"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estanislau II de Polonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Augustus ‘sagrado, venerable, augusto’; derivado de *augus (augur). O nome ten a súa orixe no título augustus que o Senado de Roma, co fin de divinizar a institución imperial, outorgou no ano 27 a C a Caio Xulio César Octaviano como primeiro Emperador romano; dende aquela coñecido como Octavio Augusto. Todos os emperadores romanos levaron adxunto ao seu nome propio este título. No Cristianismo houbo tamén santos que levaron este nome: un mártir en Campania (Italia), un sacerdote en Bourges (Francia), etc. Na Fontefría, en terras de Verín, atópase a Igrexa de Santa Augusta, avogosa das enfermidades do fígado e, en xeral, de todo o que abrangue a medicina interna. A festa de santo Augusto celébrase o 7 de outubro e o 1 de setembro. Na tradición oral recóllense expresións como “Polo san Augusto ao labrego pásalle o susto”, que alude ao santo Augusto de outubro. Outra variante de Augusto é Agosto.
-
PERSOEIRO
Historiador. Desde 1888 dirixiu a revista Revolución Francesa e foi o iniciador da historiografía sobre a Revolución Francesa. Discrepou con Hippolyte de Taine. As súas teorías foron completadas por posteriores indagacións de Albert Mathiez. Escribiu Études et leçons sur la Révolution Française (Estudios e leccións sobre a Revolución Francesa, 1893-1924) e Histoire politique de la Révolution Française (Historia política da Revolución Francesa, 1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de aumentar.
-
-
Nos instrumentos ópticos que dan imaxe real, como os aparellos fotográficos ou de proxección, número dado pola relación entre a medida da imaxe e a do obxecto. Nos instrumentos que dan imaxe virtual, como a lupa, o microscopio e os prismáticos, o aumento mídese pola relación entre a tanxente do ángulo β, baixo o que se ve o obxecto ao observalo co instrumento, e a tanxente do ángulo α baixo o que se vería se non se fixese uso destes. Para os aparellos de observación próxima (lupa, microscopio), o ángulo α está en función da distancia desde onde se mira. Nos instrumentos de observación afastada α é, sinxelamente, o ángulo baixo o que se ve o obxecto sen a axuda do instrumento.
-
aumento angular
Relación entre o ángulo, baixo o que se ve un obxecto a través dun instrumento e o ángulo baixo o que é visto, se se observa sen el.
-
aumento lateral
Nos instrumentos compostos de obxectivo e de ocular, a relación entre o diámetro da imaxe virtual obtida polo ocular e o diámetro do obxecto.
-
-
-
Acción de poñer a traballar unha ou máis agullas nos extremos dos agulleiros da tricotosa rectilínea para aumentar a anchura do tecido, para darlle unha forma ou, nas máquinas circulares de pequeno diámetro, para formar os talóns e punteiras de medias e calcetíns.
-
Acción de traspasar, na máquina Cotton, as mallas aos extremos do tecido, para aumentarlle a anchura.
-
-
ocal que, en certas linguas indoeuropeas -indoiránico, armenio e grego-, precede aos pretéritos verbais como característica temporal. O aumento adoita ser un e (> a- en indoiránico).
-
Termo da poética francesa que identifica un tipo de rima que considera os fonemas finais dos versos. Considérase rima por aumento cando se engade un fonema á vogal tónica da palabra en posición de rima. É o procedemento contrario á rima por avance.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido áurico.
-
PERSOEIRO
Bispo de Arles dende o 546 e vicario pontificio para a Galia. Foi o enlace entre Xildeberto I e Totila, Rei dos ostrogodos e conquistador de Roma. Autor dunha regra monástica que despois foi incorporada á de san Bieito de Aniana. Adoita invocárselle contra a xordeira e os males de oídos, pola asociación popular do seu étimo Aurelius ao de orella
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de musulmán e cristiá, foi martirizado en Córdoba no 852, durante o reinado de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II, xunto coa súa esposa Natalia (Sabigotho). No ano 858 os monxes Usuardo e Odilardo trasladaron os seus restos mortais a Saint-Germain-des-Prés. A súa festa celébrase o 27 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador romano de orixe africana. Escribiu un compendio de historia imperial titulado Caesares (Os Césares) no que repasa a biografía dos Césares dende Octavio Augusto ata Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Territorio do Norte.
-
-
automóbil.
-
Atracción de feira consistente nunha pista pola que circulan autos eléctricos pequenos e facilmente manobrables, que poden bater entre eles sen causarse danos grazas a unhas bandas elásticas de goma que os protexen.
-
-
-
Peza teatral breve cultivada durante a Idade Media na Península Ibérica, de carácter sacro ou profano e representada nun só acto. O texto máis antigo que se conserva -en estado fragmentario-, é o Auto de los Reyes Magos (ss XII-XIII?). Manifestacións análogas danse nos mystères franceses e nas sacre rappresentazioni italianas. Dende o s XVI asociouse á festividade do Corpus Christi e deu lugar ao auto sacramental.
-
Conxunto de actuacións, pezas ou documentos que se producen nun xuízo ou nunha cousa.
-
Cerimonia da Inquisición nos reinos hispánicos desde o s XVI, que consistía en ler o proceso da causa de fe instituída. Recibíase de novo na igrexa ao que abxuraba do erro do que estivera acusado, ou ben executábase publicamente ao que non se retractara das acusacións das que era obxecto. Desde os preparativos ata o remate seguía un ritual solemne que incluía unha procesión, unha misa e un xantar. Denominábase auto privado cando, tratándose de faltas liviás, podían revestir un carácter privado, e auto público cando, en casos graves, adquiría solemnidade pública. O procedemento do Santo Oficio era unha expresión pública do arrepentimento dos pecados e o rexeitamento da herexía, que chegou a ser unha especie de festividade; ata finais do s XVIII era un espectáculo popular. O derradeiro auto de fe celebrouse en 1826.
-
Decreto Galego.
-
Nome que designa no ámbito ibérico a composición dramática breve nun acto e en verso, que representaba a exaltación da Eucaristía mediante personaxes de carácter bíblico, alegórico ou popular para simbolizar ideas abstractas e problemas de índole teolóxica cun mínimo de acción. Destinada a celebrar a festividade do Corpus Christi, foi o resultado da superposición das esixencias da reforma católica que impuxo o Concilio de Trento ao costume popular medieval de conmemorar ese día con representacións teatrais. Acadou a súa plenitude nos ss XVI e XVII coas obras de Lope de Vega, Tirso de Molina, Mira de Amescua e, en especial, Calderón de la Barca, quen lles deu a súa estrutura definitiva integrando os elementos esenciais do dogma e os intereses particulares da Contrarreforma. No século XX déronse propostas de renovación do xénero. En Galicia, Manuel María reivindicou a recuperación desa tradición cunha serie de pezas marcadas por unha forte conciencia social: Auto do taberneiro (1957),...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘propio’, ‘a si mesmo’, ‘por si mesmo’ e ‘de si mesmo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos motores de explosión, combustión anormal consistente no acendido espontáneo e fóra de tempo dunha parte da mestura carburante comprimida no cilindro ou, excepcionalmente, de toda a mestura. Este fenómeno orixínase porque durante o acendido normal da mestura combustible, a fronte da chama que avanza progresivamente cara ao interior da cámara fai que a mestura aínda non acesa se acenda total e instantaneamente antes do previsto, fenómeno coñecido como detonación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acusación que un individuo se fai a si mesmo como resultado dun profundo sentimento de culpabilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do material que pode adherirse mediante un adhesivo non solidificado repartido por unha das súas superficies e xeralmente protexido por unha película que se arrinca decontado antes da adhesión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aglomeración obtida sen intervención de aglutinantes, sexa por simple acción da calor ou da presión, ou mesmo por calquera outra técnica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aglutinación provocada in vitro por unha autoaglutinina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autoanticorpo que aglutina in vitro os propios eritrocitos do individuo.
-
-
Agresión a un mesmo.
-
autoinmunidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello receptor radiotelegráfico capaz de poñerse en funcionamento e de dar un sinal de alarma dun xeito automático ao recibir o indicativo de alarma radiotelegráfico. Emprégase comunmente nos barcos.