"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • GALICIA

    Profesor mercantil e empresario. Foi director de relacións públicas de Cetycar coas Casas Regionales, delegado xeral de Carta de España e correspondente de La Región Internacional. Publicou máis de 200 poesías e gravou diversos casetes coa Orquestra Compostela, amais dunha novela que titulou Amar es tiempo perdido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome causada por unha lesión traumática dunha metade da medula espinal. Caracterízase pola hemiparaplexia, con hemianestesia profunda do lado da lesión e perda da sensibilidade á temperatura e á dor do lado oposto. Foi descrita en 1851 por Charles Édouard Brown-Séquard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de hipertensión portal descrita polo médico inglés Wiliam Budd (North Tawton, Devonshire 1811 - Bristol? 1880) e polo médico austríaco Hans Chiari (Viena 1851 - Estrasburgo 1916), causada pola obstrución das veas suprahepáticas. Conleva unha ascite de insaturación rápida, hipertrofia hepática e circulación venosa subcutánea toracoabdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi xuíz de primeira instancia en Vigo e Ourense, e fiscal da audiencia de Ourense. Estudiou a situación dos foros en Galicia e escribiu Sociedad gallega: estudo sobre el contrato de compañía de familia (1887), De la propiedad y los foros: estudo jurídico-social (1902) e o traballo “Redención forzosa de los foros al dominio directo” publicado no diario El Miño en 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de comunicación publicitaria a través da que unha empresa pretende vender a outra os seus produtos ou servicios. Neste caso o consumidor individualizado non existe como tal, senón que o potencial comprador é outra empresa ou organismo. Esta publicidade é un elemento máis do márketing industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escribán público. Realizou estudios sacerdotais en Santiago de Compostela, de dereito en Montevideo, a onde se trasladara en 1886, e finalmente obtivo o título de escribán público en Bos Aires. En 1904 comezou a organizar a Biblioteca América, hoxe integrada na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, inaugurada en 1926. Así mesmo, foi promotor dunha Universidad Libre Hispanoamericana, que tería a súa sede en Santiago de Compostela. En 1922 logrou que o claustro universitario aprobase o regulamento do Padroado da Universidade. Foi membro da Unión Hispano Americana Pro Valle Miñor, entidade que tiña por obxecto   dotar a Galicia de escolas. Ademais, fundou e dirixiu a revista Cervantes e o Boletín da Biblioteca América. En 1934 recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cahors ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cahors.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cobre, de fórmula Cu2S. Cristaliza no sistema rómbico, se se forma por debaixo de 105°C, ou no hexagonal, se é por riba desta temperatura. Aparece en cristais tabulares ou prismáticos, ou formando masas. Ten unha cor gris chumbo, brillo metálico e unha dureza 2,5-3. É unha importante fonte para a obtención de cobre. Tamén se coñece como cobre vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador, periodista e debuxante. En 1936 deuse a coñecer en L’Esquella de la Torratxa e publicou a colección de contos El primer arlequí (O primeiro arlequín) e a novela La glòria del doctor Larén (A gloria do doutor Larén). Exiliouse a Francia e despois a México ata 1963, onde desenvolveu tarefas periodísticas e editoriais. Da súa produción destacan as obras: Gent de l’alta vall (Xente do alto val, 1957), El desordre públic (A desorde pública, 1985) e Cròniques de la veritat oculta (Crónicas da verdade oculta, 1954). Postumamente, publicouse Cartes d’amor (Cartas de amor, 1996). Foi galardoado co Premi de Honor de les Lletres Catalanes (1986) e investido doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo social formado por aquelas persoas que viven da explotación dos recursos da terra e que dispoñen da familia como forza de traballo. O termo emprégase na socioloxía e na historiografía para estudar as sociedades campesiñas latifundistas como as de Andalucía e Francia. En Galicia investigadores como Lorenzo Fernández decantáronse polos termos de agrarismo e agrarista á hora de estudar este fenómeno. Aínda así, Pérez Touriño, no eido económico, e Cardesín, no sociolóxico, empregan o termo de campesiñado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propio do campo ou da vida rural.

    2. Persoa do medio rural que se dedica ao traballo do campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Valentín González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación viguesa de carácter anticaciquil que saíu á luz en 1899 como órgano da Asociación de Agricultores y Labradores. Probablemente reapareceu o 21 de outubro de 1900. Serviu de voceiro das sociedades agrícolas do antigo concello de Lavadores. Foi o seu director Xosé Quintas Davila, un coñecido republicano da cidade olívica. Nela defendíanse os principios agraristas e anticaciquís, en oposición aos seguidores do marqués de Riestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro chicano fundada por Luís Váldez nos EE UU en 1965, como grupo de apoio ás folgas dos traballadores agrícolas. Un dos seus primeiros espectáculos, Las dos caras del patroncito, estreado en 1965, amosaba a súa orientación comunitaria e reivindicativa, tradición que continuarían con novas propostas de traballos de investigación arredor da cultura precolombina como El baile de los gigantes, baseado no libro maia Popol Vuh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento dos campesiños alemáns movidos polas prédicas de Andreas Karlstadt e Thomas Müntzer durante a Reforma protestante (1524-1525). Iniciouse na Selva Negra e estendeuse por Suabia, Renania, Hessen, Turinxia, Saxonia e o Tirol. Reivindicaban os Doce puntos dos campesiños de Suecia (1525), que incluían, entre outros, a abolición da servidume e das prestacións persoais, a diminución dos décimos, a devolución das terras comunais usurpadas, a liberdade de caza e pesca e a elección dos sacerdotes. Pouco organizados, percorreron o país destruíndo abadías e propiedades. En 1525 Lutero publicou un escrito condenando a revolta e instando os príncipes a rematar co levantamento. O exército da Liga suaba derrotou as bandas campesiñas que sufriron unha dura represión co axustizamento de máis de cen mil campesiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario. Entre as súas novelas destacan El pobre Baby (1915), El eterno milagro (1918) e La huelga de los poetas (1921). Como crítico publicou La nueva literatura (1917-1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada no outeiro dos Curros, na parroquia de Lampón (Boiro). Carece de mámoa e a cámara é de planta poligonal. Conserva sete chantas, todas elas imbricadas (unha delas está desprazada), e a tampa, que está caída e apoiada lateralmente. Do corredor, que está orientado cara ao leste, permanecen dúas laxes e a tampa.

    VER O DETALLE DO TERMO