936, formou parte en máis dunha ocasión do Comité da CRG. Cando comezou a guerra, reapareceu en Madrid; alí ocupou o secretariado da Federación Nacional del Transporte, así como diversos postos de responsabilidade no Exército da Rexión Centro e no Comité Nacional da CNT. Nos últimos días da contenda, atopámolo no Comité de Defensa da Rexión Centro que vai destituír o goberno Negrín, para asumir logo as...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Profesor de Matemáticas, Física Experimental e Belas Artes do s XVIII. Tamén foi presidente da Academia da Real Universidade Compostelá. Publicou as seguintes obras: Idea sucinta de la vida del glorioso San Roque escrita en italiano por un devoto (Santiago, 1770 e 1830), Construción gramatical de los himnos eclesiásticos, dividida en siete libros por el orden del Breviario Romano (Santiago, 1771) e De las venturas de España la de Galicia es la mejor (Santiago, 1773). A este último púxolle música o mestre de capela da catedral, Bruno Chiodi, e foi cantado pola mesma capela na festa do Apóstolo do ano xubilar de 1773.
-
PERSOEIRO
Filla de Luís XI e de Carlota de Savoia e rexente (1483-1491) do seu irmán Carlos VIII de Francia. Durante a súa Rexencia impediu as negociacións con Fernando II de Aragón sobre a restitución dos condados de Rosellón e Sardeña. Sofocou a Guerre Folle e conseguíu anular o casamento de Ana de Bretaña e Maximiliano de Austria a prol de Carlos VIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra en dous tomos publicados respectivamente nos anos 1733 e 1736 en Santiago de Compostela. Constitúen unha serie de relatos baseados en lendas e antigos cronicóns sen aval de rigor científico. O seu autor foi Francisco Manuel de la Huerta (1697-1752). Froito das súas viaxes son os Anales, nos que recompilou cantos datos puido sobre xeografía, historia e arqueoloxía de Galicia. O seu carácter barroco revélase na súa inclinación polo fantástico. Pese a ser un home estudoso da historia, a súa obra foi cualificada polos ilustrados da época como moi pouco acertada e fiable, chea de tópicos xa desterrados. O Padre Sarmiento afirmaría do seu autor que semellaba escribir sobre Galicia dende a Patagonia ou California. A obra foille dedicada ao Apostolo Santiago, o que valeu ao seu autor a gratificación e recoñecemento do Cabido catedralicio de Compostela.
-
-
Que ten moitos anos, referido a un home ou a unha muller.
-
Persoa de moitos anos.
-
Nome dunha dignidade ou función de goberno, principalmente colexial. No Antigo Testamento designaba os personaxes importantes da comunidade israelita, especialmente os membros do Sanedrín. Na primitiva igrexa, empregado xeralmente en plural, aplicábase ás autoridades locais, se ben o termo non tiña o sentido xerárquico que se lle atribúe actualmente á palabra presbítero. Entre os calvinistas designaba os membros do consello presbiteral.
-
Dentro do Xudaísmo é a locución empregada para designar a Deus na literatura apocalíptica.
-