"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Mámoa situada na aba dos Chans do Iroite (Boiro). Conserva restos dunha cámara de planta poligonal formada por cinco chantas, das que só dúas sobresaen da mámoa, que é de pequenas dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O que arma ou axunta varias pezas dun obxecto.

    2. Persoa ou sociedade que se dedica profesionalmente á explotación dunha ou varias naves das que non é preciso que sexa o dono do aparello, aínda que adoita fornecela dos medios necesarios para as faenas de pesca. Durante os ss XVIII e XIX o armador podía posuír un almacén de salgadura, co que completaba a parte industrial desa actividade. Nos portos dedicados á pesca costeira, de baixura, diferenciábase os armadores segundo o aparello de pesca que empregasen: armador de arte, de xeito, de arrastre, etc. Con posterioridade, a palabra armador adquiriu un uso preponderante respecto ao de navieiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de vestimenta formada polo conxunto de pezas de ferro (arnés, coiraza, helmo, loriga, etc) que protexía o corpo dos antigos combatentes.

    2. Conxunto de pezas unidas entre si que constitúen a parte ríxida que sostén un obxecto.

    3. Conxunto de barras ou cables de aceiro que forman o esqueleto dunha peza de formigón, armado ou precomprimido, e que se colocan dentro da súa masa para que o conxunto siga apto para resistir esforzos de tracción, comprensión, cizallamento. As armaduras de barras adoitan estar constituídas por unhas barriñas de aceiro enrugado dispostas ao longo da peza ou por outras barras delgadas ou estribos, colocadas transversalmente, ligadas ás primeiras. As barras dispostas ao longo forman a armadura comprimida ou a armadura estirada, segundo o esforzo ao que son sometidas as barras sexa de comprensión ou de tracción.

      1. Peza metálica concibida para ser sometida á acción dun imán ou dun electroimán; normalmente é de ferro ou de aceiro.

      2. Cada unha das follas ou placas metálicas que fan de electrodo nun condensador.

      3. armadura de dínamo

        Masa ou núcleo de ferro ou de aceiro doce sobre o que se montan os circuítos do inducido. Forma parte do circuíto magnético da dínamo. As armaduras adoitan ser de perfil dentado, pero na máquina de Gramme son lisas. Fanse con pranchas de 0,5 mm de espesor, separadas unha da outra por papel illante.

      4. armadura dun imán

        Peza de material magnético que serve para unir os polos dun imán permanente a fin de que pechen o circuíto magnético e non se produza unha desmagnetización progresiva mentres non se usa o imán. Os imáns de ferradura teñen sempre armadura. Os de barra ordinariamente non a teñen; en todo caso, únense dúas barras de características semellantes de maneira que se encaran os polos opostos. Ás veces a armadura é un imán permanente e daquela dise que é polarizada.

    4. Conxunto de cadernas, quilla e outros elementos que forman o esqueleto dun barco.

    5. Conxunto de accidentes, colocados inmediatamente despois da clave e antes da posible indicación do compás, que afectan ás notas escritas a continuación mentres non se atope ningunha outra alteración ou cambio de armadura, e determinan así a escala dun fragmento musical.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte (675 km2; 49.900 h [estim 1983]). A capital é Armagh (13.602 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da Gascuña, Languedoc, que forma, en boa parte, o departamento de Gers. É unha terra de ondulacións montañosas, con bosques nas partes máis altas e bancos de area e arxilas terciarias nas pendentes, plantadas de viñas, das que os seus acios se empregan para a fabricación de viños brancos, e dos que se obtén a coñecida augardente armañac. O condado de Armagnac foi creado no 960 a favor de Bernaldo I o Birollo. Máis tarde foron incorporados os condados de Rodés e de Carlat e os vizcondados de Lomanha, Autvilar, Comenges e de Charolais. O Rei Enrique III de Navarra e IV de Francia incorporou o condado á Coroa no 1607. Luís XIV cedeullo (1654) a Enrique de Lorena-Guisa, conde de Hartcourt, que o mantivo ata a Revolución Francesa (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de armar ou de armarse.

      1. Conxunto de armas e municións a disposición dun exército, dun corpo armado, dun individuo, dun barco, etc.

      2. Conxunto de todo o que constitúe a potencia militar dun estado (armas e municións, barcos, avións, bases militares, industrias de armamento, etc).

      1. Acción de armar barcos.

      2. Fase final da construción dun barco, comprendida entre a botadura e a entrega aos propietarios.

      3. Conxunto de efectos que teñen por finalidade armar barcos.

    2. Conxunto dos medios mecánicos dos que dispoñen os portos para facilitar as operacións de carga e descarga dos barcos.

    3. Acumulación competitiva de armamentos entre dous ou máis estados con finalidade disuasiva. Pódese falar de carreira armamentística xa desde a Primeira Guerra Mundial, pero desenvolveuse propiamente a partir da Segunda Guerra Mundial, agudizado pola produción de grandes avances tecnolóxicos (radar, mísiles, armas nucleares) e motivado pola acumulación dunha gran cantidade de armamento. Durante a Guerra Fría, coa creación dos dous bloques militares, a carreira de armamentos continuou, estimulada polos constantes progresos científicos e polo comercio de armas (industria do armamento); a principios do século XXI diríxese principalmente aos países do Terceiro Mundo. Para os países que exportan material bélico, este comercio cumpre diversos obxectivos: facer rendible o sector da produción de armamento; experimentar novos tipos de armamento e tecnoloxías en territorios de conflito situados no Terceiro Mundo; aumentar os beneficios do complexo militar-industrial dos países vencedores, mediante...

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta bilingüe residente en Río de Xaneiro. Publicou o poemario Anacos d’alma (1991), caracterizado por un ton intimista que reflicte a saudade por Galicia e polo tempo pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mosaicos romanos atopados en Lugo, nas escavacións da rúa Armañá realizadas por A. Rodríguez Colmenero e E. Alcorta en 1986. Neste mosaico predominan os elementos xeométricos que enmarcan, dispoñéndose en rexistros concéntricos, un emblema de carácter mitolóxico. A escena do emblema representa o momento en que Dédalo lle entrega a Pasífae a becerra de madeira que, recuberta coa pel dunha vaca, vaille servir para satisfacer a paixón que sentía por un touro, debido ao castigo que lle impuxeran Venus e Poseidón. Tanto pola técnica de elaboración como polo motivo representado, o mosaico dátase na primeira metade do s III, aínda que con posterioridade sufriu frecuentes reformas, concretamente na segunda metade do s IV. É un dos exemplos máis sobranceiros da musivaria romana atopados na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual en occitano, fundada en Aviñón en 1855, que seguiu editándose baixo formas diversas. Órgano principal do felibrismo, propúxose iniciar ao lector no renacemento literario do provenzal. Mistral publicou nel traballos en prosa e verso, e contribuíu a darlle un estilo peculiar, chamado “prosa de Armana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Augardente de viño elaborada na cunca de Armagnac destilando viños brancos producidos pola variedade de viña coñecida por folle blanche ou pique pouille blanc. Ordinariamente é elaborada polos mesmos viticultores con alambiques sinxelos. A graduación corrente varía de 52° a 54°.

    2. Licor espirituoso de imitación, elaborado macerando regalicia e realizando ulteriores operacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Perfeccionou o tratamento da auga de alimentación das locomotoras dos ferrocarrís franceses. Despois da Segunda Guerra Mundial foi nomeado directorxeral e presidente da SNCF. Foi presidente da Euratom (1957-1959) e formou parte do consello de administración de numerosas e importantes empresas industriais francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome introducido a través do francés Armand, variante meridional de Harmand, de orixe xermánica. A súa orixe pode estar no nome Hariman formado por hari ‘exército’ e man ‘home’, isto é, ‘home de armas, soldado’ latinizado en Harimannus; ou, máis ben, en Hardman ou Hartman, composto por hart ‘forte, afouto’ e man ‘home’. Á súa difusión contribuíu a novela decimonónica Dama aux Camèlias (A dama das camelias, 1848) de Alexandre Dumas, na que o protagonista se chamaba Armand Duval. Na vida real, destaca con este nome Armand Jean du Plessis, cardeal e duque de Richelieu. A festividade de santo Armando (s XII), bispo de Bressanone e fundador do convento italiano de Novacella, celébrase o 23 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armando Martínez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que inventa embustes e mete en leas aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e teólogo. Ingresou no convento dos Agostiños Calzados de Barcelona (1732). Foi secretario provincial (1750) e prior do novo convento de Santo Agostiño (1752), provincial de Catalunya e Aragón (1758), bispo de Lugo (1768-1785) e arcebispo de Tarragona (1785). Colaborou en todas as obras públicas da cidade, e rematou a reconstrución do acueduto romano investindo rendas da mitra (1798). Durante a súa estadía en Lugo preocupouse intensamente pola cultura e a sociedade: deu o seu azo á importante Biblioteca Episcopal (1768), creou e mantivo tres escolas gratuítas (1780) e mandou construír o cárcere (1776). O seu espírito ilustrado fixo que fora un dos principais promotores e o primeiro Director da Sociedade Económica de Amigos do País coa finalidade de estimular a economía e o ensino en Lugo. Varios dos seus traballos foron reeditados durante o s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fornecer algo ou a alguén de armas ofensivas ou defensivas.

      2. Proverse de calquera utensilio para usalo como arma.

    1. Cargar unha arma.

      1. Poñer en armas, preparar para a guerra.

      2. Tomar armas, prepararse para a batalla.

    2. Abastecer especialmente un barco de todo o que é necesario.

    3. Unir as diferentes pezas das que se compón un obxeto ou un aparato e poñelo en disposición de funcionar.

    4. Facer unha trampa para animais.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moble alto con portas que contén dentro colgadoiros, caixóns e estantes para a colocación de roupa, zapatos, mantas e outros obxectos.

      2. armario con alzadeiras

        Armario que ten engadido na parte superior un suplemento para gardar alí obxectos de pouco uso.

      3. armario de canto

        Armario que pola súa forma triangular se adapta a un canto do cuarto.

      4. armario de espello

        Armario que ten un grande espello na parte exterior da porta.

      5. armario de obra/de parede/ encaixado p ext

        Oco practicado nunha parede ou no espesor dun muro con marco e portas, destinado aos mesmos usos ca o moble.

      6. armario percheiro

        Armario que posúe unha serie de barras horizontais que permiten a colocación de numerosas perchas.

      7. armario roupeiro

        Armario destinado a gardar nel a roupa de uso persoal.

    1. Elemento dunha memoria de cinta ou disco que contén os mecanismos de accionamento, os cabezais de lectura e rexistro e, ás veces, outros aparatos tales coma unidades de control, adaptadores, etc; especialmente se ocupan un mesmo moble ou un elemento do moble (caixón de disco).

    2. Armario para secar as películas despois do procesado, no que un ventilador fai circular o aire no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xunqueira de Ambía baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Xeografía e Historia. Profesor de ensino medio e, dende 1988, coordinador da área de Ciencias Sociais no Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. Como investigador no eido da Didáctica das Ciencias Sociais, publicou unha colaboración en Textos e materiais para a Historia de Galicia (1990) e outra en Ensinar e aprender Historia na Educación Secundaria (1994), libro do que foi coordinador, e o resultado dunha investigación sobre a historia da educación: La enseñanza primaria en Santiago y su término durante el siglo XIX y primera mitad del siglo XX (1973). Así mesmo, froito do seu traballo como investigador da Historia Medieval de Galicia, escribiu as seguintes obras: La crisis del siglo XIV (1991), Pontevedra en los siglos XII a XV. Configuración y desarrollo de una villa marinera en la Galicia Medieval (1992), Poder y sociedad...

    VER O DETALLE DO TERMO