"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
GALICIA
Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta, investigador e catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou estudos sobre a cultura galega e o pensamento filosófico de diferentes intelectuais galegos. Ao redor da figura de Amor Ruibal escribiu El pensamiento de Amor Ruibal: una revisión de la filosofía a la luz de la correlatividad (1968). Ademais, editou a obra de Amor Ruibal Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma (1993) e coordinou o volume colectivo Amor Ruibal en la actualidad (1972). Outras obras súas son Rosalía de Castro entre a poesía e a política (1987) e Descubrindo a Otero Pedrayo (1991). Así mesmo, editou as Obras selectas I e II (1973 e 1983) de Otero Pedrayo e coordinou o libro Pensamento galego I (1977). Dende o seu posto docente promoveu a fundación das licenciaturas de Filosofía, Pedagoxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce bálsamo.
-
GALICIA
Médico traumatólogo. Realizou o seu doutoramento en Italia, coa tese Considerazioni sulla sindrome de Munchmayer, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1973 traballou no Hospital Provincial de Santiago de Compostela, onde foi xefe clínico e xefe do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Foi tamén director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1975-1988). Membro da Sociedad de Cirugía de Galicia, da Sociedad Española de Cirugía e doutras asociacións médicas internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada en abril de 1955 pola India, Paquistán, Indonesia, Sri Lanka e Myanmar, na que participaron 29 países de África e de Asia (entre outros China, Exipto, Etiopia, Xapón ou Vietnam do Norte). Significou a toma de conciencia destes pobos, moitos deles independentes dende había pouco, fronte aos países desenvolvidos. A conferencia remarcou a urxencia do desenvolvemento económico e dunha política anticolonialista e neutralista. Adheriuse á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Sostivo as reivindicacións de independencia de Marrocos, Tunes e Alxeria e a loita dos árabes contra o estado de Israel. Destacaron as intervencións de Nehru, Zhou Enlai, Nasser e Sukarno. Foi o lugar de nacemento do Movemento dos Países non Aliñados, baseado na non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos dun país, o respecto á soberanía nacional e á coexistencia pacífica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se lle daba antigamente ao núcleo da Terra. Chámaselle tamén endosfera ou nife.
-
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Ademais, realizou estudos de Economía, Teoloxía e Filosofía e Letras. Centrou a súa investigación na historia contemporánea de Galicia, tanto dende unha perspectiva económica como política e xurídica, aínda que se especializou nestes últimos eidos. Ao longo da súa traxectoria profesional, estudou o enfrontamento entre os liberais e os absolutistas no primeiro terzo do s XIX, o levantamento progresista de 1846, as ideas ilustradas e a súa influencia na construción do galeguismo e no reformismo universitario, a política relixiosa no s XIX e diferentes movementos políticos como o galeguismo e o federalismo. É autor de numerosas historias de Galicia: Galaxia (1979), Gamma (1982-1984) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid. Desde 1948 desenvolveu actividades industriais como promotor de empresas: Grúbar (Madrid, 1954), empresa matriz do seu grupo; Ponteareas, empresa construtora (Madrid, 1958); Granitos de Galicia (Ponteareas, 1958); Cerámica San Julián (Madrid, 1959) e Aceros del Tea (Ponteareas, 1960). En 1965 fundou en Madrid a sociedade Mindanao, propietaria do hotel do mesmo nome. En 1965 foi nomeado conselleiro delegado da Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego e O Correo Galego. No mesmo ano fundou a empresa Saglas, que se dedica principalmente ás obras públicas, e Candea, Industrias Plásticas. En 1969 creou Lasagra, empresa promotora de polígonos industriais e obras públicas, e en 1970 adquiriu Mugardos, empresa valenciana dedicada á transformación de madeira en aglomerados. Foi fundador, promotor e primeiro presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista e compositor. Foi director do Conservatorio de Granada e fundador do Trío Iberia, formado por laúde, guitarra e bandurra. Autor da ópera Lavapiés e de poemas sinfónicos como Zambra en el Albaicín ou Copla en la fuente del avellano, destacan na súa produción as zarzuelas: La Lola se va a los puertos, La vendimia e Granada mía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto italiano. Foi profesor de Dereito Romano en Boloña, Pisa e Perugia. Participou na redacción da Bula de Ouro de Carlos IV de Alemaña. Son coñecidos os seus tratados De represaliis, De tyrannia, De regimine civitatis, entre outros. Influíu notablemente na xurisprudencia aragonesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro clínico que representa a manifestación máis frecuente do hipertiroidismo. Foi descrita separadamente polo médico alemán Karl Adolf von Basedow e polo médico irlandés Robert J. Graves (1853-1979), polo que tamén é denominada enfermidade de Graves-Basedow. Caracterízase por un bocio difuso, exoftalmia e dermatopatía. Crese que nela intervén un trastorno inmunolóxico.
-
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista. Foi o introdutor das novas formas italo-góticas en Catalunya. No 1324 foille encargada a decoración mural de dúas capelas da igrexa antiga de Sitges. Desde o ano 1333 recibiu sucesivamente encargos de Afonso III e de Pedro III. A única pintura sobre táboa conservada é un fragmento de retablo con escenas da vida de san Bernardo (Museo de Vic). A súa obra máis significativa é a decoración mural da Capela de San Miguel, no claustro do Mosteiro de Pedralbes de Barcelona (1345-1346).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Esfera destinada a acadar grandes profundidades mariñas. A súa finalidade era investigar a fauna. A primeira foi construída en 1930 por William Beebe, coa colaboración de Otis Barton, e estaba sostida desde un barco por un cable de aceiro. En 1934 cerca das Bermudas conseguiu somerxerse a 906 m de profundidade. Incapaz de manobrar por ela mesma, a batisfera foi substituída polo batiscafo.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica, licenciada en Literatura Americana Contemporánea. Descuberta por un fotógrafo, fíxose co papel protagonista de Flashdance (A danza do lóstrego, 1983). Tamén participou nos filmes: The Bride (A prometida, 1985), Mrs. Parker and the Vicious Circle (A señora Parker e o círculo vicioso, 1994), Devil in a Blue Dress (O demo vestido de azul, 1995), Four Rooms (Catro habitacións, 1995) e Let It Be Me (Deixa que sexa eu, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
espondilartrite anquilosante.
-
PERSOEIRO
Profesor e filólogo. Realizou estudios de Maxisterio e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Centrou a súa investigación no prerrexurdimento literario galego, tema sobre o que realizou a súa tese de doutoramento. Publicou Vida e obra de Francisco Añón (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e arquitecto peruano. Foi o fundador do Frente Democrático Nacional (1942) e do Partido de Acción Popular (1956). En 1963 foi elixido Presidente dun gabinete de coalición coa democracia cristiá, que desenvolveu un programa de goberno moi moderado. Trala aparición dos movementos guerrilleiros e dos levantamentos campesiños, entre os que cómpre salientar o alzamento de Cuzco (1964), en 1968 foi derrocado por un golpe de estado do xeneral Velasco Alvarado e marchou ao exilio ata fins do 1976. Restablecida a democracia, foi de novo Presidente entre 1980 e 1985; sen embargo, o seu mandato erosionouse pola crise económica e o desenvolvemento da guerrilla maoísta de Sendero Luminoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia dos países neutrais convocada por Iugoslavia e Exipto, celebrada do 1 ao 6 de setembro de 1961. Contou coa participación de Afganistán, Arabia Saudí, Alxeria, Birmania (hoxe Myanmar), Camboxa, Ceilán (Sri Lanka), Congo-Kinshasa (República Democrática do Congo), Cuba, Chipre, Etiopia, Ghana, Guinea, Iemen, India, Indonesia, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Mali, Marrocos, Nepal, República Árabe Unida (Exipto), Somalia, Sudán e Tunisia. Acordáronse resolucións anticolonialistas, criticouse o apartheid sudafricano, solicitouse o desarmamento e a prohibición de armas nucleares, demandouse o ingreso da China Popular na ONU e adoptáronse diversas resolucións sobre Berlín e Palestina.
-
GALICIA
Reporteiro gráfico. É membro das axencias Copi e Contifoto. Traballou na Televisión de Galicia, da TVE-2 e como xefe de cámaras do Arquivo da Imaxe de Galicia e nas publicacións La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Man Común, Diario de Galicia, Mundo Obrero Diario, El País e La Calle, e para a Gran Enciclopedia Gallega. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e na edición gráfica de varias publicacións literarias, concretamente no libro Galicia, a pé de foto.
VER O DETALLE DO TERMO