"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado na cabeceira do río Auliencia, ao pé da serra de Guadarrama (8.554 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura, na gandería e en certa actividade industrial (lácteos, estudios cibernéticos) e comercial. A vila foi orixinariamente un pequeno casarío e desenvolveuse despois de que Filipe II ordenase a construción do palacio real e mosteiro de San Lorenzo de El Escorial. En 1792 Carlos IV segregouno do municipio de San Lorenzo de El Escorial, ao que está practicamente unido, e onde se sitúa o palacio-mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que seguiu á conspiración dun sector da nobreza cortesá dirixida polo príncipe de Asturias, o futuro Fernando VII, contra Manuel Godoy e Carlos IV (1807). Descuberta a conspiración en El Escorial, onde estaba a corte, e arrestado o príncipe, este asinou unha petición de perdón que lle foi concedida en novembro do mesmo ano e delatou os seus colaboradores, absoltos no proceso de xaneiro de 1808, pero desterrados. Ante estes feitos, o pobo radicalizou aínda máis a hostilidade cara a Godoy, que se fixo patente pouco tempo despois no Motín de Aranjuez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial.
-
PERSOEIRO
Escritor e realizador de cine. Os seus guións baseábanse en temas relixiosos e políticos. O director dalgunhas destas películas foi Rafael Gil, como Balarrasa (1950) ou La Señora de Fátima (1951). A primeira película que dirixiu foi El hombre de la isla (1959). Na mesma liña dirixiu Dulcinea (1962), El golfo (1970), La lozana andaluza (1976), Esperando a papá (1980) ou Montoyas e Tarantos (1989), ademais das series de televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo río Deba (3.999 h [1996]). As actividades relacionadas coa industria, principalmente a metalurxia, son a base da súa economía. Tamén destacan a agricultura (cereais) e a cría de gando ovino e porcino. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o túmulo de Puntiaga, onde foron achados os cascos de Axtroki, e o castelo de Aitzorrotz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Barcelona en 1860 polos irmáns Josep e Pau Espasa i Anguera co nome de Espasa Germans. Inicialmente, ademais de El Mundo Ilustrado, a súa actividade centrouse en publicacións en catalán e así editou o Dicionari de la llengua catalana (1864-1865), de Labérnia, e a Gramàtica catalana, de Bofarull e Blanc. En 1905 comezou a edición da Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana, coñecida popularmente por Enciclopedia Espasa. A partir de 1908 continuaron o labor editorial os seus fillos Josep, Joan e Lluís Espasa i Escayola. En 1926, cando a Editorial Hijos de J. Espasa xa publicara 50 volumes da Enciclopedia Universal Ilustrada, produciuse a fusión con Calpe (Compañía Anónima de Librería y Publicaciones Españolas), fundada en 1911 en Madrid. Nese momento, converteuse nunha das principais editoriais de Europa, con proxección en Arxentina e México. Dende a súa constitución, Espasa-Calpe ten ao seu cargo a edición do Dicionario...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘enterrar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que conxuga os métodos e técnicas de estudo da historia e da etnografía para reconstruír a historia e a cultura dos grupos indíxenas independentes ou sometidos ao poder colonial, dos grupos con cultura tradicional e dos grupos marxinais contemporáneos e as súas relacións cos demais grupos cos que se interrelacionan. As súas orixes son as historias escritas polos primeiros exploradores e navegantes. Na década de 1940 o antropólogo francés C. Lévi-Strauss formulou a necesidade de combinar a historia e a etnografía para avanzar no estudo de determinadas sociedades. O termo cuñouse nos EE UU para designar a investigación antropolóxica destinada á interpretación e ao rescate dos documentos antigos dos indios norteamericanos para devolverlles das terras que se lles expropiaran durante a conquista. A súa metodoloxía estableceuse no libro de W. Sturtevant Anthropology, History and Ethnohistory (Antropoloxía, historia e etnohistoria, 1956). A partir da década de 1960 comezaron...
-
-
Estado de benestar psíquico e físico que se caracteriza por unha sensación xeral de potencia física, capacidade de ideación e receptividade, e por unha tendencia á interpretación optimista dos feitos. Ás veces pode coincidir cunhas condicións de saúde real, pero como fenómeno patolóxico relaciónase con estados de intoxicación, como os producidos polo alcohol ou os estupefacientes, ou con enfermidades do sistema nervioso, como a psicose maníaca ou a parálise progresiva.
-
Estado de ánimo propenso ao optimismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en León arredor de 1960. Conta con máis de 4.000 títulos publicados e está formada por 16 empresas do mundo do libro: Aizkorri, Edicións Cadí, Ediciones Gaviota, Editorial Everest, E. Everest Andalucía, Everdidac Internacional e E. Everest Galicia, con sede na Coruña. A súa liña de traballo está orientada fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil e ao material educativo. En lingua galega, as súas coleccións divídense en: “Montaña Encantada”, “Punto de Encontro”, “O meu mundo Disney”, “O Neno, a Nena e o Bau”, “Libros de texto” e “Material educativo”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión na epiderme, xeralmente provocada por unha rascadura, e que aparece cuberta de sangue ou de carapola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provocar unha excoriación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento público en que, en nome do Rei, se consigna unha sentenza firme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heteroforia en que a desviación é cara a fóra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se fai ou ocorre sen a intervención dos sentidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se encontra fóra dos límites territoriais dunha xurisdición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito ou privilexio baseado nunha ficción xurídica que considera persoas, cousas e locais como se estivesen fóra do territorio en que se atopan para continuar sometidos ás leis dos seus países de orixe.
-
-
Emprego e oficina do factor.
-
Fábrica ou complexo industrial.
-
Establecemento industrial ou de comercio, especialmente os situados nas colonias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada a principios dos noventa por Cristina Domínguez. Destaca polo seu rigor interpretativo e pola coidada posta en escena, que se potencia cunha coidada selección de textos. Entre os espectáculos producidos destacan Voces no vento (1992), recital poético sobre textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Luís Seoane ou Manuel Antonio; Na soidade dos campos de algodón (1994), sobre o texto homónimo de B. M. Koltès; Para o leste do Gantry (1997), baseado na obra de Edward Thomas; Cantos, contos, contas (1995), a partir dun texto de Xavier Picallo dirixido por Alfredo Rodríguez; A casa de América (1998), cun novo texto de Edward Thomas; As presidentas (2000), sobre un texto de Werner Schwab ou Coitelos nas galiñas (2001), segundo un texto do autor escocés David Harrower.
-
-
Relativo ou pertencente ao factor.
-
Produto dos números naturais consecutivos, dende o 1 ata o número do que se calcula a factorial (n). Represéntase mediante o símbolo! (n!). Así 4!=1·2·3·4=24. A xeneralización da noción de factorial a números non naturais é posible mediante a función Γ de Euler.
-
Técnica estatística que trata de describir e explicar as relacións entre unhas variables aleatorias directamente observables e outras latentes tamén aleatorias, denominadas factores, e que poden ser a causa das primeiras. Case todos os modelos supoñen relacións lineais entre as dúas clases variables. Adóitase facer a análise partindo dun número moi grande de observacións, para cada unha das que se terá un conxunto de resultados que forman a matriz dos datos. Mediante esta matriz calcúlanse os coeficientes de intercorrelación entre as variables e despois as saturacións das variables nos factores comúns e as comunidades de cada variable. Denomínase tamén deseño experimental.
-