"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Expresión tomada da Oda I de Horacio “Dum loquimur fugerit invida / aetas: carpe diem quam minimum credula postrero” (“Mentres falamos, foxe o tempo inimigo, aproveita o momento e conta o menos que poidas co mañá”), na que se enuncia a idea epicúrea do gozo do presente, a consciencia do paso do tempo e a fugacidade da vida. O motivo xa se empregara en Exipto e nalgúns xéneros da literatura grega como a elexía (Teognis) e o drama (Esquilo e Eurípides). No século IV Ausonio expresou o tema de forma simbólica coa imaxe da rosa, signo da beleza transitoria por antonomasia, na obra De rosis nascentibus. O tema perviviu na Idade Media, e a rosa asociouse á expresión da fugacidade do tempo na poesía dos goliardos. Con respecto ás manifestacións cristiás e didácticas da literatura medieval, xurdiu como admonición ante o ineludible da morte. Na literatura renacentista e barroca retomaron o tópico dende unha perspectiva epicúrea autores como Garcilaso de la Vega, Pierre de Ronsard, Luis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carpear.

    2. Conxunto de fíos sacados dun pano de liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenmarañar os nós que se forman no liño ou na la.

    2. Esponxar a la coas mans para cardala.

    3. Mover unha persoa as extremidades sen control, como as abellas ou as moscas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -France 1875) Escultor, pintor e debuxante francés. Aprendeu no taller de François Rude e na École des Beaux Arts de París. A súa obra achegou un ton grácil a algúns elementos do naturalismo. Destacan os grupos Danse (Danza, 1868), creado para a decoración da Opéra de París, e Les quatre parties du monde (As catro partes do mundo, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten carpelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao carpelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla modificada que, con carácter de macrosporófilo, forma parte do xineceo. Nas ximnospermas está aberto; nas anxiospermas é unha folla que se prega polo nervio central e se solda polos extremos para formar un órgano en forma de matraz no que o ventre corresponde ao ovario, o colo ao estilo e os labios ao estigma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das ferramentas do carpinteiro.

    2. Profesión do carpinteiro.

    3. Taller no que desenvolve o seu oficio o carpinteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Ampla badía do N do continente australiano enmarcada pola Terra de Arnhem, ao O, e a península do cabo York, ao L. Dentro da badía atópanse as illas Wellesey, o grupo das Sir Edward Pellew e a Groote Eylandt. A navegación polo seu interior é difícil debido á escasa profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Influído por Whitman, Tolstoi e polo socialismo de William Morris, escribiu o longo poema en prosa Towards Democracy (Cara á democracia 1833), ampliado en 1905. Da súa produción en prosa destaca Civilization: its Cause and Cure (A civilizacion: a súa causa e a súa cura 1889) e Love’s Coming of Age (A chegada da idade do amor, 1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Está considerado como un dos mestres do cine fantástico e de terror. Dirixiu, entre outros filmes: Dark Star (A estrela da noite, 1974), Halloween (1978), The Fog (A néboa asasina, 1980), Starman (O home das estrelas, 1984) e Village of the Damned (A cidade dos malditos, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou a súa traxectoria profesional como xornalista, dirixiu a revista Carteles e participou na fundación de Avance, órgano da vangarda. Encarcerado polo ditador Machado, emigrou a París, onde se relacionou cos surrealistas, en especial, con Robert Desnos. Ao seu regreso a Cuba, en 1939, colaborou activamente na empresa cultural do goberno revolucionario de Fidel Castro. Interesado pola música, compuxo libretos para partituras do compositor Marius François Gaillard. Dun deles parte a súa primeira novela Ecué-Yamba-O (1933), á que seguiron El reino de este mundo (1949), cun prólogo onde expón a súa teoría do “real marabilloso”, que consiste nunha nova visión da novela histórica dende unha perspectiva máxica e paradoxicamente atemporal; Los pasos perdidos (1953); Guerra del tiempo (1958); El siglo de las luces (1962); El recurso del método (1974); Concierto barroco (1974); La consagración de la...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parella de cubertas, normalmente de cartón, unidas nos extremos por unha tea, cintas ou o mesmo cartón dobrado, que se utiliza para gardar papeis, documentos, debuxos ou cousas semellantes.

    2. Subdirectorio dentro dos sistemas operativos Macintosh ou Windows ou un grupo de iconas de programas no OS/2. Emprégase para gardar outras carpetas e documentos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión habitada polos carpetanos, situada no curso alto do Tajo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carpetanos.

    2. Individuo do pobo prerromano carpetano.

    3. Pobo prerromano peninsular pertencente á cultura celtíbera. Ocupou desde a serra de Guadarrama e a conca alta do Henares-Jarama ata a rexión pantanosa do Guadiana, na Mancha occidental, estendeuse por parte do Tajo, ata chegar a Talavera de la Reina. Practicou unha economía mixta agrícola-gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cidade da provincia de Modena, na rexión da Emilia Romagna, Italia (60.425 h [1997]). É o centro comercial da produción agrícola da comarca e un núcleo industrial bastante diversificado, con fábricas dos sectores téxtil, de mobles, cerámico e de alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cunha carpeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Modena, na rexión da Emilia Romagna, Italia (60.425 h [1997]). É o centro comercial da produción agrícola da comarca e un núcleo industrial bastante diversificado, con fábricas dos sectores téxtil, de mobles, cerámico e de alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao carpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que acudía aos velorios ou aos enterros para carpir polo defunto, xeralmente a cambio dunha cantidade de diñeiro.

    2. Muller que se lamenta con frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO