"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
-
Vento suave.
-
Admiración, favor ou aceptación que desperta unha persoa.
-
En parapsicoloxía, halo que emite o corpo humano e que o envolve. Visible para persoas especialmente preparadas, pode ser fotografado.
-
Segundo Walter Benjamin, a aura é o carácter específico e orixinal da obra de arte. Como el explica, no mundo industrial e na cultura de masas a obra perde a súa aura e acaba por homologarse con outros textos ou mensaxes. Posteriormente, Benjamin utilizou o termo para sinalar que unha obra adquire a aura por mor da súa rareza, da súa difusión ou dalgún aspecto da súa historia, que a converten en autoridade ao pasar a pertencer a un canon de obras selectas.
-
Conxunto de trastornos, de duración moi curta, que precede ás crises de certos estados neuropsíquicos (epilepsia, histeria, etc).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de ata 160 cm de envergadura, de plumaxe castaña escura e de cabeza e pescozo vermellos sen emplumar. De comportamento gregario, aliméntase principalmente de prea e tamén de insectos e pequenos réptiles. Habita en gran parte de América meridional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante básico do grupo do difenilmetano. Obtense condensando a dimetilanilina e o aldehido fórmico. Emprégase como colorante de fibras animais, como antiséptico e como funxicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal sódico ou amónico da hexanitrodifenilamina. Emprégase como colorante e en fotografía para facer filtros de luz.
-
CIDADES
Cidade do estado de Mahārāshtra, India, no altiplano do Decán (573.272 h [1991]). Mercado agrícola, centro industrial e turístico. Fundada no ano 1610, a partir do 1652 foi cuartel xeral do Emperador Aurangzeb na conquista do Decán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador mongol da India (1658-1707). Era o terceiro fillo do Emperador Šāh Palatino; Ǧ ahān. Foi vicerrei do Decán (1652-1658), rexión que gobernou despois dunha guerra fratricida. Logo de encarcerar o seu pai, proclamárono Emperador. Conseguiu estender o seu dominio, pero o seu fanatismo islámico fixo que permanentemente estivese a mal cos hindús. A súa morte precipitou a decadencia do imperio mongol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Reino visigodo da Península Ibérica. A súa extensión correspondíase aproximadamente coa provincia romana Cartaxinense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación romana de Orihuela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido áurico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade cultural creada en 1967 por un grupo de mozos ourensáns encabezados por Pedro Merino Gómez e Santiago Docampo Figueiral co fin de espallar a cultura galega. Axiña se adheriron a ela galeguistas como Otero Pedrayo, nomeado presidente de honor, xunto a outros intelectuais ourensáns como Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo Fernández, Bieito Fernández Alvárez, Eleuterio González Salgado, Salvador Rey Domínguez, Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián Rodríguez e Nemesio Barxa Álvarez. Esta agrupación desenvolveu importantes actividades culturais como a organización de debates denominados Tertulias da Auriense, cursos de lingua e literatura galega, excursións culturais e conferencias sobre temas económicos, sociais, históricos e literarios. O seu boletín interno levou o nome de Boletín da Auriense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación gradual por descomposición aerobia do exceso de materia orgánica das augas naturais contaminadas, grazas á actividade dos microorganismos que nelas viven.
-
-
Feito extraordinario que lle acontece inesperadamente a alguén.
-
Actividade de dubidoso ou arriscado éxito.
-
Relación amorosa de curta duración que normalmente non implica compromiso ningún.
-
Prerrogativa dos reis e señores xurisdicionais para presidir, dentro dos seus territorios, os torneos e outros feitos de armas e percibir deles unha exacción monetaria.
-
Tipo de relato no que a acción predomina sobre a reflexión e na que suceden acontecementos inesperados e mesmo extraordinarios. O heroe destas novelas debe superar unha serie de obstáculos e situacións arriscadas para conseguir o seu obxectivo e retardar o final feliz. A miúdo a trama desenvólvese ao redor dunha viaxe. Existen diferentes modelos de relato neste subxénero. José Mª Bardavío (1977) propón unha tipoloxía baseada no ámbito de acción: mariñas, lugares imaxinarios ou exóticos, selvas, con historias e aventuras en xeral, ambientadas no oeste e no mundo científico (a inclusión destes dous últimos modelos é discutida por algúns críticos).
-
-
-
de aventurar.
-
Que supón un risco ou perigo.
-
Que ten pouco fundamento e ofrece dúbidas.
-
Aplícase ás persoas que fan ou din algo sen pensar nos riscos que poida ocasionar.
-
-
-
Expoñer á aventura, pór en perigo.
-
Dicir ou facer algo sobre o que no se ten moita seguridade malia os riscos que poida ocasionar.
-
Someterse a un risco ou aventura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñerse a terra cun determinado cultivo de cor verde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica para a cría de aves en xeral e, máis particularmente, das aves de curral (galiñas, gansos, e tamén pombas, paspallás, perdices, faisáns, pavos, etc). Pode ter interese para a obtención de exemplares ornamentais (gansos, cisnes e outros anátidos) ou aptas para algún tipo de exhibición (galos de pelexa), pero a súa finalidade principal é a obtención de ovos, carne e plumas. A gran demanda destes produtos avícolas trouxo consigo a necesidade dunha gran produción e dun rendemento óptimo dos animais, conseguidos mediante a selección dos mellores reprodutores e pola creación de híbridos que reúnan unhas características de calidade e de rendemento superiores ás das razas orixinais. A produción industrializada de carne (polos de pouca idade, chamados broilers) experimentou nos últimos anos un pulo moi grande iniciado despois da proliferación das granxas dedicadas á produción de ovos. É importante o fenómeno da integración na Avicultura; mentres que a produción de ovos está dominada,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica eneolítica que se orixinou en Baden, ao S de Viena. Estendeuse por boa parte de Europa central (Austria, República Checa, Eslovaquia, Hungría, S de Polonia e Romanía) na primeira metade do segundo milenio a C. A parte económica baseábase no cultivo dos cereais e na gandería (bovina, porcina e ovina). É típica a súa cerámica decorada con liñas incisas tanto continuas como punteadas.
-
PERSOEIRO
Pianista. Estudiou piano e dirección no Conservatorio de Viena, seguindo os cursos de E. Fischer. Foi profesor de piano na Universidade de Wisconsin (1966-1971). Distinguiuse como un dos mellores intérpretes de Mozart, Beethoven e Schubert. Publicou Mozart-Interpretation (1952) e Die Klaviersonaten von L. van Beethoven (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi Presidente da República Dominicana durante diversos períodos dende 1849. Os dous primeiros mandatos exerceunos entre 1849-1853 e 1856-1858. Volveu á Presidencia entre 1865-1866, despois da recuperación da independencia do país (perdida entre 1861 e 1865), período no que reinstaurou a Constitución de 1854, que outorgaba amplos poderes ao Presidente. Deposto por José María Cabral, retornou á Presidencia de 1868 ata 1873. Durante este período, os chamados “seis anos de Báez” negociou un tratado de anexión aos EE UU que foi rexeitado polo senado norteamericano. Morreu exiliado en Porto Rico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de macizos montañosos de acusadas pendentes na comarca da Baixa Limia, declarados Parque Natural en 1993, e que limitan co Parque Nacional portugués da Peneda-Gêres. A ampla rede de afluentes do Limia, entre os que destacan o río Caldo, o Agro e o Salas, drena o territorio do parque e constitúe un elemento decisivo na configuración do relevo e na distribución da flora e da fauna. Ao N do río sitúanse a Serra do Laboreiro e o Monte da Fraga, ao NO os Montes do Quinxo, e ao S as serras de Santa Eufemia e a do Xurés. A superficie do parque e de 20.920 ha repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muíños. A maior parte do territorio do parque atópase por riba dos 1.000 m de altitude, acadando o punto máis elevado nos 1556 m da Nevosa, na serra do Xurés.
Xeoloxía e xeomorfoloxía
O substrato litolóxico está constituído maioritariamente por granitos e granodioritas, pero tamén aparecen xistos e gneises con baixo contido en cuarzo no sector noroccidental,...