"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

  • Substancia hipotética que podería inducir á formación do talo das plantas, segundo a teoría de Julius Sachs de 1882.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo provincial dos antigos sindicatos verticais do Estado español, vixente entre 1938 e 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rexión mariña situada por debaixo da infralitoral, a partir dos 30-40 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento político mantido, dentro dun estado laico, polo clero e os fieis laicos dunha igrexa co fin de favorecer os seus intereses espirituais e materiais. Como obxectivos máis concretos, o clericalismo tenta acadar o dominio da educación, o mantemento das leis católicas do matrimonio e a unión da Igrexa e o Estado. O uso do termo presupón unha separación entre Igrexa e Estado, algo que, de feito, non se dá en Europa ata a Revolución Francesa. A vella escola liberal vía a orixe teórica do clericalismo no Syllabus (1864) de Pío IX, pero o certo é que na práctica acontece en Europa desde moito antes, como exemplifica o caso galego. O clericalismo en Galicia ten como características fundamentais o servizo á sociedade civil no terreo administrativo e económico e a tendencia maioritaria do clero a identificarse co poder político. Historicamente, os primeiros signos documéntanse na organización parroquial bracarense do s VI que se mantén practicamente igual. Na Idade Media a fundación de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liber Sancti Jacobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liber Sancti Jacobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Luz Pozo Garza en 1986. O tema central é o amor, asociado á plenitude e ao sentido da existencia en contraposición coa morte. Esta dualidade de amor e morte exprésase a través da oposición entre luz e sombra. É unha poética simbolista influenciada por León Felipe, Juan Ramón Jiménez, Arthur Rimbaud, Victor Hugo e Rosalía de Castro, citados explicitamente. Nun segundo nivel, poetízase o tema da terra e da problemática social que cobra relevancia progresivamente. Organízase en dous grandes bloques formados por un “Limiar” -que contén un único poema- e un núcleo composto por 28 poemas distribuídos en tres apartados, aos que lle hai que engadir un prólogo e un epílogo. No prólogo exprésase a idea da poesía como poema único que ilumina a realidade e como forma de coñecemento á que cada poeta engade a súa proposta persoal; o “Limiar”, dedicado ao poeta Eduardo Moreiras, introduce o tema do amor, un sentimento total, absoluto e eterno, tecido nunha longa historia de luces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves insectívoras da familia dos apódidos ao que pertence o cirrio salangana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Proceso de división dun espazo determinado en unidades menores de carácter homoxéneo e diferenciado do conxunto, denominadas comarcas.
    A comarcalización como instrumento de ordenación territorial
    Pódense individualizar tantos tipos de comarcalizacións como de comarcas: naturais, xeográficas, funcionais, etc. Cada unha delas faise cuns obxectivos e cuns métodos determinados, non contraditorios entre si malia que non sexan coincidentes. Existen comarcalizacións realizadas desde unha perspectiva natural que dividen o territorio segundo afinidades como o clima ou as formas de relevo, entre outras; comarcalizacións xeográficas que teñen en conta a uniformidade paisaxística resultante da interacción humana co medio natural, etc. Desde o punto de vista académico, téndese a cuestionar os intentos de implementar unha delimitación estable dos espacios comarcais. Os sucesivos paradigmas científicos favoreceron diferentes conceptualizacións do feito comarcal. Así mesmo, todo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Al-An-dalus que se constituíu como estado independente política e relixiosamente entre os anos 929 e 1031.
    Orixe do califato: o emirato de Córdoba
    Al-Andalus integrouse no califato de Damasco como emirato dependente no 756. Trala matanza dos omeias de Damasco polos abbásidas, ‘Abd al-Ra ḥ mān I refuxiouse na Península Ibérica, venceu a Yūsuf al-Fihrī (756) e creou o emirato de Córdoba (756-929); este emirato tiña independencia política pero non relixiosa, e organizouse independentemente do conxunto dos seus súbditos, formado por razas e culturas diferentes, a miúdo enfrontadas entre si. Os seus sucesores, Hišām I (788-796) e al- Ḥ akam I (796-822), consolidaron o emirato malia as revoltas sociais e económicas. Baixo o goberno de ‘Abd al-Ra ḥ mān II (822-852) adoptouse o modelo de organización de Bagdad, non obstante a estrutura política do emirato era feble e inestable: ao norte, a familia dos Banū Qasī...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome rexistrado do decahidronaftaleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de capacidade que equivale a dez litros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desbasificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de descualificar.

    2. Sanción disciplinaria que se aplica contra un participante nunha competición (deportista ou equipo) e que implica a súa retirada da mesma, decretada polos árbitros ou xuíces como castigo pola comisión dunha falta grave contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas. Nos deportes individuais, unha descualificación implica, na maior parte dos casos, a eliminación da clasificación final dos rexistros obtidos ata ese momento polo descualificado. Nos deportes colectivos pódese descualificar un membro dun equipo e impedir que continúe participando no xogo, aínda que iso non sempre implica que os rexistros acadados ata aquel momento polo descualificado a prol do seu equipo se desboten. Nalgúns deportes colectivos, a descualificación dun xogador obriga o seu equipo a participar a partir de entón cun membro menos ata o remate da proba (por exemplo no fútbol); noutros existe a posibilidade de recuperar o número inicial de xogadores, pero nunca o xogador descualificado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a algo ou a alguén a autoridade moral ou boa consideración da que gozaba.

    2. Realizar críticas negativas para facer perder o prestixio ou boa reputación a algo ou a alguén.

    3. Non deixar participar a alguén en algo, normalmente nunha competición deportiva, como sanción por cometer algunha irregularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de distribución electrónica, nunha molécula, nun ión ou nun radical, segundo a que certos electróns r non están entre dous núcleos formando enlaces dobres, senón que se pode considerar que están en orbitais moleculares resultantes da combinación de orbitais atómicos provenientes de tres átomos ou máis. A deslocalización diminúe a enerxía total da molécula nunha cantidade equivalente á enerxía de resonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Prometeo e Clímene. Cando Zeus decidiu destruír a raza dos mortais, os homes da Idade de Bronce, envioulles un diluvio para que afogasen. Entón Deucalión e a súa esposa Pirra, aconsellados por Prometeo, construíron unha barca e refuxiáronse nela. Ao cabo de nove días chegaron a Tesalia; por seren xustos conseguiran sobrevivir á desfeita. Daquela, Zeus, por mediación de Hermes, ofreceulles a oportunidade de pedir un desexo. Como Deucalión quería ter compañeiros, Zeus ordenoulles que botasen pedras (símbolo dos ósos da nai Terra) por enriba dos seus ombreiros; deste xeito, todos os callaos que botou o heroe transformáronse en homes e de cada rocha que guindou Pirra naceron as mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de poesía publicada en Ciudad Real polo Departamento Provincial de Seminarios. De tendencia surrealista, estaba dirixida polo poeta Ángel Crespo. Para as súas colaboracións contaba cun grupo de poetas integrado por Gabino Alejandro Carriedo, Federico Muelas e Miguel Labordeta. A estes sumáronse, posteriormente, Antonio Fernández Molina, Antonio Leyva Fernández, Gabriel Celaya, Manuel Pinillos e Manuel Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO