"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Entidade de carácter privado creada en 1991 como froito da iniciativa conxunta das principais empresas da industria téxtil e da confección de Galicia co gallo de apoiar o sector. Os seus socios fundadores son as empresas: Florentino, Unicén, Antonio Pernas, Volvoreta, Roberto Verino Difusión, Géneros de Punto Montoto, Creaciones Toypes, Jealfer, Pili Carrera, D’AQ, Caramelo e Adolfo Domínguez, aos que logo se engadiron Mafecco e Selmark. O cargo de presidente desta asociación rota entre os distintos membros: José Fernández Valencia (Unicén, 1991-1996), Ramón Lavandeira Muiños (Caramelo, 1996-1998); dende 1998 está presidida por Adolfo Domínguez. O seu fin prioritario é o fomento e desenvolvemento das actividades a prol do sector téxtil e da confección de Galicia, así como a representación, defensa e promoción dos intereses profesionais, sociais e culturais dos seus asociados, incluíndo a organización dun constante labor formativo e de promoción profesional dos seus afiliados. Neste sentido,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal aparecida en Vigo no ano 1902 e subtitulada “Órgano de la asociación general benéfica de dependientes de comercio de Galicia”. Cesou en 1904. Foi editada na imprenta pontevedresa de Xoaquín Poza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O asociacionismo vai unido a diversos procesos de cambio social, tanto na finalidade dos grupos como no seu funcionamento e distintas formas de organización. O asociacionismo galego, como conxunto de relacións sociais derivadas da adscrición e pertenza a grupos sociais, está afectado por procesos de urbanización, de comunicación, de infraestrutura económica e das condicións políticas e culturais que afectan á vida social. Existe unha relación bidireccional, xa que as circunstancias tecnolóxicas, culturais, políticas, económicas, etc, impregnan as condicións que retraen ou impulsan a formación dos conxuntos de asociacións e, así mesmo, eses movementos asociativos rematan por impulsar, estimular ou retraer a acción destes axentes. En sentido extensivo, o asociacionismo ou polisinodia galega, inclúe todos os grupos que, como tales, máis que como acción individual con personalidade propia exercen a actividade pública. Os grupos políticos, sindicais, profesionais, colexiados, cooperativistas...

    2. Teoría psicolóxica e filosófica segundo a cal as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan, grazas ás súas combinacións, todas as outras actividades psicolóxicas (imaxinación, memoria, pensamento, sentimento). D. Hume e D. Harley son considerados os seus fundadores. Constitúe o primeiro intento por establecer unha psicoloxía científica e obxectiva, e inflúe profundamente nas teorías clásicas da aprendizaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario do asociacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O nacemento das asociacións de prensa en Galicia, como institucións de agrupamento e defensa dos xornalistas é un fenómeno que se sitúa entre os anos finais do século XIX e primeiros do XX. Galicia é, neste ámbito, unha das primeiras comunidades na que xorden este tipo de entidades, con perfís netamente asistenciais, por riba doutras consideracións de xeito gremial ou mesmo sindical. As asociacións de prensa de Galicia corresponden, no seu primeiro momento, ao proceso histórico que vén definido polo paso do xornalismo esencialmente político ou comercial e mercantil a un verdadeiro xornalismo noticioso ou informativo, que demanda profesionais dedicados a actividades informativas, fronte ao período anterior no que personaxes do mundo político, editores de periódicos, reclamaban ser xornalistas de seu, facendo do periódico unha ferramenta máis dentro dunha estratexia de expansión das súas ideas partidarias. A primeira asociación de prensa que xorde en Galicia é a da Coruña, datada en 1905....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de asociar.

    2. Que forma parte ou quen é membro dunha asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carente de sentido social.

    2. Que rexeita os hábitos de vida da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir.

    2. Axuntar, encadear pensamentos (imaxes, conceptos, etc).

    3. Xuntarse un grupo de persoas para un mesmo fin.

    4. Indicarlle a un equipo informático que un arquivo en particular debe ser sempre procesado por un programa en concreto de xeito que, a seguinte vez que o usuario abra o arquivo, ese programa se iniciará de forma automática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende cara á asociación.

    2. Propiedade en virtude da cal para operar tres números pódense asociar dous calquera e substituílos polo resultado da operación parcial deles e despois operar o resultado parcial co terceiro número sen que varíe o resultado final. A expresión formal da propiedade asociativa é: (a x b) x c = a x (b x c) multiplicación, (a + b) + c = a + (b + c) adición, (a * b) * c = a * (b * c) para unha operación abstracta representada co símbolo *.

    3. Relacións, semánticas ou formais, que se producen entre os signos dunha lingua, de maneira que se enlazan formando grupos de representacións (Paul). Estas relacións contrapóñense a miúdo ás relacións sintagmáticas (Saussure) ou discursivas (Bally), que se producen entre os membros dunha mesma frase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade constituída na Coruña en febreiro de 1999. O seu obxectivo é fomentar o recoñecemento dos escritores galegos en lingua portuguesa e facilitar a súa comunicación cos escritores de países que teñen o portugués como lingua oficial, así como favorecer a difusión pública da súa obra e actividade literaria, artística ou científica. Unha das primeiras actividades da AGE é a elaboración dun repertorio bibliográfico da produción escrita en portugués en Galicia, difundida pola Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naceu en Ourense no 1984, encargada de organizar na Escola Universitaria de EXB da cidade de Ourense a denominada “Escola Ibérica de Verão-Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal”. Trátase dun movemento de renovación pedagóxica reintegracionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Naceu en 1981 co obxectivo de “acadar umna substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego” na área galego-luso-africana-brasileira. Tendo como principal referente a Carbalho Calero, busca a normalización dos usos lingüísticos do galego e o favorecemento dunha normativa lingüística reintegracionista, científica e independente. Desde 1982 está presidida por Mª do Carmo Henríquez Salido. A súa estrutura de funcionamento componse dunha asembleia de sócios e dun conselho formado por investigadores como Monterroso Devesa, Gil Hernández, Filipe Seném, Ramom Lôpez-Suevos, Elvira Souto, Nemésio Barxa, Manuel Portas, Luís Gonçalez Blasco, Joám Costa ou Bernardo Penabade. Componse tamén de diversas comisións como “Textos Religiosos”, “Sociolingüística” e “Comissom Lingüística” integrada, entre outros, por Isaac Alonso Estravis, Henrique Rabunhal, José Luís Rodríguez Fernández ou José A. Souto Cabo. Esta comisión elaborou tres libros que recollen o pensamento lingüístico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia norteamericana de información fundada en 1848. É a máis antiga do mundo e a máis importante das existentes. Ocupa a máis de 2.500 periodistas, ten máis de 100 axencias en 67 países, comprende máis de 10.000 abonados e difunde noticias a máis dun centenar de países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional que tiña como filial en España á Aliança d’Intel-lectuais per a la Defensa de la Cultura, creada en València cara ao 1934. Adoptou o nome de Unión de Escritores e Artistas Proletarios (UEAP). Publicou as revistas Nueva Cultura e Cuadernos de Nueva Cultura. En plena Guerra Civil (1936-1939), acentuou as súas tendencias para favorecer o desenvolvemento da cultura catalá no País Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das Nacións do Sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en 1997. O seu presidente é Zoé Barboff e o secretario xeral Patrick Tort. A sede social está en Romanville (París), aínda que o seu ámbito de actuación é internacional. Está declarada de utilidade pública polo goberno francés debido ao seu importante traballo científico e ao seu proxecto educativo. A asociación organizou o Congreso Pour Darwin (1997) e é a promotora do Institut Charles Darwin International. Os obxectivos desta asociación son: facer coñecer e desenvolver as investigacións orixinais en materia de bioloxía da evolución; publicar a obra completa de Darwin; rectificar os erros históricos de interpretación da teoría da evolución e loitar contra os usos ilexítimos do darwinismo con finalidades racistas, euxenésicas ou discriminatorias; demostrar a inexactitude das teses creacionistas ou neoprovidencialistas na bioloxía evolucionista; defender o laicismo na ciencia, tanto no seu exercicio como no ensino; promover un diálogo prioritario entre as ciencias...

    VER O DETALLE DO TERMO