"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • GALICIA

    Meteorólogo e profesor. Doutor en Ciencias Exactas, catedrático e profesor emérito da Universidad de Zaragoza. Exerceu como meteorólogo dos aeroportos de Las Palmas (1949-1952) e Zaragoza (1952-1960). En 1957 obtivo a cátedra de Astronomía Xeral, Topografía, Astronomía Esférica e Xeodesia na facultad de Ciencias de Zaragoza. Foi decano da facultad de Ciencias de Zaragoza (1968-1972) e director do Instituto de Ciencias de la Educación (1973-1979). Foi nomeado conselleiro adxunto do Consello Superior de Investigacións Científicas (1966), asociado de honra da Asociación Española de Ingenieros Geógrafos (1970) e membro da comisión de Mecánica Celeste da Unión Astronómica Internacional (1982). Entre os seus libros destacan: Mecánica Teórica (1965), On the Problem of the internal constitution of the Earth (Sobre o problema da constitución interna da Terra, 1991) e Geodesia, Geométrica, Física y por Satélites (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de circular. Ex: Ten mala circulación sanguínea. Cando viñamos vimos un terrible accidente de circulación.

    2. Conxunto de vehículos que circulan.

      1. Movemento dun fluído no interior dun organismo que se efectúa xeralmente a través de condutos. Nos vertebrados distínguese entre circulación sanguínea e circulación linfática. A primeira vén dada grazas á actividade do corazón, que lle imprime un movemento á masa líquida; a segunda obedece principalmente a determinados factores mecánicos que actúan directamente ou indirectamente sobre os vasos linfáticos. Hai dous tipos principais de circulación: a pechada e a aberta ou lacunar. A circulación pechada é aquela na que o líquido circulatorio se move a través dunha serie de vasos (veas, arterias, capilares) perfectamente pechados. Na circulación aberta ou lacunar, o líquido circulante non se move sempre a través de vasos, de xeito que, en determinadas partes, se forman lagoas de fluído. A existencia de pulmóns implica a aparición de dúas circulacións: a maior ou xeral e a menor ou pulmonar; entón fálase de circulación dobre...

      2. Nas plantas vasculares, transporte de líquidos absorbidos cara aos diversos órganos da planta (sobre todo follas), e de substancias sintetizadas nos órganos asimiladores cara ao resto da planta (sobre todo aos órganos de reserva). Os líquidos transportados constitúen o zume. O zume bruto, o líquido absorbido a partir do solo, contén sobre todo ións minerais e circula polo xilema, movido pola transpiración que ten lugar nas follas. O zume elaborado contén glícidos, aminoácidos, etc, e circula polo floema, movido principalmente por forzas osmóticas. Polo floema circulan tamén as fitohormonas.

      3. circulación colateral

        Desviación do sangue por vasos secundarios a consecuencia da obstrución dun tronco sanguíneo. Cando unha arteria permanece obstruída, a porción de tecido que tería que quedar sen sangue non queda desta maneira, grazas á circulación colateral que conduce o sangue dunha arteria veciña non obstruída.

      4. circulación extracorpórea

        Derivación, por fóra do corpo humano, dunha parte ou da totalidade da circulación sanguínea. Esta técnica emprégase en cirurxía cardíaca para substituír o sistema cardiopulmonar do paciente por un aparato de corazón-pulmón artificial. Emprégase tamén nos aparatos de ril artificial. Tamén se coñece como bypass extracorpóreo.

      5. circulación portal

        Circulación na que o sangue, procedente das arterias de circulación xeral, despois de bañar as vísceras abdominais e de proverse dos produtos da dixestión, é recollido pola vea porta que o leva cara ao fígado. Neste órgano, o sangue distribúese polos sinusoides (onde teñen lugar as reaccións metabólicas). A través da vea cava inferior, volve saír á circulación xeral. Hai tamén unha circulación portal hipotálamo-hipofisaria mediante a que o hipotálamo manda á hipófise diferentes factores de liberación que estimulan a produción de determinadas hormonas.

    3. Número que representa a tiraxe dunha publicación. Os prezos referidos á publicidade varían segundo o número de exemplares editados. Enténdese por circulación bruta a que representa unha cifra total de exemplares que chegan ao lector, neta á que se lle resta os exemplares gratuítos e restrinxida se a publicación se distribúe segundo unha subscrición.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de circunvalar.

    2. Liña de trincheiras, fortes, etc, coa que se rodea ou circunvala unha praza forte.

    3. Estrada que rodea o perímetro externo dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído que representa un son seco producido ao chocaren dúas cousas con forza entre si. Ex: Escoitouse un clac cando se golpearon as dúas bólas de billar.

    2. Onomatopea que designa o ruído seco que fan dúas cousas ao topárense con forza. Ex: Un polo outro e clac!, as dúas cabezas deron un bo pote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Clactonense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o seu nome do xacemento de Clacton-on-Sea, ao S da desembocadura do Támesis (Inglaterra). O elemento que caracteriza este complexo técnico son os útiles sobre lascas, que presentan un plano de percusión liso e un bulbo pronunciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de quenllas de finais do Devónico, de ata 180 cm de lonxitude, corpo estilizado, cabeza roma con grandes ollos e dúas aletas dorsais do mesmo tamaño. Os principais xacementos están en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso polo que se altera a fase dispersa dun sistema coloidal ou o sólido disolto dun sistema líquido, que ocasiona a separación do sistema nunha fase líquida e nunha masa insoluble xelatinosa. Pódese conseguir por quentamento, por adición de compostos químicos, por adición de enzimas, etc.

    2. Proceso de formación dun coágulo sanguíneo. É unha fase da hemostase que consiste na transformación do fibrinóxeno en fibrina, grazas á trombina, que é un enzima proteolítico formado pola activación da protrombina. Neste proceso interveñen, ademais do fibrinóxeno, a protrombina e a trombina, unha serie de elementos coñecidos como factores de coagulación. Na formación do coágulo pódense distinguir dúas fases. Na primeira fase, ten lugar a conversión da protrombina en trombina, que se pode realizar por dous sistemas: o intrínseco ou sanguíneo, que se inicia pola activación do factor XII, e o extrínseco ou hístico, que se produce cando hai unha lesión dos tecidos e se inicia coa penetración do factor III no torrente circulatorio. O produto das dúas vías é a protrombinasa que, en presenza de calcio, actúa sobre a protrombina e a transforma en trombina. Na segunda fase a trombina actúa sobre o fibrinóxeno e convérteo en fibrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acto de conferir un título, un privilexio, un grao universitario, etc.

      2. Acto xurídico polo que a autoridade eclesiástica confía un oficio ou outorga un beneficio a unha persoa capacitada.

      1. Refección que se acostuma tomar polas noites os días de xaxún.

      2. Refrixerio co que se obsequia a un convidado, composto xeralmente de doces.

      3. Comida lixeira.

    1. Conversa ou conferencia sobre cousas espirituais que tiña lugar nas vixilias, xeralmente despois dunha comida lixeira, nos antigos mosteiros. Estas conversas ou conferencias recompilábanse en libros.

    2. collatio codicum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de ser sometido a colación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a colación dun beneficio eclesiástico.

    2. Comparar unha cousa con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de compilar.

    2. Obra que resulta da selección e ordenación de diversos textos, en función do criterio escollido polo autor, como, por exemplo, os refraneiros, romanceiros, cancioneiros, etc. Pode incluír escritos íntegros ou fragmentarios. Reciben igualmente este nome as obras eruditas que agrupan e sintetizan obras anteriores.

    3. Colección de leis, doutras disposicións normativas e, ás veces, de costumes, catalogadas cronoloxicamente ou por materias, que se transforma nunha orde xurídica con capacidade para obrigar no momento en que a promulga oficialmente o poder lexislativo. En caso contrario, constitúe unha simple colección privada na que as disposicións contidas teñen capacidade de seu para producir obrigas segundo o seu rango xurídico e o seu ámbito de aplicación. A tradición das compilacións é moi antiga e desenvolveuse extraordinariamente no mundo romano, en especial con Xustiniano, quen realizou unha codificación das normas do Dereito Romano entre os anos 529 e 534, co título de Codex Repetitae Praelectionis. Esta técnica lexislativa adoptouna o ordenamento xurídico español para recoller e sistematizar as normas de dereito propias das comunidades autónomas nas que o Código Civil constitúe unha fonte supletoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi autor dunha concepción psicolóxica sensualista que exerceu unha grande influencia sobre os ideólogos, como Destut de Tracy ou Cabanis. Prolongou a análise gnoseolóxica de Locke e sostivo que a reflexión non era unha segunda fonte do coñecemento, senón un efecto natural e espontáneo das sensacións que, ao combinarse entre elas, facían xurdir desde o exterior (antiinnatismo), e de xeito progresivo, todas as ideas e facultades. Este sensualismo determinou tamén a súa concepción da vida social e económica, que se baseou na sensación de necesidade. Na súa análise da linguaxe afirmou que non existía unha correspondencia entre signo e significado e que polo tanto a linguaxe non era perfecta. Estimou entón que unha ciencia para ser perfecta tiña que ter unha linguaxe perfecta e definiu a ciencia como unha linguaxe ben feita. Das súas obras destacan Essai sur l’origine des connaissances humaines (Ensaio sobre a orixe dos coñecementos humanos, 1746), Traité des...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amolecemento das cartilaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de confabular ou de confabularse.

    2. Creación imaxinaria propia de psicóticos e histéricos. É delirante cando a imaxinación xira ao redor dun tema principal, e amnésica cando inventa lembranzas dun período pasado, no que houbo amnesia lacunar, para encher esa lagoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de congratular ou congratularse.

    2. Expresión de felicitación. OBS: Xeralmente, utilízase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de consolar ou consolarse.

    2. Proba disputada entre deportistas ou equipos que non conseguiron clasificarse nos primeiros postos dunha competición. Adoita celebrarse en natación ou naquelas disciplinas nas que as condicións habituais dos recintos (remo, piragüismo, etc) ou do sistema de competición (baloncesto, balonmán, boxeo, fútbol, tenis, judo e, en xeral, todos os deportes de oposición) non permiten a participación simultánea do número de competidores que poden ser distinguidos coas medallas (3) e cos diplomas (nos xogos olímpicos 8) outorgados.

    3. Pequena compensación que se lles adxudica a aqueles que non obtiveron ningún dos primeiros premios nos xogos de azar ou nalgún deporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome dunha advocación hispana da Virxe, derivado do latín consolatiōne ‘consolo’. Presenta a variante Consolo e os hipocorísticos Chelo, Chela, Cheliño e Cheli. A súa festividade celébrase o 31 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das 88 zonas en que se divide a esfera celeste. A zonificación aceptada internacionalmente é un convenio. As constelacións imaxináronse na Antigüidade para conseguir unha orientación dentro dos numerosos conxuntos de estrelas no firmamento e para identificar os distintos aspectos totais e parciais do ceo, que permitían coñecer con exactitude as diferentes épocas do ano. Bautizouse cada unha destas agrupacións cun nome e compuxéronse debuxos cos nomes das principais estrelas de cada constelación. Ptolomeo completou no seu Almaxesto a primeira división do ceo visible en constelacións, realizada por Hiparco (120? a C). Non obstante , a división completa fixérona, posteriormente, Johann Bayer (1572-1625), Johannes Hevelius (1611-1687) e Nicolas Louis de Lacaille (1713-1762). A medida que se descubriron máis estrelas, constatouse que as figuras primitivamente asociadas ás constelacións tiñan pouco interese práctico. A Unión Astronómica Internacional fixou, no seu primeiro...

    2. Conxunto de persoas ou de cousas.

    3. Aspecto dos astros no momento do nacemento dunha persoa.

    4. Fenómeno que en glosemática se caracteriza porque dúas unidades compatibles non presentan ningún tipo de dependencia recíproca; é dicir, un termo non presupón o outro, pero ambos son compatibles (

    VER O DETALLE DO TERMO