"Ivo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 721.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha capacidade.
-
-
Pertencente ou relativo á caridade.
-
Aplícase á persoa propensa a sentir caridade ou a facer obras de caridade a prol dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento que evita as flatulencias gástricas e intestinais ou que favorece a súa expulsión.
-
-
Que se alimenta de carne, especialmente os animais de hábitos predadores, como os das ordes dos carnívoros e dos pinnípedos, que capturan fundamentalmente presas vertebradas.
-
Aplícase á planta que atrapa pequenos animais, principalmente insectos, que lle proporcionan nutrientes. Son exemplo de plantas carnívoras as familias sarraceniácea, nepentácea, droserácea (sobre todo os xéneros Dionaea e Drosera) e lentibulariácea (os xéneros Pinguicula e Utricularia). Os tres últimos xéneros están presentes en Galicia.
-
-
Mamífero da orde dos carnívoros.
-
Orde de mamíferos caracterizados por unha dentición na que destaca o gran tamaño dos caninos, de función punzante, e a aparición de moas carniceiras, cortantes, como especialización do cuarto premolar superior e do primeiro molar inferior. Tamén son características dos carnívoros: as mandíbulas, que só permiten movementos verticais de grande abertura; as clavículas atrofiadas, que preveñen problemas articulares; o aparato dixestivo sinxelo, pola facilidade de asimilación da súa dieta fronte aos animais herbívoros; o encéfalo desenvolvido, que coordina os reflexos e a intelixencia que precisa a vida depredadora; a vista desenvolvida, incluso para condicións de pouca luz; o oído notable; as glándulas odoríferas, dispostas na rexión anal e que están especialmente desenvolvidas nos mustélidos e nos vivérridos, e que nalgunhas especies como as mofetas e os touróns poden expelir substancias fétidas a distancia e servir de defensa;...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos microorganismos que carecen do enzima catalase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos microorganismos dotados do enzima catalase.
-
-
-
Que está privado da liberdade.
-
Persoa aprisionada nun conflito. O cativo foi unha das orixes do escravo. Este foi o caso, durante o Imperio Romano, dos eslavos capturados nas loitas do leste da Xermania. A partir do s VIII, co desenvolvemento dos conflitos entre cristiáns e musulmáns, así como por mor do incremento da actividade comercial no Mediterráneo, estendeuse o costume de facer cativos. O feito provocou que, entre os piratas e os corsarios, se producira un tráfico de rescates e intercambios de prisioneiros.
-
-
Que ten pouca calidade.
-
De pouco tamaño ou estatura.
-
Cheo de mesquindade e ruindade nas súas accións.
-
Que resulta contrario e desfavorable.
-
Que é escaso e de cantidade reducida.
-
Que está baixo a influencia de algo ou alguén dunha maneira irresistible.
-
Rapaz que non chegou á adolescencia.
-
-
-
Que obra como causa ou axente.
-
Aplícase aos verbos ou ás formas verbais que indican que o seu suxeito non realiza a acción por si mesmo senón que lla obriga a realizar a alguén ou algo. En galego, como noutras linguas romances, o causativo pode expresarse mediante o uso transitivo dun verbo intransitivo (
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que rechama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol fundado en xuño de 1953. Colleu o relevo do Club Deportivo Polvorín, disolto por motivos económicos, polo que lle permitiu participar inicialmente na competición nacional de Liga na Terceira División (tempada 1953-1954). Viste camiseta con raias verticais vermellas e brancas e pantalón azul. Xoga os seus partidos como local no Novo Estadio Anxo Carro, inaugurado o 31 de agosto de 1974 (ata esa data xogaba no vello Anxo Carro). En 1978 ascendeu á Segunda División “B”, categoría que perdeu ao remate da campaña seguinte (1978-1979). O seu segundo ascenso á 2ª “B” acadouno en 1986. Na tempada 1991-1992 obtivo o seu maior éxito na Liga, ao acceder por primeira vez na súa historia á categoría de prata do fútbol español, a Segunda División “A”, na que xa militara antes a Gimnástica Lucense, outro dos precedentes do club (participou en Segunda durante tres tempadas). A experiencia resultou negativa e só puido participar nunha campaña nesa categoría, a 1992-1993, que rematou co descenso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de fútbol fundado en Ourense o 10 de setembro de 1952. Xoga os seus partidos como local no campo do Couto e viste camiseta vermella e pantalón azul. Principiou a súa andaina na categoría rexional na tempada 1952-1953, ano no que acadou o ascenso á Terceira División do fútbol español. En 1959 superou na promoción o Getxo e ascendou á Segunda División. Na tempada seguinte clasificouse no 3º posto da liga, a piques de lograr o acceso á máxima categoría. Nas campañas sucesivas repetiu os bos resultados. Non obstante , ao remate da tempada 1964-1965 descendeu a Terceira División. Recuperou a categoría de prata á conclusión do exercicio de 1968-1969, pero o seu retorno pechouse cun novo descenso na temporada seguinte. O terceiro ascenso gañouno na tempada 1972-1973; desta volta mantívose dúas campañas en Segunda División. Houbo que agardar ata a conclusión do campionato de 1993-1994 para acadar outro ascenso, que lle permitiu disputar a liga de Segunda División na tempada 1994-1995. Malia...
-
-
Que exerce coacción.
-
Aplícase aos verbos que expresan unha acción que se ten que facer con esforzo, como combater, dominar, abordar, etc. OBS: Úsase sobre todo na terminoloxía da filoloxía clásica.
-
-
-
Que constrinxe a alguén para que faga ou diga algunha cousa.
-
Campo magnético mínimo que se necesita para anular a imantación dun corpo imantado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cognición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é capaz de coñecer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa a cohesión. Ex: Os procesos cohesivos dos solos duran moito tempo.
-
-
Aplícase a un modo das linguas semíticas, de contido exhortativo, limitado practicamente ás primeiras persoas de singular e de plural.
-
Aplícase, na terminoloxía usada polos lingüistas norteamericanos, ao subxuntivo e imperativo usados en sentido exhortativo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha colectividade. Ex: O convenio colectivo da empresa está pendente de aprobación.
-
-
Aplícase a un nome que, estando en singular, designa unha pluralidade de individuos ou cousas.
-
numeral colectivo
Substantivo que representa un conxunto dunha cantidade determinada de unidades (Ex: decena, ducia, quincena, vintena, trintena). OBS: Algúns destes numerais tamén designan cantidade aproximada e non exacta (Ex: Unha vintena de candidatos optaban ao posto).
-
-
Grupo de persoas que realizan unha actividade en conxunto, unidas por unha relación laboral, por teren intereses comúns ou por reivindicaren as mesmas cousas. Ex: O colectivo de cazadores celebrou a súa xuntanza semanal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política nacida en 1977 no seo do Partido Socialista Galego (PSG). Os seus integrantes, entre os que figuraban Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernando González Laxe, postulaban un achegamento entre os socialistas galegos e españois para, deste xeito, acadar a unidade da esquerda en Galicia. Como consecuencia desa proposta, foron expulsados do PSG e moitos deles ingresaron no PSOE galego.
-
-
Relativo ou pertencente ao combate.
-
Disposto a loitar pola defensa das súas ideas e dos seus intereses e atacar os contrarios.
-