"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e   Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao molusco lamelibranquio que presenta nas valvas a impresión paleal continua e paralela á cuncha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame cinematográfico internacional fundado en Berlín en 1951. É un dos referentes mundiais da exhibición de cine. Anualmente entrega os seus galardóns nas diferentes categorías do festival, entre as que destaca o Goldener Bär, o seu premio máis destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical creada en 1977 pola unión do Sindicato Obreiro Galego (SOG) e os sindicatos integrados na ANPG (UTEG, UTSG, UTBG, SGTM). En 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos (CTG), utilizando as siglas ING-CTG ata 1981, ano en que adoptaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación galeguista fundada en Bos Aires en 1941. Inspirada por Castelao, levou a cabo actividades de tipo cultural e político en defensa da lingua galega durante os seus trinta e dous anos de existencia, nos que estivo presidida por persoeiros como Alonso Ríos, Rey Baltar e Ricardo Flores. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo e pediulle á ONU a condena do goberno franquista (1946) e levou a cabo unha campaña contra o emprego da bandeira monárquica nos centros galegos (1948). Organizou numerosas conferencias, exposicións de pinturas e colaborou coa Intersocietaria Gallega e con A Nosa Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou un sector das Irmandades da Fala, dirixido por Vicente Risco na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos (1922). Publicou o boletín Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alelo que na homocigose produce fenotipos indistinguibles, separables soamente por procedementos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido de olor desagradable que se solidifica a -37°C e ferve a 175-177°C. OBS: Tamén se denomina ácido delfínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Da súa produción destacan as novelas Vestibulul (Vestíbulo, 1966), P ǎ s ǎ rile (Os paxaros, 1970) e Racul (O cancro, 1976); e os ensaios Corn de Vin ǎ toare (Corno de caza, 1972) e Pro-domo (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e director de orquestra. Estudiou Contrapunto, Harmonía e Composición en Madrid e fixo cursos especiais en Austria con Herbert von Karajan. É catedrático dos conservatorios superiores de Sevilla e Madrid e kapellmeister polo Mozarteum de Salzburgo. Gravou varios discos de música clásica e dirixiu distintas orquestras en actuacións por todo o mundo. Entre os premios que posúe destaca a Cruz de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e empresario palestino. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de cardioloxía. En 1967 foi expulsado da súa terra durante a Guerra dos Seis Días e chegou a España en 1970. Realizou varios masters en dirección de empresas e, no campo do audiovisual, foi creador, produtor e realizador de programas e series de televisión. Publicou o libro Palestina, crónica de una injusticia (2002). Foi presidente da Fundación Araguaney, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello Audiovisual de Galicia, e é asesor da representación en España da Autoridade Nacional Palestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. En París entrou en contacto co postimpresionismo e o fauvismo, e en 1909 fundou, con Kandinsky e outros, a Neue Künstlervereinigung, na órbita do expresionismo alemán. Influído polo cubismo, dedicouse a pintar caras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Fillo de campesiños, en Petrogrado (1915) tivo contacto cos membros do movemento simbolista e co poeta A. A. Blok. En 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística da sociedade, que se converte en pesimista e satírica. Escribiu Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Comezou a publicar en 1949, influído por Majakovskij. Destacan as súas escolmas poéticas Tretij sneg (A terceira nevada, 1955), Obeščanije (A promesa, 1957), I drugic (Tamén os outros, 1962); o seu libro Autobiografía (1963); e das súas viaxes polo estranxeiro, o ciclo cubano, do que destacan os títulos Internacional e Tri minuty pravdy (Tres minutos de verdade). Foi un dos representantes da poesía soviética da época da desestalinización, na que destaca Nasledniki Stalina (Os herdeiros de Stalin, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida coma Marilar Aleixandre, é profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculada ao movemento feminista, participou na creación da Asociación Galega da Muller e encabezou a lista do Movemento Comunista de Galicia nas primeiras eleccións municipais (1979). Participou nos movementos de renovación pedagóxica e pertence ao colectivo poético do Batallón Literario da Costa da Morte. Colaboradora de numerosas revistas, é coautora dos primeiros libros de ciencias en galego Xilbarbeira (1981), Setestrelo 1 (1988) e Setestrelo 3 (1989); tamén é coautora de diversas publicacións de didáctica das ciencias, dun vocabulario de ciencias naturais e autora de Dubidar para Aprender (1997). En canto á súa produción literaria, no apartado infantil e xuvenil publicou A formiga coxa (1989), O rescate do peneireiro (1990), Nogard (1994), A expedición do Pacífico (Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Nacional do NO de Uganda (2.849 km2). Esténdese ao longo do río Nilo-Victoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Katanga, República Democrática do Congo (101.309 h [1994]). Situada na costa occidental do Tangañika, é un porto destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título do poema épico nacional finlandés, reconstruído filolóxica e poeticamente por Elias Lönnrot, que obtivo a súa versión definitiva en 1849. Está formado por 22.795 octosílabos trocaicos distribuídos en 50 runot ou cantos, e representa unha fusión de elementos pagáns, cristiáns e históricos, testemuño dun estadio cultural agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Aleksandr Oles’, foi demócrata e nacionalista e cantou a liberación do seu pobo. Algúns dos seus poemas foron incorporados ao cancioneiro popular ucraíno. Da súa produción destacan Poeziï (Versos, 1901, 1911) e Čužinoju (En terra estraña, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO