"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Revista gratuíta editada na localidade chilena de Valparaíso a partir de 1930. Subtitulouse “Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso”. Incluíu artigos sobre as relacións entre os países hispanoamericanos, en defensa da Universidade de Santiago de Compostela, e información de carácter societario e sobre Galicia en xeral. Ademais, acompañouse de textos literarios e algunhas cantigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico que comezou a súa emisión o 15 de marzo de 1958 en Bos Aires. Dirixida polo xornalista Andrés Rodríguez Barbeito, estaba patrocinada polo industrial Xosé Ramallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de información xeral editado en Vigo dende 1993. Dirixida por Francisco Gómez-Soto, conta con correspondentes na maioría dos países europeos e americanos onde residen os emigrantes galegos. Inclúe ademais achegas literarias e conta coa colaboración de destacados escritores e intelectuais de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico semanal emitido por LU-4 Radio Patagonia dende Comodoro Ribadavia, en Arxentina. Dirixido e presentado por Manuel A. Rei flórez, tentaba servir como difusor da cultura galega en América. En ocasións, conectaba coa Radio Galega e ofrecía información directa de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral aparecida en París a partir de xuño de 1959. Cesou en breve tempo. Editada pola Casa de Galicia da capital francesa, trátase dunha das primeiras publicacións galegas creadas en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político editado a partir de decembro de 1974. Subtitulouse “Voceiro da organización galega do Movimento Comunista de España”. A partir de febreiro de 1976 (nº 13) modificou o seu subtítulo polo de “Voceiro do Comité Nacional do Movemento Comunista de Galicia”. Inicialmente tivo que distribuírse de forma clandestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid a partir de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición en abril de 1936 (nº 42). Dirixida por Xosé Manuel Poyán, incluíu inicialmente noticias e crónicas de actualidade. Dende 1933, ademais dos contidos anteriores, inseriu diversas achegas de literatura galega (contos, poemas, relatos curtos, recensións, etc), cunha especial preocupación polas formas populares, tal e como se reflectía nas seccións “Adiviñanzas” e “Sabiduría popular”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid dende abril de 1982 polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma). Cesou a súa edición en novembro do mesmo ano. A partir de xullo de 1983 iniciou unha segunda época, dirixida por Mourelle de Lema, presidente do grupo cultural editor. Incluíu diversas investigacións sobre a historia, a cultura e a literatura de Galicia, así como reproducións de relatos, contos e poemas, acompañados de recensións e notas bibliográficas. Na súa elaboración colaboraron os máis destacados escritores e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo aparecido a partir de 1957 en Bos Aires. Trátase dunha publicación societaria editada polo Centro Galego de Mar del Plata e dirixida en diferentes épocas por Secundino Bugallo Alonso e Xoán Vázquez García. Incluíu artigos referidos á paisaxe, á arquitectura e á cultura de Galicia, biobliografías de destacados escritores galegos, poesías e textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida nos anos noventa do s XX en Valencia, Venezuela. Editada pola sociedade Irmandade Galega da devandita cidade, estaba coordinada por I. Narea Aponte. O seu consello de redacción estaba formado por Juan Pacheco e Edgar Santana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de fútbol fundado en Salvador de Baía (Brasil) o 1 de xaneiro de 1933. Leva como escudo a cruz de Santiago sobre a bandeira galega. Xoga os seus partidos no estadio Parque Santiago. Proclamouse en cinco ocasións campión do torneo estatal de Baía (1937, 1941, 1942, 1943 e 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 15 de febreiro de 1988 presidida polo presidente da Xunta de Galicia. Agrupa diversas entidades públicas e privadas representativas da vida económica e social de Galicia. O padroado está integrado por representantes das entidades que compoñen a fundación: Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras Gallegas de Comercio, Industria y Navegación, CC da Coruña, CC de Ferrol, CC de Ourense, CC de Pontevedra, CC de Santiago de Compostela, CC de Tui, CC de Vigo, CC de Lugo e CC de Vilagarcía. Entre os seus obxectivos inclúense fomentar o achegamento da realidade galega á realidade europea e aos países da Unión Europea en especial, e está aberta á colaboración de todas as institucións que persigan os mesmos fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual de información xeral editada polo Grupo Editorial Galego en Vigo a partir de setembro de 1983. Subtitulouse “Unha terra, unha xente, unha información propia”. Dirixiuna Ciprián Rivas. Ademais do seu equipo de redacción e colaboradores, contaba con correspondentes en Santander, Madrid, Barcelona, Londres e Oslo. No ámbito informativo abordou temas relacionados co ecoloxismo, a política, a historia, a antropoloxía, a lingua, a cultura, etc. Incluíu ademais entrevistas, reportaxes de actualidade e diversas seccións dedicadas ao cine, teatro e humor gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político editado en Santiago de Compostela a partir do 4 de xullo de 1931. Cesou probablemente o 3 de setembro de 1932 (nº 4). Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nós. Na súa redacción participaron Ezequiel Rey, Victoriano Marcos e Xesús Pose. Nas súas páxinas defendeu un modelo federalista para España e a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana a partir de 1913. Cesou a súa edición probablemente coa chegada do nº 15. Dirixido por Ramiro García, o seu obxectivo era criticar todo aquilo relacionado coa comunidade galega de Cuba, especialmente na sección “Historia cómica de Galicia”. Incluíu ademais poesías en galego e castelán e numerosas fotografías de paisaxes, persoeiros e monumentos de Galicia. Tivo unha tiraxe de 5.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista ilustrada editada en La Habana a partir de 1923. Dirixiuna Miguel Fernández Seijo. Publicáronse cando menos dous números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal editada na Coruña ao redor do ano 1929. Dirixida por F. Montero de Doíztua, foi a continuadora doutra publicación cos mesmos contidos e estrutura titulada Galicia. Ademais de novas de actualidade, incluíu estampas coruñesas, referencias a costumes galegos e artigos dedicados a diversos artistas. Todos os artigos ían acompañados de abundantes gravados e fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral editada en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1901. Cesou a súa edición en novembro de 1903 (nº 12). Dirixiuna Antonio López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Tipografía Galaica. Tentaba realizar un estudo compilatorio de fontes históricas e un labor poligráfico de estudios analíticos. Incluíu traballos de numismática, epigrafía, música, heráldica, arquitectura, escultura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia nacionalista editada dende xaneiro ata novembro de 1977 en Xenebra pola AN-PG. Subtitulouse “Información prá Emigración Galega”. Posteriormente, converteuse en voceiro dunha asociación homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir de xullo de 1983 no Grove. Subtitulouse “Cadernos de información cidadán” e foi a voceira do Partido Galeguista da agrupación comarcal de Arousa. Ademais de información interna e documentación histórica do partido, incluíu artigos sobre destacados escritores galegos e recensións de obras da literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO