"lus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 284.
-
-
Causar ilusión.
-
Facerse unha ilusión ou ilusións.
-
-
-
Arte de producir fenómenos que, aparentemente, contradín as leis naturais. Utilízanse, xunto coa habilidade manual, cartas e material especialmente preparado.
-
trompe-l’oeil.
-
Doutrina que limita ao fenómeno, considerado como un simple estado da propia consciencia, a certeza do coñecemento.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao ilusionismo.
-
Persoa que practica o ilusionismo, facendo xogos de ilusión como espectáculo.
-
Partidario do ilusionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen crea esperanzas con moita facilidade ou con pouco fundamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non pasa de ser unha ilusión, algo meramente imaxinario.
-
-
Acción e efecto de ilustrar.
-
Elemento co que se ilustra un texto escrito, especialmente un libro.
-
Conxunto de coñecementos que adquire unha persoa.
-
-
Prancha gravada que representa un debuxo ou unha fotografía e que pode ser impresa reproducíndoa fielmente do orixinal.
-
Impresión conseguida cunha prancha gravada. Emprégase calquera das técnicas de gravado, xa sexa manual (xilografía ou cobre), ou mecánica (fotogravado), segundo o sistema de impresión. Primitivamente, as ilustracións eran verdadeiras obras de arte, mentres que posteriormente tiveron un valor máis informativo e complementario que mesmo chegou a substituír o texto.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento intelectual europeo que se estendeu por Europa entre a Segunda Revolución Inglesa de 1688 e a Revolución Francesa (1789). Caracterizado polo seu carácter científico e crítico, tivo as súas orixes en Reino Unido, desde onde se estendeu primeiro por Francia e despois ao resto de Europa, favorecido pola cada vez maior independencia económica dos intelectuais e de sociedades científico literarias, a aparición da prensa periódica e a internacionalización das edicións. Propúñase iluminar a humanidade coas luces da razón, deixando a un lado a superstición e as formas da relixiosidade tradicionais baseadas na revelación. A análise e a indución foron os procedementos empregados para conciliar o positivo e o racional a través de formas sensualistas e empíricas; a relativización dos principios conduciu a formulacións predialécticas, ao rexeitamento da transcendencia e ao materialismo. O conxunto, unido ao extraordinario interese polas ciencias químico-físicas e biolóxico-naturais, orixinou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal editada en Madrid a partir do 15 de xuño de 1878. Cesou a súa edición o 10 de xaneiro de 1879. Dirixida por Manuel Murguía, incluíu colaboracións de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e artigos en galego, castelán e bable. Imprimiuse na Tipografía Estereotipa de Perojo. Foi substituída por La Ilustración Gallega y Asturiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bisemanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de novembro de 1868. Subtitulouse “Revista política, literaria, ilustrada”. Dirixido por Félix Moreno Astray, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes. Incluíu fundamentalmente literatura en prosa e verso de diversos autores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Coruña a partir de 1860. Cesou a súa edición en 1865. Subtitulouse “Diario mercantil, de literatura y avisos”. Dirixido por Gonzalo Brañas, Eladio Fernández e Domingo Camino, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Nos seus artigos, ademais de temas locais e xerais, preocupouse pola chegada do ferrocarril a Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bisemanal editada en Vigo a partir do 14 de abril de 1911. Cesou o 14 de novembro de 1914 (nº 46). Subtitulouse “Revista de literatura, ciencias, artes y salones”. Fundada por Ramiro Vieira Durán, incluíu artigos de carácter histórico, literario e costumista, ademais de biografías de poetas, parlamentarios e intelectuais galegos. No apartado literario, cómpre salientar un importante número de composicións poéticas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir do 1 de outubro de 1954. Subtitulouse “Revista de Galicia para España y América”. Dirixida por Emilio Canda, contou coa colaboración de destacados intelectuais galeguistas, como R. Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde. No seu primeiro número reproducíronse os Seis poemas galegos, de Federico G. Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.
-
-
de ilustrar ou ilustrarse.
-
Que ou quen é instruído ou culto.
-
-
Relativo ou pertencente á Ilustración.
-
Que ou quen é partidario da Ilustración.
-
-
-
-
Que ilustra.
-
Que ou quen, a partir do texto dunha obra, crea unha ilustración idónea para complementalo e enriquecelo.
-
-
-
Instruír ou dotar de cultura a alguén.
-
Proporcionar a alguén coñecementos ou algún tipo de información sobre algo.
-
-
Facilitar a comprensión dun punto ou un texto con comentarios.
-
Poñer ilustracións a unha obra.
-
-
Instruírse culturalmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ilustra ou serve para ilustrar.
-
-
Que posúe gran renome polas súas calidades, os seus actos ou a súa orixe.
-
Tratamento de dignidade que se lles daba aos primeiros dignatarios do Imperio Romano, aos reis medievais e aos ricos homes. Por extensión, aplicouse aos fillos non primoxénitos dos monarcas e aos membros de corporacións nobiliarias. A partir do s XVII substituíuse polo tratamento de ilustrísima. OBS: Tamén se emprega precedido do adverbio moi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira novela de Carlos Casares editada en 1980. O protagonista, un bispo dunha diocese galega a principios do s XX, amosa a súa emoción diante da aparición na vila do primeiro cinematógrafo. Por contra, a maior parte dos membros da Igrexa opóñense á incorporación deste tipo de inventos que cren prexudiciais para o pobo. O enfrontamento entre a tolerancia do bispo e o fanatismo do resto da curia marcan o desenvolvemento da obra. Do seu conxunto destaca a capacidade do autor para o deseño dos personaxes, do ambiente e da vida da época.
-
-
Que é moi ilustre.
-
Tratamento dado a partir do s XVII a aquelas persoas que tiveran o tratamento de ilustre, como os fillos non primoxénitos dos grandes de España, os títulos do reino e os seus primoxénitos, os bispos, coroneis, membros de corporacións nobiliarias, académicos e persoas posuidoras de cargos e condecoracións.
-
Tratamento de respecto que se lle dá aos bispos, en substitución de Súa Señoría Ilustrísima.
-