"UIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 213.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Costa baixa do mar das Antillas, que desde o río Patuca, Honduras, esténdese uns 500 km, cunha anchura de 175, ata Bluefields, Nicaragua. Foi descuberta por Cristovo Colón en 1502 e, xunto con escravos africanos e os indíxenas formouse unha poboación zamba. Os caciques da nova poboación atacaron o dominio británico en 1687 e, en 1786, o dos casteláns. No Convenio de Managua (1860), Reino Unido e EE UU recoñeceron a súa dependencia de Nicararagua. En 1895 a parte do norte pasou a Honduras.
-
GOLFOS
Golfo situado no NO de Panamá, aberto ao mar das Antillas. Ao O atópase a península Valiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
moito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de cobre, de fórmula CuCl que cristaliza no sistema cúbico. É incolora, gris ou amarela e ten unha dureza de 2’5 e un peso específico de 4’136.
-
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (685?-735). Rexeu o territorio comprendido entre os Pireneos, o Atlántico, o Loire e o Ródano, e chegou a traspasar este. En 717 foi recoñecido como soberano por Khilperico II de Neustria-Austrasia e aliouse con el para loitar contra Carlos Martel, pero foi derrotado en 718 ou 719. Ao ano seguinte fixo as paces con Carlos e entregoulle a Khilperico. En 731 aliouse co valido da Narbonense, o bérber Munussa, que se sublevara contra Córdoba, pero este foi derrotado en Libia por ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gāfiquī. En 732 al-Gāfiquī tomou Bordeos, desfixo as tropas aquitanas e saqueou Poitiers, ata que foi derrotado e morto por Carlos Martel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación, aguda ou crónica, dun testículo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome fisiopatolóxica que se caracteriza por un conxunto de signos e síntomas que revelan o fracaso na secreción das hormonas elaboradas na adenohipófise, con atrofia e hipofunción consecutiva das glándulas endócrinas que están baixo a súa influencia. As súas causas máis importantes son a necrose isquémica hipofisaria por shock hemorráxico posterior ao parto e a destrución hipofisaria producida por tumores cromófobos, por craniofarinxiomas, por granulomas infecciosos e por traumatismos craniais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Simmonds ou síndrome de Sheehan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro estadio da meiose, despois do cigoteno e antes do diploteno.
-
PERSOEIRO
Pediatra. Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e xefe do departamento de Pediatría e Puericultura do Hospital Xeral de Galicia, formouse cos profesores M. Suárez en España, M. Lust en Bruxelas, H. Hungerland en Giessen e M. Debre en París. Dentro do seu labor de investigación destaca a tipificación dun tipo de displasia denominada condrodisplasia metafisaria tipo Peña. Escribiu numerosos artigos para diversas publicacións, como Anales de Pediatría e Acta Pediátrica Española, dirixiu diversos traballos de investigación e colaborou co artigo “Le trataiment de la meningite tuberculose dans Clinique Universitaire de Saint-Jaques de Compostelle” na obra Les Antibiotiques dans l’enface (1952). É tamén autor dos artigos “Las Mucopolisacaridosis: un nuevo capítulo de la patología humana” (1966), “Enfermedad de Morquio y eliminación urinaria del queratrosulfato” (1966) e “Algunos estudios en la displasia ectodérmica congénita” (1966)...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave da orde dos psitaciformes, de 18 cm, de cor verde, coa cabeza amarela e coas as partes superiores festonadas transversalmente de amarelo e negro. Presenta unha mancha vertical en cada meixela, tres puntos negros en ambos os dous lados do pescozo e o rabo azul escuro de 10 cm de longo. É gregario e nómade. Apreciado en todo o mundo como ave de gaiola, pódese domesticar e aprende con facilidade, especialmente á hora de imitar sons, sobre todo a voz humana. Importouse por primeira vez no ano 1840 a Reino Unido, e desde entón conseguiuse, selectivamente, unha gran cantidade de cores e tons. Vive en Australia.
-
PERSOEIRO
Rei de Aquitania (817-838), fillo de Ludovico Pío e de Ermengarda. En 817 recibiu o goberno, a título de rei, de Aquitania, a marca de Tolosa e algúns condados en Borgoña. A nova distribución que en 820 realizou o emperador sobre os seus estados atopouse coa oposición dos seus fillos. Morreu dous anos antes ca o seu pai e os seus dereitos foron asumidos polo seu fillo Pipino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aquitania, fillo e herdeiro de Pipino I de Aquitania. Foi proclamado rei por algúns señores de Aquitania en oposición a Carlos II o Calvo. Estivo ao lado do seu tío Lotario I, contra Luís II de Alemaña e Carlos II o Calvo, na Batalla de Fontenoy-en-Puisaye (841), pero Lotario I abandonou cando os tres irmáns se puxeron de acordo en Verdun (843). En 845, polo Tratado de Saint-Benoit-sur-Loire, Carlos cedeulle toda Aquitania agás Poitou, Santogne e Angoumois. O mal goberno dos ministros e a súa neglixencia deron lugar a unha revolta que permitiu a intervención de Carlos II o Calvo (848), que desposuíu a aqueles dos seus estados, que recobraron en 850. Aliouse cos normandos e sarracenos para facerlle fronte ao seu tío e isto descontentou aos seus súbditos, que o abandonaron (852) e aceptaron novamente a señoría de Carlos. Caeu en mans deste, quen o fixo ingresar como monxe en Saint-Médard. Fuxiu do mosteiro e volveu reinar do 853 ao 855, e aínda noutras ocasións,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Humor cardinal, na medicina antiga, que era segregado polo organismo xunto coa atrabile, a bile e o sangue.
-
Humor viscoso e acuoso que segregan algúns órganos, especialmente as membranas do nariz.
-
Líquido que algúns enfermos, particularmente os alcohólicos, expulsan pola boca polas mañás en xaxún.
-
-
-
Que segrega pituíta.
-
Relativo ou pertencente á hipófise ou glándula pituitaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén ou segrega moco ou pituíta.
-
PERSOEIRO
Escritor. Os seus textos estiveron marcados pola controversia semipelaxiana e a defensa da doutrina de santo Agostiño. Escribiu De gratia et libero arbitrio, contra Casiano, e Pro Augustino responsiones ad capitula obiectorum vicentiarum. Foi secretario do Papa León I. A súa festividade celébrase o 25 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perdón dun dereito, dunha obriga ou dunha débeda.
-
PERSOEIRO
Poeta. Figura destacada do movemento representado pola academia literaria Arcadia Lusitana (1756), escribiu sobre todo églogas e elexías, en que se manifesta a tradición clásica de Ribeiro e Camões.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
quita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
agás.