"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Póla pequena das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pano de la, groso e áspero, co que se facían algúns traxes. Foi moi usado en toda Galicia, especialmente nos labores do campo.

    2. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘touciño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faixa estreita dun escudo heráldico, diminuída en dous tercios, e horizontal, que se repite como mínimo cinco veces alternando cores e metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Burela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Mariña Occidental, situado na provincia de Lugo no extremo NL da Comunidade Autónoma. Limita ao N e L co Mar Cantábrico, polo S co concello de Foz (A Mariña Central) e ao O co de Cervo (A Mariña Occidental). Abrangue unha superficie de 8,2 km 2 c unha poboación de 8.873 h (2007), distribuídos nunha soa parroquia, Burela. A súa capital é a vila de Burela, situada a 43° 39’ 29’’ de latitude N e 7° 21’ 45’’ de lonxitude O, 105 km ao N de Lugo e 177 km ao NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Viveiro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
    Xeografía física
    O concello de Burela está baixo o dominio climático oceánico húmido, caracterizado por abundantes precipitacións distribuídas regularmente ao longo de todo o ano (1.250 mm) e unha suavidade térmica notable, cunha temperatura media anual de 13,5°C. Nesta área costeira dáse a oscilación térmica anual máis pequena de toda a fachada occidental europea (9°C-10°C),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Burel e Burelado. As súas armas levan, en campo de prata, unha faixa de goles que ten de largo a décima parte da altura do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada na parroquia e concello de Burela, entre a praia Reliño ao N e Punta das Cabras ao S. Constitúe o extremo oriental da Serra de Buio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro da parroquia e concello homónimo, o máis importante do litoral cantábrico galego. Entre as principais capturas descargadas nos seus peiraos, destaca o bonito, constituíndo o primeiro porto do país na captura deste peixe. Á pesca desta especie dedícase a maior parte da súa flota, composta por buques de dimensión media e que traballan con artes pouco agresivas, como o curricán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nas representacións heráldicas, dise do escudo cuberto de burelas en número de 8, 10, 12 ou máis, alternando as faixas de metal e as de cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertecente a Burela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Burela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. Traballou como arquitecto para despois dedicarse á escultura. A súa obra caracterízase, nunha primeira época, polo aspecto lineal e o tratamento dos volumes e das estruturas de ferro. En 1953 gañou o concurso internacional do Monumento ao prisioneiro político descoñecido, deseño construído en Berlín Occidental no 1960. En 1962 publicou as conferencias, que pronunciara o ano anterior perante os alumnos da Slade School, tituladas Desenvolvemento creativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Construtora e manipuladora de bonecos. Estudiou marionetas no Institut del Teatre de Barcelona. Realizou diversos espectáculos entre os que destacan A guerra das Galíxias de Jorge Rey e Agasallo de sombras co Centro Dramático Galego. É tamén autora, xunto con Rafael Vázquez, de Maltraste, que estreou en 1992 co grupo Trécola, no que traballa habitualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politólogo. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de socioloxía. Iniciouse na investigación con Juan Luis Pintos, con quen realizou varios traballos sobre metodoloxía, socioloxía política e teoría sociolóxica. Posteriormente, xunto con Ramón Máiz, centrouse no estudo das identidades colectivas, os estudios de opinión e os partidos políticos, especialmente no ámbito galego. Colaborou con diversas publicacións periódicas galegas, entre as que sobresaen Grial, Ágora ou Tempos Novos, e en libros colectivos como Os nacionalismos en Europa: pasado e presente (1994). É coautor, xunto con Máiz, da edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao. Así mesmo, é autor de As fontes da socioloxía (1987), O combate dos deuses: unha introdución a Max Weber (1990) e La nación como discurso: la estrutura del sistema ideológico nacionalista, el caso gallego (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ri de seguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman para dar calor, como sinal, etc, e que producen fortes lapas.

      2. cacharela de San Xoán ETN

        Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que amontoan na tarde da véspera de San Xoán os mozos das aldeas. O amoreamento faise nun lugar céntrico do lugar e, se é posible, nun cruzamento de camiños onde están a pasar, a cotío, persoas e animais. Os veciños tentan colaborar e procuran que a súa cacharela sexa a máis grande. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, bailando e aturuxando. Ao se consumir a leña, vaise saltando por riba das últimas lapas para así poder tirar os meigallos do corpo. Ao día seguinte, pola mañanciña, faise pasar o gando por riba dos tizóns e da borralla, recitando, ao mesmo tempo, un esconxuro, para previlos de enfermidades.

    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘maseira (dos porcos)’.

    2. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘rosquilla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, estivo ao cargo da administración diocesana do arcebispado de Santiago de Compostela e exerce como profesor de humanidades en educación secundaria. É autor de Arzúa en el Camino de Santiago (1987), Arzúa no Camiño de Santiago (1988) e La Religiosidad popular en Galicia: el municipio de Arzúa (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e teórico da literatura. Profesor titular de Literatura española na Universidade de Vigo, publicou o poemario Memorial de exilio (1994), recompilación de textos escritos nos anos setenta e realizou as antoloxías poéticas O mar na poesía galega (1985), Poetisas galegas do século XX (1987) e América na poesía galega (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO