1 aura

1 aura

(

  1. s f

    Vento suave.

    Ex: A aura da noitiña fíxolle sentir calafríos.

    Sinónimos: brisa.
  2. s f

    Admiración, favor ou aceptación que desperta unha persoa.

    Ex: A monxa exhalaba unha aura de bondade.

    Confrontacións: auréola, halo.
  3. s f [ESOT]

    En parapsicoloxía, halo que emite o corpo humano e que o envolve. Visible para persoas especialmente preparadas, pode ser fotografado.

    Ex: O especialista asegurou que detectara unha aura negativa naquel home.

  4. s f [LIT]

    Segundo Walter Benjamin, a aura é o carácter específico e orixinal da obra de arte. Como el explica, no mundo industrial e na cultura de masas a obra perde a súa aura e acaba por homologarse con outros textos ou mensaxes. Posteriormente, Benjamin utilizou o termo para sinalar que unha obra adquire a aura por mor da súa rareza, da súa difusión ou dalgún aspecto da súa historia, que a converten en autoridade ao pasar a pertencer a un canon de obras selectas.

  5. s f [PAT]

    Conxunto de trastornos, de duración moi curta, que precede ás crises de certos estados neuropsíquicos (epilepsia, histeria, etc).