"Rita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de magnesio hidratado de fórmula MgSO4×nH2O. Cristaliza no sistema monoclínico e forma agregados incoloros ou amarelos. Ten unha dureza 3,5 e unha densidade 2,57.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feldespato calco-sódico, de fórmula (Na,Ca)[Al(Al,Si)2SiO8]. Pertence á serie das plaxioclasas, cristaliza no sistema triclínico e ten hábito tabular. A súa composición química oscila entre un 50% de albita e un 50-70% de anortita. É de cor branca ou gris e ten brillo vítreo. Ten unha dureza de 6 a 6,5 e unha densidade de 2,69 a 2,72. Aparece formando parte de rochas magmáticas básicas e intermedias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de solo, duro, propio dos climas tropicais húmidos, que se orixina a partir de rochas silíceas mediante un intenso proceso de lixiviación, non só dos sales solubles e carbonatos, senón tamén da sílice coloidal. A causa deste proceso, as lateritas son ricas en hidróxidos de aluminio e de ferro, e o humus desintégrase rapidamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de sodio, aluminio e xofre, de fórmula Na4SSi3Al3O12. Pertence á subclase dos tectosilicatos e é un dos constituíntes do lapislázuli. Ten unha cor azul escura intensa non uniforme e láminas finas traslúcidas. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,38-2,45. Emprégase desde a Antigüidade en ornamentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sílice, de fórmula SiO3. É un mineral incoloro e amorfo, non moi abundante, que se forma cando un raio cae en areas de cuarzo puro e as funde. OBS: Tamén se denomina vidro de sílice.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto eutéctico de ferro e carburo de ferro, cun contido de 9,3% en peso de C, que se forma por debaixo de 1.130°C a presión normal. A súa microestrutura está formada por unha matriz de cementita con inclusións perlíticas.
-
GALICIA
Xornalista e escritora. Foi profesora de Comunicación audiovisual na facultade de Ciencias de Información de Barcelona, decana da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Comunicación audiovisual e Publicidade da mesma universidade Exiliada en Portugal (1974-1976), exerceu como lectora de lingua galega na facultade de Letras de Porto. Foi redactora de El Ideal Gallego (1977-1980) e de El Noticiero Universal e dirixiu o semanal A Nosa Terra (1977-1980). Impulsou a creación das revistas Escrita, da AELG, Festa da palabra silenciada e A Trabe de Ouro. É autora dos libros de poesía Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto (1970) e O corvo érguese cedo (1973), das obras de narrativa Mamá-fe (1983), Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985), Porta blindada (1989), Línguas mortas, serial radiofónico (1989) e Historias como Barcelona...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurobióloga italiana. Pola súa ascendencia xudía tivo que abandonar Italia pouco antes da Segunda Guerra Mundial. Traballou na Universidade de Washington en San Luis (Missouri) e dirixiu o Instituto de Bioloxía Celular de Roma (1977). Descubriu o factor de crecemento nervioso (FCN). En 1986 recibiu, xunto con S. Cohen, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento dos factores de crecemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
siderólito.
-
-
ariedade de carbonato cálcico de textura similar á das madréporas.
-
Nome que reciben os corais fósiles.
-
-
-
Relativo ou pertencente á maioría.
-
Aplícase aos portadores (electróns ou buracos) que hai nun semicondutor en número superior á metade do total.
-
-
PERSOEIRO
Mártir, fillo do centurión san Marcelo. Foi martirizado xunto cos seus irmáns Fausto e Xauriano. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
margarida.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.
-
-
ILLAS
Illa das Antillas, situada ao NL de Venezuela. Forma, coas illas de Coche e Cubagua, o estado de Nueva Esparta. Nela sitúase La Asunción, capital de Nueva Esparta. É moi importante na súa economía a pesca e o cultivo de perlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cóctel que se fai a base de ron, xenebra, brandy ou outro licor, con limón e, en xeral, un pouco de granadina, que se serve en copa xeada. Adoitan engadirse un pouco de sifón e dúas ou tres guindas.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Discípulo de Bergson, converteuse ao catolicismo baixo a influencia de Léon Bloy (1906). Representante do neotomismo, propúxose establecer unha metafísica cristiá, ontoloxicamente fundamentada, en oposición ao idealismo moderno, que servise para as cuestións teóricas e prácticas. Escribiu La philosophie bergsonienne (1914), Art et scolastique (1920), Elements de philosophie (1920-1923), Distinguer pour unir (1932), Humanisme intégral (1936), Le crépuscule de la civilisation (1941), La philosophie morale (1960) e Le paysan de la garonne (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao marido.
-
Relativo ou pertencente ao matrimonio.
-
-
PERSOEIRO
Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África occidental que limita co Sáhara Occidental e Alxeria, ao N, con Mali, ao L e ao S, con Senegal, ao S, e co Océano Atlántico, ao O (1.030.700 km2; 2.614.000 h [estim 2001]). A súa capital é Nouakchott.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Está constituída por unha gran chaira dominada por altiplanos rochosos de pouca altitude e conforma o extremo do sector occidental do Sáhara. A costa é baixa e está rodeada de dunas. O clima é desértico, aínda que cidades como Nouadhibou e Nouakchott reciben a influencia dos ventos mariños. Non conta con correntes fluviais de cursos constantes, e tan só ao S, na liña de fronteira con Senegal, pasa o curso baixo do río Senegal, que dá lugar a unha vexetación de estepa arborizada. No interior a vexetación é espiñosa, mentres que na costa predomina a arbustiva. A maioría da poboación dedícase á agricultura de subsistencia e á gandería. Os principais cultivos son millo miúdo, arroz, millo, pataca doce, cacahuetes... -
-
Relativo ou pertencente a Mauritania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Mauritania.
-