"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Golpe de chuvia abundante e de pouca duración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover intensamente e durante un espazo de tempo considerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación pequena a remo, estreita e con bancadas que serven de asento aos remeiros que se emprega no servizo dos portos e na desembocadura dos ríos.

    2. En Euskadi, embarcación de pequenas dimensións, con dúas proas, manexada con tres remos e fondo plano e que se emprega xeralmente como barco auxiliar nos labores de pesca.

    3. Peza, xeralmente de metal e con forma de maza, pendurada no interior dunha campá e que, ao bater nesta, fai que soe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da Costa da Morte, situada ao fondo da enseada do Trece, no litoral da parroquia e concello de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que goberna o batel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Foi un dos clásicos do debuxo humorístico británico de situacións socialmente insólitas ou molestas. Foi colaborador da revista Punch. O libro The man who drew the twentieth century (O home que debuxou o século vinte, 1969) é unha antoloxía da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que bate.

      1. Parte do marco dunha porta ou dunha ventá onde bate a folla cando se pecha.

      2. Folla dunha ventá ou dunha porta que se pecha antes ca a outra.

    2. Poste no que se apoia unha cancela para pechala.

    3. Lugar do litoral no que rompen ou baten as ondas.

    4. Nalgunhas industrias, local onde se fai a operación de bater.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de administrar o sacramento do bautismo a unha persoa.

    2. Festa ou cerimonia coa que se celebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar que algunha cousa choque contra outra violentamente.

    2. Mover con ímpeto unha cousa, sobre todo se vai acompañado de ruído.

    3. Mover e remexer enerxicamente algunha substancia para que se condense, se faga máis líquida, se mesture perfectamente ou se disolva.

    4. encer o adversario ou ser máis poderoso ca el.

    5. Rexistrar e percorrer un lugar para levantar a caza ou para buscar persoas ou cousas ocultas.

    6. Fabricar e cuñar moeda.

      1. Traballar a golpes de martelo un metal (ouro, cobre, etc) ata reducilo ao grosor dunha chapa ou lámina máis ou menos delgada.

      2. Golpear cun mazo ou martelo o volume para reducir ou eliminar o resalte da impresión.

    7. Atacar ou alcanzar unha muralla ou posición utilizando disparos de canóns.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra de fortificación onde se aloxan diversas pezas de artillería.

      2. Unidade elemental táctica e de tiro en artillería que adoita actuar en grupo. Componse dun centenar de artilleiros e do material necesario.

      1. Nos navíos de guerra, fila de canóns que había nunha mesma cuberta.

      2. Unidade táctica de artillería naval formada normalmente por dous ou catro canóns que tiran coordinadamente, e que constitúen ao mesmo tempo unha unidade orgánica.

      3. batería flotante

        Artefacto naval de guerra, usado en moi poucas ocasións nos ss XVIII e XIX, que consistía nunha barcaza mariñeira, moi armada e moi acoirazada, coa misión de facer fogo desde o mar a obxectivos terrestres.

      4. poñer en batería

        Na artillería naval, facer saír a boca do canón pola porta, preparándoo para disparar.

      1. Conxunto de instrumentos de percusión (idiófonos e membranófonos) presentes nunha orquestra, nunha banda ou nun conxunto, especialmente aquel que toca un só músico nun conxunto de jazz. Comprende, en xeral, unha caixa grosa, unha caixa clara, diversos tambores e un ou máis pratos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Foi unha das grandes figuras do teatro inglés dos últimos anos coa súa formación clásica forxada no Royal Court Theatre. Foi nominado ao Oscar polo seu papel en The fixer (O home de Kiev, 1967). Interpretou moitas películas de éxito, como The entertainer (O animador, 1960), Zorba the greek (Zorba o grego, 1964), Women in love (Mulleres namoradas, 1969) de K. Russell, An unmarried woman (Unha muller solteira, 1978) de P. Mazursky, Quartet (Cuarteto, 1981) de J. Ivory, A prayer for the dying (Réquiem polos que van morrer, 1987), Hamlet (1991), Secret friends (Amigos segredos, 1992) e Silent tongue (Lingua silenciosa, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista inglés. Estudiou a fauna da Amazonia (1849-1859) e introduciu o concepto de mimetismo en Bioloxía. Publicou A naturalist on the river Amazons (Un naturalista no río Amazonas, 1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e narrador inglés. Aos vinte anos publicou a obra The two sisters (As dúas irmás, 1925). É autor tamén das novelas The poacher (O cazador furtivo, 1935), Love for Lydia (Amor por Lidia, 1951), The sleeples moon (A lúa durminte, 1956) e The darling buds of May (O cariñoso compañeiro do poder, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Investigador norteamericano experto en Intelixencia Artificial da Universidade de Carnegie Mellon (EE UU). Bates quere poboar realidades virtuais e ficción interactiva con axentes que parezan vivos e nos que os usuarios confiarán. Toma a súa inspiración dos animadores pioneiros de Disney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz norteamericana. Como moitas outras comezou con pequenos papeis de teatro en Broadway e como actriz secundaria en numerosas películas. Unha delas, Misery (Miseria, 1990), permitiulle gañar un Oscar e así conseguir certo recoñecemento. Participou en moitos filmes, entre eles: Taking off (Xuventude sen esperanza, 1971), Straight time (Liberdade condicional, 1978), Two of a kind (Tal para cal, 1983), My best friend is a vampire (O meu mellor amigo é un vampiro, 1988), Dick Tracy (1990), Fried green tomatoes (Tomates verdes fritos, 1992), Titanic (1997) e Primary Colors (Cores primarias, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno descrito por H. W. Bates en 1862 que consiste na semellanza do deseño, da coloración ou mesmo da conduta de especies inocuas con respecto a outras especies tóxicas, mesmo velenosas ou perigosas. Isto sérvelle á especie inofensiva para ser confundida polos depredadores coa especie perigosa e, xa que logo, evitar o ataque. Obsérvase, por exemplo, entre os himenópteros velenosos e os dípteros inofensivos, que comparten coloración e deseño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo norteamericano de orixe inglesa. Traballou no campo da Antropoloxía Social. Realizou estudios sobre os habitantes de Bali (coa colaboración da súa muller, Margaret Mead) e Nova Guinea. Posteriormente se interesou no estudo do comportamento humano, combinando a Antropoloxía, a Psiquiatría, a Bioloxía e a Ecoloxía. Nesta liña cómpre remarcar Steps to an Ecology of Mind (Pasos para unha ecoloxía do pensamento, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista inglés. Obtivo o título de Bacharel en Música (1612) e o Master of Arts no Trinity College (1622). Dende 1599 foi organista da Catedral de Chester e, dende 1609, da Christ Church Cathedral de Dublín. Cultivou sobre todo o madrigal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo inglés. Foi un dos vangardistas das investigacións sobre a herdanza. Partidario da teoría da evolución de Darwin, defendía a existencia de cambios bruscos herdables. Redescubriu os artigos de Mendel no 1900, ao mesmo tempo que outros científicos como De Vries. Foi profesor de Xenética na Universidade de Cambridge entre 1908 e 1910 e, posteriormente, dirixiu a institución de horticultura John Innes de Londres. As súas obras máis importantes son Mendel’s principles of heredity (Principios da herdanza de Mendel, 1909) e Problems of Genetics (Problemas de Xenética, 1913).

    VER O DETALLE DO TERMO