"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

    1. Pertencente ou relativo aos entomostráceos.

    2. Crustáceo da división dos entomostráceos.

    3. Antiga división dos crustáceos, proposta en 1806 por Pierre André Latreille, que agrupaba os branquiópodos e branquiúros, cefalocáridos, copépodos, cirrípedes, ostrácodos e mistacocáridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Co título completo de Entremés famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portogueces sobre la pesca del río Miño. Año de 167... Compuesto por el licenciado Gabriel Feyxó de Araújo. Año de 1671, trátase da primeira peza teatral conservada da literatura galega e a única mostra dramática dos Séculos Escuros. Composta por 433 versos e dividida en nove escenas, recrea as disputas que teñen lugar entre galegos e portugueses a causa da pesca con redes no río Miño, un conflito de base histórica protagonizado polo galego Gorgorio Roleiro, que defende as normas consuetudinarias da pesca no Miño baseándose en documentos antigos, e un fidalgo portugués que utiliza a forza para acadar o seu obxectivo. A obra comeza cos respectivos monólogos do portugués e do galego nos que ambos insultan ao bando contrario e expoñen as causas da liorta, que desemboca na morte dun portugués. Finalmente, debido ao temor que sente Roleiro ante a xustiza e o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha na pel de cor morada que se produce por extravasación de sangue aos tecidos. Con frecuencia aparece despois dunha contusión. Tamén se denomina hematoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi secretario de Carlos I e, como notario maior, autorizou a súa renuncia en Flandres en favor de Filipe II (1555). Foi secretario dos consellos de Indias e da Inquisición con Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante de Ermesinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa inquieta e que anda dun lado para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escamosos.

    2. Réptil pertencente á orde dos escamosos.

    3. Orde de réptiles de corpo alongado e cilíndrico, cuberto de escamas ou placas córneas escutiformes, co órgano copulador do macho formado por dous hemipenes que se xuntan durante a erección e forman un espermatiduto, e cunha abertura cloacal transversa. Divídense en tres grandes subordes: sauros, anfisbénidos e ofidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten escuma.

    2. Que produce escuma ou se transforma en escuma.

    3. Que ten aspecto ou consistencia de escuma.

    4. iño que contén, como consecuencia dun método de elaboración especial, gas carbónico de orixe endóxena. En xeral, están feitos seguindo o méthode champenoise ou semellantes. Destaca, entre eles, o champaña francés, aínda que se fan escumosos en case todo o mundo: Alemaña (Sekt), Australia, California (Mumm Cuvée Napa), España (cava), outras rexións de Francia, Italia (Asti Spumante), Nova Zelanda e Sudáfrica (Cap Classique), todos eles brancos. Tamén se producen escumosos rosados e tintos en pequena proporción. En Galicia houbo algúns intentos de facer viños escumosos que non perseveraron. En 1988 e 1989 a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro realizou unha primeira experiencia, sen nome na etiqueta, aínda que no seu día recibiu as denominacións de Nicacham (nin cava nin champaña) e Amadeus. Uns anos despois, a sociedade Caves do Ribeiro lanzou o produto Fin de Siglo, que non tivo moito éxito. As adegas Morgadío e, sobre todo, Adegas das Eiras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Dolique, Siria 379?) Bispo de Samosata. Adversario dos arianos, aos que apoiaba o Emperador Valente, foi desterrado por este a Tracia (374). Á morte do emperador retomou o seu cargo (378), ata o seu asasinato por un ariano. A súa festa celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluxo de disolvente da parte máis concentrada á máis diluída a través dunha membrana permeable, a causa da presión hidrostática. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao espazo exterior á atmosfera terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é extremado.

    2. Que expresa claramente os seus sentimentos e afectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral en lingua galega editada polo Servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo e que apareceu por vez primeira en outubro do ano 2000. Cunha tiraxe inicial de 15.000 exemplares, a publicación incluía información referida aos distintos departamentos municipais, unha sección de cómic e colaboracións de persoeiros vigueses distinguidos pola súa actividade. Distribúese entre os sectores comerciais e hostaleiros da cidade olívica como instrumento para a comunicación entre o concello e a cidadanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MOS de porta flotante e inxección por alude, utilizado en familias de memorias EPROM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten fama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición internacional de carácter temporal de maquinaria agrícola, forestal, de obras públicas e de construción, xunto á industria do moble, da alimentación, do turismo e da decoración, que se celebra no recinto feiral de Ferrol para promover o seu coñecemento e venda. O ministerio de Economía e Comercio outorgoulle a categoría de Internacional en 1985. A súa orixe remóntase á Feria de Industria y Artesanía que tivo lugar en Ferrol entre agosto e setembro de 1953, segundo un proxecto do Círculo Mercantil e Industrial para favorecer a economía ferrolá. En febreiro de 1959 constituíuse o Consorcio Pro-Ferias y Exposiciones, que se ocupou da organización da I Feria de Muestras (1963) e solicitou da Asociación de Ferias de España (AFE) o seu ingreso nesta entidade; dende 1964 pasou a denominarse Feria Nacional de la Industria Naval y de Muestras del Noroeste. En xullo do 2002 celebrouse a súa 40 edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Tormes e Duero (1.782 h [1996]). Nos últimos anos desenvolveuse unha importante actividade agrícola baseada no cultivo de froiteiras e cereais. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1974, do seu patrimonio cultural destacan o castro de El Castillo, a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e os restos do castelo de dona Urraca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha cruz de ouro, recrucetada e cargada dun corazón, de goles, pingando sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, músico e dramaturgo. Coñecido como Juan del Encina, estudiou en Salamanca, pertenceu ao coro da catedral e estivo ao servizo do duque de Alba. En Roma estivo ao servizo dos papas Alexandre VI, Xulio II e León X, e en 1519 ordenouse sacerdote e peregrinou a Xerusalén. A súa obra poética (Cancionero, 1496) reúne composicións de xuventude, de ton popular, e van encabezadas por unha Arte de la poesía castellana, que contén algúns indicios da preceptiva renacentista. Considerado o pai da literatura dramática española, a súa obra supuxo a transición entre o teatro litúrxico medieval e o renacentista. Autor de églogas e composicións dramáticas dialógadas onde se cantaba a vida idealizada do campo, recolle moi diversas temáticas, desde a paixón de Cristo, como na Representación á la santísima resurrección de Cristo (1494), ata os temas profanos, como o Auto del Repelón (1496) ou Égloga de Carnaval y Antruejo (1496), sen esquecer aquelas...

    VER O DETALLE DO TERMO