"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Maniños (Fene). Ten planta rectangular e tivo capela da que só se conserva un escudo que lucía dos Bermúdez de Castro.
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. Foi secretario do Vicerrei Carlo Fiz e a partir de 1833 recibiu o título de barón do Rei Carlos Alberte II. Foi en varias ocasións presidente do Senado e contribuíu á recompilación de leis e á distensión do feudalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e ourive italiano. Foi autor dos terrecotte do claustro da cartuxa de Pavia (1464-1466), onde, desde 1473, traballou na fachada co seu irmán Antonio Mantegazza, e con G. A. Amadeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sendelle (Boimorto). Ten planta en escuadra e o acceso faise mediante unha porta baixo arco, que contén un pequeno escudo e unha inscrición coa data de construción de 1614. Pertenceu á liñaxe dos Codesido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Florencia 1566 - 25.5.1607) Relixiosa carmelita. Mestra de novicias, tiña estigmas e acadou un alto grao de misticismo. A súa festividade celébrase o 25 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de peregrinación e de culto á Virxe, situado na localidade homónima austríaca, no land de Estiria (2300 h [estim 1980]). A igrexa, realizada en estilo gótico, foi reconstruída en 1664. O interior barroco contén unha talla románica da Virxe do s XII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou de Láncara Construción situada en Bergondo. A edificación actual data do s XVIII e levantouse no lugar dunha antiga fortaleza dos Pérez das Mariñas. Mestura elementos barrocos e neoclásicos e orixinalmente tiña planta en forma de U, á que se lle engadiu en 1975 un novo corpo destinado a aloxamento. A fachada principal está presidida por unha escalinata de pedra que dá acceso ao patio de armas con dúas esculturas de pedra na parte inferior. A fachada posterior conta cunha solaina con balaustradas de cantería e cunha escalinata, con motivos esculturais barrocos, que dá acceso aos xardíns. No seu interior destaca a gran lareira. Conserva a capela, de estilo barroco e bo tamaño, que conta no interior cun retablo con tallas que se lle atribúen a Xosé Gambino. Fundado por Gómez Pérez das Mariñas no s XV, en 1936 o seu descendente Xeraldo Bermúdez de Castro, coñecido como Xeraldo Láncara, legou o pazo á Deputación Provincial da Coruña para fins sociais. Acolle unha interesante...
-
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1991) e director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao Consello Científico do Instituto da Lingua Galega e é secretario do comité de redacción da revista Verba. Colaborador de diversas publicacións con artigos sobre a lingua galega, como A Trabe de Ouro, Cadernos da Lingua e Verba, das súas obras destacan Edición de Os Camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo (1990), Edición e estudo lingüístico do coloquio de vinte e catro galegos rústicos de Fr. M Sarmiento (1995), Historia da lingua galega (1998), Eladio Rodríguez e a cultura galega (2001) e O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista visual e narradora. Destaca pola súa mestura artística, produto da investigación de novos soportes, entre os que destacan os libro-obxecto. Nunha segunda etapa utilizou a fotografía que chegou a ter categoría pitórica, froito da manipulación con pigmentos e outros materiais. Investigou posteriormente a técnica da colaxe e a produción en vídeo coa obra A Praia (2004). Das súas publicacións destacan os contos O soldado Klaus (1999), Ela (2000), Vicio (2002) e Soñando (2003). Recibiu o primeiro premio no Certame Arte Xoven Galego (1996) e o primeiro premio no III Certamen de Expresión Plástica Ramón J. Sender.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (29.406 km2; 1.286.549 h [estim 2001]). A súa capital é Arāk (380.755 h [1996]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bóveda. Ten planta rectangular e construíuse cara a 1772, con marcada influencia italianizante. Conserva catro escudos na fachada e solaina sobre arcos de medio punto e cuberta. Destaca o arquivo que garda a evolución da historia da casa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela escrita por Xosé Antonio Perozo e publicada por Ir Indo Edicións en decembro de 2001. Trátase dun conxunto de historias que se vertebran ao redor dunha moza libre, independente e amoral fronte á sociedade moderna. Martázul, a protagonista, representa o arquetipo do donxoanismo feminino que seduce e conquista con absoluta liberdade, e onde os sentimentos e o erotismo se mesturan coa reflexión sobre o sentido real da vida, as artes e a paixón. Esta obra foi galardoada co XX Premio de Novela Eduardo Blanco Amor (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Rianxo. A construción orixinal derrubouse e levantouse o edificio actual a finais do s XVII e principios do s XVIII. Ten planta rectangular a dúas alturas e cuberta a catro augas con tellado de tella coroado por unha claraboia. Na fachada presenta unha solaina abalaustrada sostida por canzorros, que ocupa toda a fronte, e onde destacan os escudos debuxados por Castelao para a revista Nós, situados nas esquinas. Foi rehabilitado como biblioteca pública segundo o proxecto do arquitecto Rafael Baltar Tojo. Foi declarado Ben de Interese Cultural (1973).
-
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como o Empecinado, levantou unha guerrilla contra os franceses que se converteu nun verdadeiro exército semirregular (1808). Pola súa rapidez de movementos e o vigor dos seus ataques foi temido entre os franceses e converteuse nun ídolo popular en toda a península. Actuou principalmente nas terras de Cuenca e Guadalajara. Nomeado mariscal de campo polo Consello de Rexencia, en 1814 esixiu de Fernando VII o restablecemento da Constitución de Cádiz, razón pola que foi desterrado. Secundou o pronunciamento liberal de Riego (1820) e combateu os Cen Mil Fillos de San Luís (1823). Foi preso polo correxidor de Roa e condenado á forca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de hockey sobre patíns arxentino. Considerado como o mellor xogador de todos os tempos, xogou varias tempadas no H.C. Liceo de La Coruña, co que conseguiu cinco ligas e dúas copas intercontinentais. Con Arxentina logrou tres torneos sudamericanos, dúas copas do mundo e unha medalla de ouro nos Xogos Panamericanos. Recibiu o premio ao mellor xogador mundial (1978), o Premio Olimpia de Oro e o Premio Konex de Platino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, seis besantes de ouro e azul.
-
PERSOEIRO
Teólogo. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e cabaleiro da Orden de Carlos III. Escribiu Oratoria sagrada (1886) e Baraja mística (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor barroco. Discípulo e xenro de Velázquez, a súa obra foi habitualmente atribuída, de maneira errónea, ao seu mestre, con quen colaborou en obras como Retrato de la familia de Velázquez (1664?). Foi pintor de cámara (1660) e realizou copias de obras de Rubens e Tiziano, vistas de cidades e paisaxes e retratos. Da súa obra destacan Vista de Pamplona (1647?), El arco de Tito (1657?) e El Estanque del Buen Retiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. En 1980 fundou, xunto con outros actores, o grupo Teatro Estudio 80, que se denominou posteriormente Teatro de Cámara de Madrid. A súa traxectoria en Galicia está vinculada ao Centro Dramático Galego, co que traballou nos espectáculos Caderno de Bitácora (1985), As tres irmás (1987), Yerma (1990), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991) e A Lagarada (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que se asentou en Santa María (Melide).