"Nande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 594.
-
GALICIA
Pintor. O seu pai, Andrés Fernández Montero, coñecido como Ollos mouros, e o seu avó, coñecido como Guinchote, foron escultores. Formouse baixo a liña de Xoán Antonio García de Bouzas. En 1794, pensionado polo conde de Gimonde, ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor. Foi profesor de debuxo na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (1806-1809). A súa obra é mostra do eclecticismo neoclasicista mesturado coas pervivencias barrocas. Antes de 1794 realizou, entre outras obras, a pintura do retablo de Nosa Señora das Dores en Santa María a Real de Conxo. Tralo breve paso pola academia, instalouse en Santiago, onde desenvolveu a fase de madurez da súa pintura (1794-1815) coas decoracións das novas igrexas de San Bieito do Campo e da Capela Xeral das Ánimas. Estas obras caracterizáronse pola presenza dun gran número de personaxes, realizadas a gran tamaño, cunhas composicións baseadas na diagonal coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que asinou o autor dunha segunda parte de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, publicada en Tarragona en 1614.
-
GALICIA
Pintor. Pintou e dourou o retablo e as imaxes da capela maior de Santa María de Adai (Lugo); e dourou e estufou o retablo maior do santuario de Nosa Señora do Camiño en San Martiño de Tiobre (A Coruña) e o pintado da imaxe de san Xosé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta. Doutora en Arquitectura e profesora de xardinería e paisaxe na Escola Superior de Arquitectura na Universidade da Coruña. Foi arquitecta do Patrimonio Artístico Nacional e visitadora de proxectos do COAG. Realizou distintos proxectos en colaboración con José González-Cebrián Tello.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e diplomático, sétimo conde de Lemos, conde de Vilalba e de Andrade e marqués de Sarria. Presidente do Consello de Indias (1603-1610), durante o seu mandato conquistouse o arquipélago das Molucas (1606). Foi vicerrei (1610-1616) en Nápoles, onde creou a Academia degli Oziosi e realizou numerosas obras públicas. Foi embaixador extraordinario de Filipe IV en Roma, comendador da orde de Alcántara e presidente do Consello de Italia (1616-1618). Destacou como mecenas de numerosos escritores, entre outros, Cervantes, Quevedo e Lope de Vega. Fundou os conventos de San Xacinto e o das franciscanas da Madre de Deus en Monforte. Escribiu Relación de la Provincia de los Quixos (1608).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Antonio Castro Andrade e Portugal.
-
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1890-1905). En 1858 foi ordenado sacerdote. Durante a súa etapa ovetense fundou e dirixiu a Igrexa de Santo Domingo de la Santa Obra do Catecismo. Foi profesor de latín, catedrático de teoloxía dogmática e reitor do Seminario de Oviedo. Escribiu en numerosas revistas e xornais, entre outras La Unidad, e traduciu ao asturiano o Evanxeo de san Mateo. Durante o seu mandato fundou varias escolas dominicais para o estudo do catecismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Algeciras 1343) Señor de Lemos, fillo de Fernán Ruiz de Castro. Criado e educado na corte de Afonso IV de Portugal, retornou a Galicia en 1320. En 1328 foi nomeado encomendeiro da cidade de Lugo e dos seus coutos e pertegueiro maior do arcebispado de Santiago de Compostela. Adiantado Maior de Galicia, o monarca concedeulle (1332) o título de señor de Lemos, xunto co de mordomo de palacio e coa concesión dos bens que os templarios tiñan nos reinos de Galicia e León.
