"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....
-
PUNTA
Punta do litoral occidental da Illa de Ons, na parroquia homónima do concello de Bueu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso, situada entre as puntas de Chans, ao O, e da Granxa, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Encoro sobre o río Limia, provocado pola presa das Conchas, situado no límite entre as parroquias de Parada de Ventosa (concello de Muíños) e San Martiño de Grou (concello de Lobeira). Asolaga 645 ha das parroquias de Barxés, Cados, Muíños e Parada da Ventosa (concello de Muíños), Os Baños e Nigueiroá (concello de Bande), Santa Comba (concellos de Bande e Lobeira) e Santa Cruz de Grou e San Martiño de Grou (concello de Lobeira). Propiedade de FENOSA, inaugurouse en 1948. Á súa beira está o xacemento arqueolóxico do campamento romano de Bande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa señorial situada en San Tomé de Maside (Maside) fundada por don Bieito da Peña no s XVII. Trátase dun edificio de planta rectangular con construcións auxiliares acaroadas. Destacan a cheminea monumental de tres corpos e a portada arquitrabada e ornamentada que pecha o conxunto. Aínda que en mal estado, conserva os escudos de armas dos Somoza, Salgado, Enríquez e Nóvoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia internacional, coñecida como Cumio da Terra, realizada en Rio de Janeiro en xuño de 1992 co obxectivo de atopar un equilibrio entre o crecemento económico e demográfico e o respecto ao medio ambiente. Entre outros acordos, aprobouse a convención sobre a diversidade biolóxica (biodiversidade), que entrou en vigor en 1994 e que insta aos estados a preservar as áreas e as especies con interese ecolóxico, e a convención sobre o cambio climático, para o que os estados deben reducir a emisión de dióxido de carbono, entre outros gases, para non provocar cambios climáticos na Terra (obxectivos fixados para o ano 2000). Firmáronse tamén as normas do Programa 21, a Declaración de Rio sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, onde se definen os dereitos e responsabilidades das nacións para o progreso da humanidade, e unha Declaración de Principios. Tamén se estableceron uns períodos extraordinarios de sesións, para os anos 1997 (Cumio da Terra +5) e 2002 (Cumio da Terra +10), para...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU creado en 1946 coa misión de garantir a paz e a seguridade internacionais. En casos de agresión ou violación da paz, o capítulo VII da Carta das Nacións Unidas recoñécelle o dereito de aplicar accións coactivas, que se poden concretar en sancións de carácter económico ou medidas militares. Formado por quince membros, as súas decisións sobre cuestións importantes poden ser vetadas polo voto negativo dalgún dos cinco membros permanentes: China, EE UU, Francia, Reino Unido e Rusia. Os outros dez membros elíxeos a Asemblea Xeral para períodos de dous anos e repártense segundo criterios xeográficos: correspóndenlle cinco a Asia, África e Oriente Próximo, dous aos países occidentais, dous a Latinoamérica e un a Europa oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de igrexas cristiás recoñecida en Utrecht (1938) e definitivamente constituída na asemblea de Amsterdam (1948), onde se reuniron 351 delegados de 147 igrexas. Xurdiu como expresión do movemento ecuménico contemporáneo, do que chegou a ser unha peza fundamental. A Asemblea Xeral é o seu órgano supremo: toma as decisións, dá as directrices xerais e elixe un comité central e outro executivo. Posteriormente, celebráronse as seguintes asembleas: Evanston (Illinois, EE UU, 1954), con 502 delegados de 160 igrexas; Nova Delhi (India, 1961), con 577 delegados de 181 igrexas, na que entraron a formar parte todos os ortodoxos; Uppsala (Suecia, 1968), con 702 delegados de 202 igrexas; Nairobi (Kenya, 1975), con 747 delegados de 271 igrexas; e Vancouver (Canadá, 1983), con 784 delegados de 301 igrexas. En 1979 celebrouse a Conferencia Mundial sobre “Fe, Ciencia e o futuro” en Cambridge (Massachusetts, EE UU). No ano 1980, na asemblea celebrada en Melbourne, ampliou o seu traballo evanxelizador....