"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
GALICIA
Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Licenciado en Belas Artes en 1985, realizou a súa primeira exposición en Madrid en 1989. As súas obras amosan unha particular visión da natureza galega. Participou en numerosas mostras colectivas como Alternativas 80. Artistas galegos en Madrid (1985), na Bienal de Albacete (1986 e 1988), na Bienal de Pontevedra (1987) e en Galicia somos Nós (Bos Aires, 1989). En 1991 recibiu o segundo premio do certame de pintura Santa Lucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Pérez Camba.
-
GALICIA
Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, comezou colaborando en 1980 no xornal El Correo Gallego e, en 1985, pasou a La Voz de Galicia. Traballou tamén na revista Ría de Arousa, un proxecto editorial que non tivo continuidade. No ano 1985 gañou o Premio Galicia de Xornalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Publicou a peza teatral Safira (1842) e as novelas El ramillete (1842), Inés (1846) e Horas de convalecencia (1852), mestura de poesía e novela curta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, xornalista e poeta. No eido artístico, as súas exposicións reflicten a influencia expresionista, surrealista e do pop-art. Colaborou con artigos literarios en diversos xornais, entre outros no suplemento El Sábado de Faro de Vigo, e foi director da revista literaria Follas secas. Membro fundador da editorial SPAC, exerceu como secretario do Padroado Curros Enríquez dende 1985 e foi un dos promotores do Premio Celanova Casa dos Poetas. Deuse a coñecer no mundo literario co libro de relatos O mal tempo (1981) e, posteriormente, publicou Lembranza dun home (1983), os relatos Once nudos I (1984) e Once nudos II (1985), e a novela Areas (1990). É tamén autor dos volumes de entrevistas Conversas con Manuel María (1990) e Cen galegos (1993). En colaboración con X. L. Méndez Ferrín coordinou Voz e voto. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no X aniversario do seu pasamento (1991). En...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Doutor en Filosofía e Teoloxía pola Università de Roma, cidade a onde se trasladara como bolseiro en 1903. Posteriormente, regresou a Lugo onde exerceu a docencia no seminario ata o 1917. Destacado orador e investigador de temas históricos, publicou Origen histórico-filosófico del modernismo y su refutación (1912), La mujer gallega en alas del ideal, cantando la religión y la patria (1927), María y Galicia (1947) e Programa de sociología y economía social (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Animador cultural e teatral. Fixo unha versión do texto de Molière Le medecin malgré lui que titulou O menciñeiro á forza (1971). Escribiu as pezas Bon nadal? (1982) e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Marica Campo, e as narracións Parábolas chairegas (1981). Foi, ademais, director de diversos grupos afeccionados de teatro entre os que destacan: Crecente Vega, Os Valuros, A Roga, Alborada ou Malveira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ceramista e pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa. Comezou a expoñer en 1949. A mediados dos anos cincuenta iniciouse na pintura. Entrou en contacto con Vieira da Silva e Arpad Szenes, que se interesaron pola súa obra de tendencia abstracta. Na década dos sesenta trasladouse a París e conectou cos artistas portugueses e coas novas correntes artísticas. A súa pintura evolucionou cara a unha abstracción xeométrica que o conduciu ata experiencias minimalistas. Na súa obra ten unha presenza importante a práctica da pintura sobre azulexo. Entre as súas obras destacan os Paneis do Jardim de Almada (Lisboa, 1956), os azulexos do Instituto Franco Portugués (1984) e os da Estación do Colexio Militar/Luz do metro de Lisboa (1987). En 1954 acadou o Premio Nacional de Cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (Rivoli 1562 - 1630) Duque de Savoia (1580-1630). Fillo de Manuel Filiberto I, intentou manter a independencia do seu estado e oscilou entre as súas alianzas cos franceses e os españois. Interveu nas guerras de relixión de Francia no 1588 e, de acordo coa Liga Católica, apoderouse do marquesado de Saluzzo. Vencido por Enrique IV de Francia, polo Tratado de Lyon (1601) cedeulle os territorios de Bresse, Bugey e Gex a cambio de Saluzzo. Interveu do lado de Francia no conflito da Valtellina (1622) pero foi abandonado polos seus aliados. Axudou a Filipe IV na guerra de sucesión de Mantua e Monferrato no 1628, pero Luís XIII obrigouno a manter a neutralidade despois da vitoria do paso de Susa no 1629. Cando faleceu, franceses e españois loitaron nos seus territorios.
-
PERSOEIRO
Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Deputado durante o goberno de Marcelo Caetano, foi ministro adxunto, en representación do Partido Popular Democrático, no primeiro goberno provisional trala caída da ditadura en Portugal. Líder da Aliança Democrática, foi elixido primeiro ministro no ano 1980. Escribiu, entre outras obras, Por uma Social Democracia (1975) e Uma Constitução para os Anos 80-Contributo para um Projecto de Revisão (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar carlista. Participou na Guerra da Independencia contra os franceses, e chegou ao grao de coronel. En 1833 organizou as partidas carlistas do Baixo Aragón. Actuou a miúdo en combinación con Ramón Cabrera. Ascendido a xeneral, foi nomeado comandante do Baixo Aragón e do Maestrazgo. En 1835 marchou a Navarra para entrevistarse co pretendente Carlos V, pero foi capturado e fusilado polos liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Participou na campaña de Marrocos e nas operacións de Alhucemas (1925-1926). Durante a Segunda República foi axudante do ministro de Guerra Gil Robles. En 1938 fuxiu dun cárcere republicano e pasou ao exército nacional. Desempeñou o cargo de xefe do Estado Maior do exército do Maestrazgo e foi membro do Estado Maior do cuartel xeneral de Burgos. Durante a ditadura, foi xefe do rexemento de infantería Inmemorial, director da escola de aplicación e tiro, xefe da LXXXI división de Oviedo, director xeral de ensino militar, e capitán xeneral da VII Rexión militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura. En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou X. L. Méndez Ferrín (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Estudiou ciencias exactas e dereito en Santiago de Compostela e Madrid. En 1935 ingresou por oposición na Maxistratura, na categoría de fiscal. Tras pasar polas audiencias de Oviedo e Pontevedra, trasladouse a Barcelona, cidade onde desempeñou o cargo de avogado fiscal e na que residiu ata a súa morte. Foi presidente da Federación de Sociedades Rexionais e Provinciais e do Centro Galego de Barcelona dende a década dos cincuenta ata os setenta, cargo que lle permitiría levar a cabo un gran labor difusor da cultura galega en Catalunya. Foi director da revista Alborada e colaborou con asiduidade en diversas publicacións. Ademais da edición de varios libros de temática xurídica, iniciou a súa actividade literaria co sainete en verso Amor e eleuciós (1930), ao que seguiron os seus poemarios Orballo ispido (1954), O ronsel do meu silenzo (1955), Canta de lonxe o corazón do tempo (1969) e a antoloxía poética Vendima (1982)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Informático. Coñecido como Casdeiro, licenciouse en Informática na Universidad de Deusto. Traballa no desenvolvemento de aplicacións multimedia e páxinas web e imparte cursos e seminarios relacionados coa informática e Internet. Entre as súas webs destaca a titulada Fillos de Galicia, destinada a funcionar como un Centro Galego Virtual.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde da súa cidade natal (1916-1917 e 1925-1927), promoveu a celebración do I Congreso de Estudios Gallegos (1919) e organizou, por vez primeira en Galicia, cursos de extensión universitaria impartidos por catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela. No seu último período na alcaldía realizou un notable labor construtor, reflectido nos edificios da Audiencia Territorial de Galicia, a Delegación de Facenda, o Banco de España, o edificio de Correos e o Cárcere. Desde o concello xestionou a creación de bibliotecas anexas aos monumentos dedicados a Pondal, Concepción Arenal e Rosalía de Castro. Autor de numerosas obras e folletos sobre temas diversos, destacou no eido do dereito e da lexislación e publicou, entre outras obras, Causa del crimen de las Grañas del Sor (1902) e El Código del menor. Índice de normas jurídicas para la protección de menores. Informe presentado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Fundou o primeiro departamento de xeografía aplicada de España e creou a primeira licenciatura de Xeografía, independente da de Historia. Entre 1965 e 1985 foi catedrático de Xeografía na Universidad de Madrid e director do Instituto de Geografía Aplicada do CSIC e da revista Geographica. Investigou os movementos migratorios e naturais da poboación de España.
VER O DETALLE DO TERMO