-
PERSOEIRO
Cardeal da Igrexa Católica que ocupou o arcebispado de Sevilla. Os seus biógrafos non se poñen de acordo no lugar de nacemento; Armando Cotarelo Valledor afirma que naceu accidentalmente en Valladolid, mentres que Amor Meilán, Martínez Murguía e Otero Pedrayo, entre outros, sosteñen a hipótese monfortina. Destacou na política e na diplomacia, e foi un mecenas das artes e filántropo. Como expoñente desta última vertente destaca a fundación en Monforte de Lemos do Colexio da Nosa Señora da Antiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante. Membro do Consulado de Comercio de Bos Aires, organizou e financiou o terzo de galegos trala invasión inglesa da cidade, do que foi tenente coronel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que pasou a Castela e Andalucía. As súas armas traen, en campo de ouro, tres faixas de goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre de orixe galega. Ten a súa orixe en Alfonso Fernández de Córdoba (?-1325), neto do rico home galego Nuno Fernández de Temes, señor de Temes e de Chantada. A primeira gran liña da estirpe foi a fundada por Gonzalo Fernández de Córdoba (?-1384). Coñecida como de Aguilar ou de Priego, obtivo en 1501 o marquesado de Priego e a grandeza de España en 1520 e extinguiuse en 1569, polo que pasou a súa herdanza aos Figueroa, condes de Feria. Nesta liña destacaron, entre outros, Gonzalo Fernández de Córdoba y de Herrera e Catalina Fernández de Córdoba-Figueroa y Enríquez de Ribera. A segunda gran liña foi fundada por Diego Fernández de Córdoba (?-1435). Os seus membros foron condes de Cabra e vizcondes de Iznajar e Bujalance e extinguiuse en 1597, polo que pasou a herdanza aos Cardona-Anglesona, duques de Somma. Dentro desta liña destacaron, entre outros, Gonzalo Fernández de Córdoba y Fernández de Córdoba. A terceira gran...
-
PERSOEIRO
Militar. Fiel á causa isabelina, participou na Guerra de Granada, onde, ademais de destacar como soldado no sitio de Tájara e na conquista de Illora (1486), encabezou as negociacións para a rendición do monarca nazarí (1492). Como pago polos seus servicios, os Reis Católicos nomeárono encomendeiro da orde de Santiago e señor de Órgiva, e cedéronlle as rendas sobre a produción da seda granadina. En 1497 foi enviado a Italia, onde se enfrontou aos exércitos franceses que invadiran o Reino de Nápoles. En 1500 volveu a Italia para levar á práctica os acordos da repartición do Reino de Nápoles asinados no Tratado de Chambord-Granada. Tralas derrotas das tropas francesas en Cerignola (1503) e Gaeta (1504), consolidou o dominio aragonés en Nápoles e obtivo o título de vicerrei do Reino de Nápoles (1505-1507). Introduciu unha nova concepción militar baseada na reorganización da infantería en coronelías e no emprego táctico da artillería.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Guadalcázar. Vicerrei de Nueva España (1612-1621), fundou durante o seu goberno as vilas de Córdoba (1618), Guadalcázar (1620) e Lerma (1620), e reprimiu a sublevación dos tepehuanes. Como vicerrei de Perú (1621-1629) acabou coas loitas entre familias en Potosí e defendeu Lima dos ataques dos piratas franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Participou na conquista da costa centroamericana do Pacífico xunto con Pedrarias Dávila e liderou desde 1523 unha expedición que conquistou ata as terras do lago Nicaragua, onde fundou as cidades de Granada (1523) e León (1524).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Oposto ao liberalismo, participou na intentona absolutista de 1822. Emigrado a Francia, volveu co exército do duque de Angulema (1823). En 1833 decantouse polo réxime liberal de Isabel II e loitou contra os carlistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor liberal. Fundador e director do xornal vigués La Concordia, estableceu o seu obradoiro tipográfico en 1893. Empregou indistintamente os selos editoriais La Concordia ou M. Fernández Dios. Saíron do prelo dos seus talleres diversas obras de Neira Cancela, Besteiro Torres, F. Añón Paz, R. García Vicetto e Nicolás Taboada, entre outros. Á súa morte sucedeuno o seu fillo Miguel Fernández de Lema.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Realizou, entre outras obras, os retablos de San Miguel da igrexa de Santa Comba de Cordeiro (1742), da Virxe do Carme en Santa María a Antiga na Pobra do Caramiñal (1766) e dous colaterais para o convento do Carme en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Gran Mestre da orde de San Xoán de Xerusalén e conselleiro de Pedro o Cerimonioso (1338), foi embaixador do rei aragonés en Navarra (1351) e Francia (1356). Conselleiro do Papa Inocencio VI, compuxo La Grant crónica de Espanya (1385-1386), en parte perdida, e a Crónica de los conqueridores e traduciu ao aragonés, entre outros, o Epitome Histriarum de Xoán Zonaras (1386) e o Secreta Secretorum de Aristóteles.
VER O DETALLE DO TERMO