"Rande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 206.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Toiriz (Pantón). Construída no s XVIII en cantaría miúda con reforzos nas esquinas, ten planta rectangular. Na fachada destaca a solaina e a torre ameada, ademais do escudo situado no muro de peche do terreo. Nos seus arredores sitúase unha capela datada en 1714 que conseva un retablo rococó no seu interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Parada (A Estrada). Ten planta rectangular realizada en cachotaría e dous andares. Destacan as fiestras rectangulares con doseletes e a cornixa moldurada. Nas súas proximidades atópase un hórreo de cinco claros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Castrelo de Miño. Ten planta rectangular con dous patios e conta con dous andares, segundo a pendente do terreo, descendente de S a N. Posúe unha capela independente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1276-1285) e de Sicilia (Pedro I, 1282-1285), fillo de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. Polo derradeiro testamento do seu pai (1262) recibiu Catalunya, Aragón e València. Casado con Constanza Stauten de Sicilia, alegou dereitos sobre Sicilia, dominio dos Anjou. Despois das Vésperas Sicilianas, insurrección antifrancesa de 1282, corouse rei. O Papa Martiño IV excomungouno e entregou os seus reinos a Carlos de Valois, fillo do rei de Francia. Tentou fortalecer a autoridade real e enfrontouse á nobreza feudal e ás oligarquías urbanas. Nas Cortes de Tarazona de 1283 os propietarios, que formaban a Unión aragonesa, presentáronlle ao rei o Privilexio da Unión, e este tivo que ceder. Tamén os cataláns, nas Cortes de Barcelona (1283), lle presentaron peticións que foron a base do constitucionalismo catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Galgao (Abadín). O seu cumio acada os 664 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Árbol (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 569 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que forma parte da serra do Mirador e está situado no límite dos concellos de Castroverde, Pol e Baleira. O seu cumio acada os 935 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo NL da parroquia de San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 889 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santaballa (Vilalba). O seu cumio acada os 564 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Corzos (A Veiga) e Tabazoa de Hedroso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.228 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Miraz (Xermade). O seu cumio acada os 606 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento prehistórico situado en Santaballa (Vilalba). Localízase nunha pequena crista de cuarcita onde se abre un buraco na base dunha pena. Entre os achados destacan unha punta de proxectil triangular e diferentes obxectos da industria lítica, que encaixan na tipoloxía do Madalenense Final-Azilense.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte pertencente á serra do Faro, situado no límite das parroquias de Furco (Carballedo) e Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 1.106 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SO da parroquia de Mañón, no concello homónimo. O seu cumio acada os 509 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Teixeiro (Lugo). O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Reigosa e Saldanxe (A Pastoriza). O seu cumio acada os 581 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilapena (Trabada). O seu cumio acada os 542 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e escritor italiano. Formado nas universidades de Palermo, Roma e Bonn, ensinou estilística e literatura na Università di Roma (1897-1922) e formou a compañía Teatro d’Arte (1925-1928), coa que percorreu diversos países de América e Europa. Da súa obra, que analiza a psicoloxía e os conflitos da personalidade humana, cómpre destacar o ensaio L’umorismo (1908), as novelas L’esclusa (1894), Il fu Mattia Pascal (1904), I vecchi e i giovani (1913), Si gira... (1916), Uno, nessuno e centomila (1927), e as narracións breves recollidas en Novelle per un anno (1922). No apartado dramático -a súa achega máis importante-, mestura elementos da psicoloxía e da filosofía, xoga cos planos da ilusión e da realidade, e emprega o simbolismo e as paranoias. Destacan Pensaci Giacomino! (1916), Liolà (1916), Così è, se vi pare (1917), Il giuoco delle parti (1918), L’uomo, la bestia e la virtù...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras) e Santoalla do Monte (Petín). O seu cumio acada os 1.300 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO