"Roa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 265.
-
GALICIA
Fotógrafa. Graduada en fotografía plástica na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, foi mestra na Escola de Artes e Oficios Antonio Faílde de Ourense e monitora de fotografía en Caixa Galicia. Realizou exposicións en Vigo e Santiago de Compostela e foi seleccionada en Arte-Mujeres 2000 (Madrid). Recibiu o Primeiro Premio Maratón Fotográfico de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado chileno. Militou no partido liberal democrático e foi deputado e ministro de Xustiza, Instrución Pública e de Interior durante a presidencia de Pedro Montt (1907-1910). Ocupou a presidencia da República entre 1925 e 1927. Foi embaixador en España, Arxentina e Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), traballou na Misión Biolóxica de Galicia (1970-1980) e ten un master en educación ambiental (1992). Cofundadora e membro da directiva da AS-PG (1979-1985) e logo da Associação Sócio Pedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP), organizou as Escolas de Verán e as Xornadas do Ensino en Galicia. Tamén foi fundadora da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Dirixiu a revista O Ensino (1978-1990) e forma parte do equipo de redacción dos libros de texto da ESO, área de ciencias da natureza, bioloxía e xeoloxía, da Editorial ECIR e colabora con UNICEF na sección Educación para el Desarrollo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ourive. Tivo obradoiro en Salamanca, dende onde realizaba os seus traballos, entre os que destacan as urnas da catedral salmantina. O arcebispo A. de Monroy chamouno a Santiago de Compostela para que ornamentase o altar maior da catedral. Realizou, entre outras obras, o camarín e o sillón do Apóstolo e o ostensorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Conde de Romanones. Membro do Partido Liberal, foi alcalde de Madrid (1894-1895, 1897-1899) e ministro de Instrución Pública (1901), Gobernación, Fomento e Gracia e Xustiza (1905-1906). En 1912 presidiu o congreso e exerceu a presidencia do Goberno nos períodos 1912-1913 e 1915-1917. Formou novamente goberno en 1919 e tivo que enfrontarse a axitacións obreiras e nacionalistas. Foi presidente do Senado cando tivo lugar o golpe de estado de Primo de Rivera e, trala caída deste, foi ministro de Estado con J. B. Aznar (1930) e defendeu a Afonso XIII nas Cortes Constituíntes de 1931. Fundou o Diario Universal e o Globo e escribiu Las últimas horas de una monarquía (1931) e Obras Completas (1955). Foi presidente do Ateneo, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político salvadoreño. Foi ministro interino trala caída do presidente Zaldívar (1885) e ocupou a presidencia efectiva de 1907 a 1911.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe galega, traballou na Casa do Príncipe Pío en Madrid. Cultivou a paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Adscrito á escola salmantina, ordenou antes de morrer que os seus escritos fosen queimados. Os que non o foron formaron as súas Obras (1625).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación benéfica instituída polo testamento de Manuel Ventura Figueroa Barreiro, que se constituíu o 28 de novembro de 1784 coa sinatura dos testamenteiros, o conde de Floridablanca, o conde de Campomanes e Xosé Gálvez, e na que investiron as catro quintas partes dos seus bens. Os seus obxectivos foron axudar aos parentes orfos de Figueroa na realización de estudios universitarios, militares ou eclesiásticos, e proporcionar ás orfas un dote para o casamento ou para profesar como relixiosas. Se non existisen individuos para recibir estas axudas entre os seus familiares, destinaríanse aos orfos dalgunhas fregresías do arcebispado de Santiago. A súa dirección repartíase entre un Patrón de Sangue, o parente máis próximo do fundador que ten a obriga de cumprir a súa vontade e nomea un apoderado e un administrador para que o axuden, e un Xuíz Protector, nomeado por real decreto do goberno, que tivo que desempeñar con anterioridade funcións de ministro e posuír o título de letrado, e que se...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Bautista Armada Losada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Carlos II, o 6 de maio de 1675, a Baltasar Pardo de Figueroa Lupidana, aínda que o título recaeu no seu fillo máis vello Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior. A esta liñaxe pertenceron o militar Baltasar Pardo de Figueroa (?-1808) e o poeta Juan Bautista Armada Losada. No s XVIII o vizcondado de Fefiñáns pasou á súa propiedade. Leva as armas dos Figueroa: en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa; no timbre, coroa de marqués.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada no centro histórico de Cambados. Coñecido tamén como pazo de Fefiñáns, edificouno Xoán Sarmiento Valladares no s XVI e pertenceu aos Fefiñáns e aos marqueses de Figueroa. Gonzalo Valladares e Sarmiento, vizconde de Fefiñáns, reformouno en 1647. Encadra a praza de Fefiñáns, onde se sitúa tamén a igrexa de San Bieito. Ten planta en forma de L e dúas alturas, a baixa dedicada a adega e a superior a vivenda. Nun dos seus extremos ten unha torre con ameas con dous balcóns circulares na esquina. A máis longa ten unha arcada que enlaza coa leira. No exterior destacan os medallóns e os frontóns triangulares que se sitúan sobre as ventás do piso superior. Na fachada principal consérvase o escudo de armas dos Valladares, Sarmiento, Ozores, Sotomayor, Puga e Fajardo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Miguel de Figueiroa (Abegondo). Construída no s XII, ten planta cadrada e tres pisos e conserva as ameas. No 1621 reparouna Ares Pardo de Figueroa, cabaleiro da orde de Santiago. Na porta principal consérvanse os brasóns alusivos aos Figueroa. Mantén unha capela moderna cun retablo do s XVI. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Donramiro (Silleda). Ten planta rectangular, con gardapós e vans rectangulares en tres das súas fachadas, e dous pisos. Conserva unha galería con escaleira frontal no centro. Na fachada principal destaca a porta de arco de medio punto con escudos dos Suárez de Deza e Salgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos derivados do ácido fluoroacético (CH2FCOOH). Tanto este ácido como os seus derivados descompóñense no interior do organismo e liberan ácido fluorhídrico, de xeito que actúan como velenos retardados. O fluoroacetato sódico emprégase como raticida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao composto aromático que contén fluor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer froallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia moi miúda e espesa.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Da súa produción destacan Poems (1940), The Middle of a War (1942), A Lost Season (1944), Epitaphs and Occasions (1949), The Second Curtain (1953), Counterparts (1954), Collected Poems 1936-1961 (1962), From the Joke Shop (1975), Fellow Mortals (1982) e Available for Dreams (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de cousas sucias, normalmente da mesma clase.
-
Comida mal feita e de aspecto desagradable.
-
Avultamento que se forma na barriga ou na papada do porco cando está moi gordo.
-
colloada.
-