"Oín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • Parte da informática relacionada co deseño, a produción, a utilización e as consecuencias dos microordenadores. A microinformática, que naceu coa aparición dos primeiros microordenadores, sufríu unha evolución extraordinaria en poucos anos. De feito, o microordenador foi ideado como unha versión simplificada e para o uso persoal dun usuario, en contraposición aos grandes ordenadores, propios das grandes instalacións informáticas e centros de cálculos e de xestión de gran capacidade. A constante evolución dos microprocesadores aumentou a capacidade de memoria, a aparición de programas cada vez máis potentes e o uso de redes locais, o que constitúe o futuro a curto prazo da informática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa astuta ou con malicia que baixo unha aparencia de inxenuidade ou humildade consegue o que pretende.

    2. melche dangre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que anda polas feiras e festas, vendendo ou mendigando, e que con aparencia de humildade ten a habilidade de enganar a xente.

    2. Persoa que anda en asuntos pouco claros, enganosos e mesmo ilegais.

    3. Persoa lacazá e desvergonzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, fillo de Jules Moinaux. Coñecido como Georges Courteline, foi un dos grandes humoristas en lingua francesa, cunha gran forza satírica nas súas comedias teatrais, moitas delas levadas ao cine. Da súa produción destacan as obras Les Gaîtes de l’escadron (1886), Les femmes d’amis (1888), Boubouroche (1893) e Paix chez soi (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph-Désiré Moineau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escenógrafo e humorista francés, pai de Georges-Victor-Marcel Moinaux. Coñecido como Jules Moinaux, dedicouse sobre todo á realización de óperas cómicas, das que destacan Pepito (1853), con música de Offenbach, ou Le Canard à trois becs (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Máquina desintegradora que se emprega para moer gran e, en xeral, materiais sólidos. Os primeiros muíños eran empregados para a obtención de fariñas, pero máis adiante, o campo de aplicación ampliouse, entre outros, á obtención de aceites ou para moer minerais. Durante o Neolítico, as sociedades sedentarias agrícolas usaban dúas pedras ou dous corpos duros co fin de triturar, por presión manual, os grans dos cereais. Os gregos, e despois os romanos, xa empregaban muíños a base de dúas pedras planas, e máis tarde o muíño constituído por unha parte fixa e outra móbil en forma de cono. Aínda que estes muíños eran de tracción animal, no s I a C xa se coñecían os muíños de auga. Cara ao s XI apareceron en Alemaña os primeiros muíños de vento que se estenderon rapidamente, cos de auga, sobre todo a causa da falta de man de obra. Posteriormente, a evolución tecnolóxica do muíño foi lenta, ata que, a partir da segunda metade do s XVIII, coa revolución industrial, as novas necesidades e o uso progresivo...

      2. Edificio no que se instala o muíño.

      1. Instrumento para moer pequenas cantidades de materias granulosas. Os muíños de man normalmente trituran os grans entre os dentes de dúas engrenaxes cónicas, e os eléctricos baséanse na acción desintegradora dunhas aspas metálicas que xiran a gran velocidade por medio dun motor eléctrico.

      2. Aparato electrodoméstico que se emprega para a trituración de diferentes produtos de aplicación culinaria. Os máis correntes empréganse como aparatos moedores de café, pementa e outros sólidos secos.

    1. Aparato de moer que reduce as substancias a fragmentos pequenos.

      1. Máquina que frega o fío de xute e o distribúe en mandas.

      2. muíño sedeiro

        Máquina que se emprega para torcer ou retorcer os fíos de seda, de raión ou doutras materias artificiais ou sintéticas de filamento continuo. Consta dun gran número de fusos dispostos formando un arco, impulsados por unha correa continua única que os fai dar voltas a unha gran velocidade. Estes fusos levan uns rodetes onde vai enrolado o fío que se quere torcer.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se presenta en forma de agullas de cor laranxa que funden a 270-272°C con descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi bispo de Caors (1679) e de Châlons-sur-Marne (1680), arcebispo de París (1695) e cardeal (1700). Interveu na disputa xansenista, pero ao non aceptar a bula Unigenitus dividiu a Igrexa de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Coñecido como abbé Nollet, descubriu o fenómeno da osmose dos líquidos (1748) e foi o primeiro en demostrar que o son se propaga dentro da auga. Inventou o primeiro electroscopio (1747) e está considerado o fundador da electroterapia empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso da Grecia clásica, de pequeno tamaño, con asa e bico trilobulado, que se empregaba especialmente para servir o viño nas copas. É semellante ás xerras utilizadas para servir líquido en que flotan sólidos e impiden que estes caian. A asa colocábase xeralmente por riba do bico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen escoita.

    2. Alumno que, sen estar matriculado nunha clase, asiste a ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Colaborou, entre outras numerosas publicacións, en Mercure de France, e dirixiu La Nervie. Tivo un papel importante entre os simbolistas, e defendeu a arte pola arte. Das súas obras destacan Hubert Ponscarme (1907), Évolution de la medaille au XIXe siècle (1907), Métabolisme (1921), L’evasión spirituelle (1921) e Véronèse (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi pintor oficial de Federico I de Prusia e do seu fillo Federico II de Prusia o Grande. Decorou as residencias reais de Charlottenburg, Postdam e Sans-Souci, e cultivou o retrato (Federico II e o seu irmán Guillerme, 1714).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que forma cristais aciculares monoclínicos, que se funde a 225° C.

    VER O DETALLE DO TERMO