"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Compositor. En 1919 a súa canción Swanee fíxoo popular e estreou revistas musicais en Broadway, a miúdo con textos do seu irmán Ira. Autor de bandas sonoras, escribiu obras sinfónicas como a Rhapsody in blue (1924), o poema sinfónico An American in Paris (1928) e a ópera Porgy and Bess (1935). Así mesmo, compuxo os musicais Girl Crazy, Of Thee i
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do jude ṭ de Bačau, Romanía (49.312 h [estim 1985]). Ata 1965 coñeceuse co nome de Oneşti. Novo centro industrial dende os anos cincuenta, desenvolveu industrias químicas, unha central térmica e unha refinería de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romanés. Militante comunista dende 1930, en 1944 uniuse á resistencia contra os alemáns. Secretario xeral do partido (1945-1965), foi ministro de Industria e Comercio (1946-1949), primeiro ministro (1952-1955) e presidente da República (1961-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no baixo val do río Odiel (11.166 h [1996]). No termo está o encoro de El Sancho, que permitiu a extensión do regadío. En secaño, cultívanse cereais, oliveiras e viña. Hai actividade industrial (fábricas de cemento, materiais de construción e produtos alimentarios) e comercial. Conquistada aos árabes por Afonso X o Sabio, Carlos V converteuna en marquesado e concedeulla a Alfonso de Zúñiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico e historiador. Formado en filosofía e teoloxía nos conventos de Sarria e Poio, ingresou en 1906 nos mercedarios. Os seus intereses históricos centráronse no estudo da presenza dos misioneiros en América e Filipinas. Director de La Merced, das súas obras destacan La Merced en Perú (1945), La traida de libros y vestuarios en el siglo XVI de los misioneros, desde sus conventos a Sevilla, pasados por el Tesorero de la Casa de Contratación (1954) e Aviamiento y catálogo de los misioneros que en el siglo XVI pasaron de España a Indias y Filipinas según los libros de Contratación (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.
-
GALICIA
Debuxante. Colaborou con El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, e participou na edición de varios libros das editoriais Xerais e Vía Láctea. Colaborou nas revistas Totem, Cimoc, Zona 84 e Skorpio. Ilustrou tamén as guías de Extremadura e Galicia de Caixa Galicia e da Caja de Extremadura e os libros Tres países encantados (1986), de Xoán Babarro e Ana María Fernández, e O cabaleiro inexistente (1988), de Italo Calvino. Gañou o premio de ilustración Ciudad de Dos Hermanas en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e entallador italiano, irmán de Benedetto da Maiano. Coñecido como Giuliano da Maiano, traballou como entallador na catedral de Pisa, onde fixo o cadeirado do coro, e na catedral de Florencia, onde realizou os armarios da sancristía nova. En 1477 nomeárono arquitecto da catedral de Florencia. Contribuíu a difundir as primeiras formas renacentistas de Brunelleschi. Das súas obras destacan a capela de Santa Fina na colexiata de San Gimignano, o Palazzo Spannochi en Siena, a porta Capuana de Nápoles e a catedral de Faenza. Atribúenselle, entre outras obras, o Palazzo Venezia de Roma e o Palazzo Cuomo en Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves caradriformes, da familia dos glareólidos, que se caracterizan por presentar patas altas, ás e cola longas, unha plumaxe de cor parda e gorxa amarela. Son de talle bastante pequeno. Habitan en zonas húmidas e tépedas das rexións cálidas e temperadas de Europa, África e Asia.
-
-
Relativo ou pertencente aos glareólidos.
-
Ave da familia dos glareólidos.
-
Familia de aves caradriformes, insectívoras, de patas altas e delgadas, pico curvo, boas corredoras e voadoras, que viven en zonas temperadas de Europa, África, Asia e Australia. Inclúen corredoras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de glicosa a partir de substancias que non son carbohidratos, particularmente proteínas e graxas. En condicións normais só ten lugar, no fígado e na codia do ril, cando as reservas de glicóxeno hepático acaban. Segue o camiño inverso da glicólise, dende o piruvato á glicosa, e emprega coma precursores o lactato, o piruvato, os aminoácidos, o glicerol ou intermediarios do ciclo de Krebs. É unha ruta metabólica que necesita a contribución do ATP.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á lingua e á farinxe.
-
-
Relativo ou pertencente ás nádegas.
-
Aplícase a cada un dos músculos que forman as nádegas.
-
-
PERSOEIRO
Químico alemán, discípulo de F. Wöhler. Descubriu o ferricianuro de potasio, que se coñece co nome de Sal de Gmelin, e introduciu os termos éster e cetona en química orgánica. Polas súas investigacións sobre a química da dixestión, pódese considerar o fundador da fisioloxía química.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás gnetáceas.
-
Plantas da familia das gnetáceas.
-
Familia de árbores, arbustos e lianas, que comprende un único xénero e unhas 40 especies, as máis delas de distribución tropical, caracterizadas por presentar follas planas elípticas, con nervación pinnada, e flores unisexuais en inflorescencias ramificadas.
-
-
-
Rama da filosofía que se ocupa do coñecemento en xeral, que estudia a orixe, a natureza e o valor do mesmo. Non debe confundirse coa epistemoloxía, que centra o seu estudo no coñecemento científico.
-
Ciencia que estudia os principios, as leis, os postulados e as hipóteses científicas e trata dos problemas do método, da unidade e da división das ciencias. Considérase como punto de partida desta disciplina -chamada preferentemente epistemoloxía- a Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837), de Bernhard Bolzano, e a Philosophy of the Indutive Sciences, Founded upon their History (1840), de W. Whewell, e do seu continuador A. A. Cournot. A partir de 1900 xurdiu o movemento da crítica das ciencias, dirixido contra o dogmatismo dalgúns científicos e centrado no estudo da natureza das leis e as teorías da física e as matemáticas (H. Poincaré, P. Duhme, E. Mach, W. Ostwald, C. S. Pierce, K. Pearson, G. Frege ou B. Russell). Recentemente destacou o traballo de G. Bachelard.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á gnoseoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoremas que intentan demostrar que é imposible elaborar un conxunto de axiomas a partir dos que se puidese deducir un sistema matemático “completo”. Propuxo dous teoremas, o da indecibilidade e o da incompletitude. O primeiro establece que ningunha teoría finitamente axiomatizable é capaz de derivar os postulados de Peano (é dicir, abarcar un nivel mínimo de complexidade), é a vez consistente e completa. O segundo teorema, o da incompletitude, corolario do primeiro, afirma que se unha teoría é finitamente axiomatizable, consistente e capaz de derivar os postulados de Peano, entón esta teoría non pode probar a súa propia consistencia.
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudiou nas universidades de Lexington e Dallas, e doutorouse en 1966. Traballou no Hospital Xeral de Massachusetts e no Instituto Nacional do Corazón na Universidade de Dallas. Estudiou os factores xenéticos que interveñen no metabolismo do colesterol xunto con Michael F. Brown, co que compartiu no ano 1985 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina por estas investigacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen berra moito ou levanta a voz.
-
Que ou quen non é nada discreto.
-