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada en Roma en 1974 durante o desenvolvemento da Conferencia Mundial de Alimentación. Fórmana 36 membros da ONU e analiza a situación alimentaria mundial, ao tempo que exerce a súa influencia sobre os gobernos e a ONU. A súa sede está en Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza, coa mesma forma ca o codaste, que se sitúa en paralelo a el para reforzalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe fundada en 1979 en Santiago de Compostela por Bernardo París, coa colaboración dun grupo de estudiantes universitarios. Subtitulada como “Revista Universitaria de Cultura”, contaba cun consello de redacción formado por Víctor Ferreira, Juan R. Marticorena, Rafael Martínez, Marcelino de Santiago Kukas, A. Manuel Chaves e polo seu propio fundador, que exercía tamén como director. O obxectivo desta publicación é crear unha canle de comunicación en favor da cultura e da ciencia, á parte de fomentar a investigación e o debate no seo da universidade, tomando como referencia a realidade de Galicia. Entre algúns dos seus colaboradores destacan Méndez Ferrín, Paz Andrade, Uxío Novoneyra, Fernández del Riego, Carlos Casares, Miguel Cancio, Carlos Baliñas, Álvaro Cunqueiro, X. M. Beiras e Antonio Odriozola. Á parte da revista, editáronse unha serie de números extraordinarios titulados Poesía galega actual (1981), Cómix e ilustración en Galicia (1982), no...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Competición europea de fútbol. Creouse en 1956 para equipos representativos das cidades que celebrasen feiras internacionais, xa fosen de clubs ou de seleccións locais. As dúas primeiras edicións do campionato duraron máis dun ano: en ambas as ocasións (1956-1958 e 1958-1960) impúxose o FC Barcelona. Dende 1961 tivo periodicidade anual. O Valencia CF sumou dous triunfos (1961-1962 e 1962-1963), o Real Zaragoza un (1963-1964) e o Barcelona completou o palmarés español no torneo co seu terceiro título (1965-1966). A partir da tempada 1968-1969 o acceso á disputa da Copa de Feiras quedou restrinxido aos equipos que se proclamasen subcampións das ligas nacionais. A derradeira edición disputouse na campaña 1970-1971; o seu relevo tomouno a Copa da UEFA. Ao desaparecer o torneo, a UEFA organizou unha gran final para adxudicar o trofeo en propiedade: nela competiron o FC Barcelona, en calidade de primeiro vencedor, e o Leeds United, campión da derradeira edición; esa gran final, disputada en Barcelona...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Xenebra en 1973, subtitulada “Revista de cómic galego”, pertencente a Edicións Roi Xordo. Estaba composta por cómics da autoría dos seus fundadores, Xesús Campos e Xosé Díaz, que titularon “Cultura Xeral”, “Bumba” e “Oscilaciós”, nos que se trataba a crítica política contra a ditatura e os nacionalismos extremistas, e contra a guerra e a opresión policial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro do Antigo Testamento, coñecido tamén como Libro dos Paralipómenos. Denominado dibrē ha-yāmim (‘Historia dos tempos’) na versión hebrea, παραλειπóμενα nos Setenta e Paralipomena na Vulgata (que significa ‘cousas omitidas nos libros anteriores’). O nome de Crónicas deullo posteriormente san Xerome. Ofrece unha visión de conxunto da historia de Israel, desde Adán ata o Edito de Ciro (338 a C). O núcleo orixinal, escrito probablemente cara ao s III a C, enriqueceuse máis tarde con algunhas seccións. A versión alexandrina (a da Biblia católica) divide a obra en Libro Primeiro das Crónicas e Libro Segundo das Crónicas. Escrito a comezos do s III a C, presenta unha visión parcial da historia en favor do reino de Xudá, eliminando referencias aos samaritanos do N.
-
PRAIAS
Praia e punta do extremo setentrional da illa da Toxa, na ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello do Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Vilarmel (concello de Quiroga) e Cemego (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.243 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza húngara de parella creada no s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo industrial fundado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1963, líder mundial no mercado da lousa e das rochas ornamentais. Está integrado por máis de 25 empresas. A súa facturación no ano 2000 superou os 25.000 millóns de pesetas (150,25 millóns de euros), dos que case a metade, 12.000 millóns (72,12 millóns de euros), corresponderon á lousa, da que produciron 164.000 toneladas (o 25% das ventas de lousa española). En 2001, as empresas do grupo daban emprego a máis de 1.200 traballadores. O director xeral é Manuel Fernández Blanco. O grupo CUPIRE acometeu un proceso de expansión que o levou, dende os seus núcleos de orixe valdeorreses e bercianos, a establecerse noutros puntos de Galicia e, posteriormente, en Andalucía, Castela e León, Portugal, Francia e Brasil. Ademais de consolidar a súa posición de privilexio no mercado da lousa, introduciuse, trala adquisición no ano 2000 do grupo Ramilo, no do granito. A súa actividade diversificouse coa produción de mármore en Brasil e...