"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Asunto de corrupción política que provocou a fin do goberno de coalición entre o Partido Radical e a CEDA durante a Segunda República Española. En maio de 1934 Strauss e Perlowitz intentaron obter das autoridades republicanas a legalización dunha ruleta trucada que inventaran. En setembro de 1934 conseguiron introducila en casinos de Donostia e Palma de Mallorca, aínda que foi inmediatamente prohibida pola policía. Strauss esixiu unha compensación económica a diversos políticos, sen éxito, motivo polo que remitiu toda a documentación do asunto a Niceto Alcalá Zamora, presidente da República. O 20 de setembro de 1935 Alejandro Lerroux dimitiu como presidente do goberno porque moitos dos seus partidarios estaban relacionados coa obtención da concesión. O Partido Radical quedou totalmente desprestixiado, o que precipitou a fin do goberno radical-cedista. Durante o período franquista as actividades de estraperlo constituíron un amplo mercado negro nacido a raíz da situación de racionamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir con toxo o lugar onde se deitan e comen os animais para que estean secos e tamén para que fagan esterco.

    2. Tirar cousas polo chan de forma desordenada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Alsacia e do departamento do Baixo Rin, Francia, na fronteira con Alemaña (263.896 h [1997]). Situada nunha fértil chaira na beira do río Ill, nun cruzamento de grandes vías de comunicación internacionais e cunha rede de canles navegables que comunican o Ill e o Rin co río Marne. O núcleo primitivo da cidade formouse nunha illa entre os dous brazos do Ill. É un importante porto, cunha grande actividade comercial. Tamén é o centro de transformación e distribución de numerosas materias primas. A industria está moi diversificada (metalurxia, alimentación, téxtil, química, madeira, construción naval e refinería de petróleo). Ten unha importante biblioteca universitaria (3 millóns de volumes). Campamento romano fundado por Druso no 12 a C co nome de Argentoratum, foi devastado no s V polas invasións xermánicas e no s VI reapareceu co nome de Strateburgum (‘cidade dos camiños’). Formou parte dos imperios carolinxio e xermánico. Pola Paz de Westfalia (1648), os terreos da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo realizado o 14 de febreiro de 842 entre Luís II o Xermánico e Carlos II o Calvo, vencedores en Fontenoy-en-Puisaye (841) contra o seu irmán Lotario e o seu sobriño Pipino II. O historiador J. E. Nithard conservou o texto no seu prototipo latino e nas versións producidas en romance e altoalemán, que son os testemuños máis antigos que se conservan destas dúas linguas. Luís II pronunciou a fórmula en romance e Carlos II, en alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Estrasburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Estrasburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cuberta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Argucia de guerra.

    2. Artificio empregado para conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xefe do exército en diversos estados gregos da Antigüidade.

      2. Membro do colexio de dez persoas que se encargaron dos asuntos militares en Atenas desde a época de Clístenes (501 a C-500 a C). En tempos de guerra ocupábase do recrutamento das tropas, da repartición das naves, dirixían o exército e decidían sobre os tratados e sobre a paz. Durante a paz, dirixía as relacións exteriores, o tesouro e conservaba atribucións xurídicas sobre o exército. Dende o s V a C converteuse no maxistrado principal.

      3. Xefe supremo dunha circunscrición ou tema que, no Imperio Bizantino, exercía as funcións de xeneral en xefe, xuíz supremo e xefe da administración do seu territorio.

    1. Persoa versada en estratexia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia de proxectar e dirixir as grandes operacións militares. Ten como partes executivas a táctica, que se ocupa da estrutura dos exércitos, do recrutamento, do funcionamento do armamento e dos transportes e do estudo do terreo, do medio humano e das características do adversario; e a loxística, que se ocupa de calcular, preparar e levar a cabo todo o que fai referencia á vida, ao movemento e ás necesidades da tropa para conseguir a máxima eficacia en cada operación concreta.

      2. Coordinación das forzas políticas, económicas e diplomáticas para conseguir os obxectivos dun Estado, dun grupo ou dun partido.

    1. Arte de coordinar as accións para lograr o obxectivo que se pretende.

      1. Conxunto de accións que se desenvolven no transcurso dunha competición conforme a un plan establecido con anterioridade.

      2. xogada de estratexia

        Conxunto de movementos coordinados dun equipo deportivo, especialmente os ofensivos que seguen á execución dun lanzamento.

      1. estratexia do k

        Estratexia ligada aos procesos de supervivencia dunha especie; neste caso, as poboacións que posúen esta estratexia desenvólvense en límites próximos aos marcados pola súa capacidade de carga; presentan unha curva sigmoidea de medra poboacional, viven en ambientes máis ou menos estables e a súa mortalidade depende do tamaño poboacional.

      2. estratexia do r

        Estratexia ligada aos procesos de supervivencia dunha especie; consiste en que as poboacións presentan flutuacións irruptivas que ascenden e descenden bruscamente, mostrando unha curva de desenvolvemento poboacional similar á curva exponencial; as especies que manifestan unha estratexia rR de supervivencia presentan para lograla, maior dependencia das condicións do medio ambiente que do tamaño poboacional.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á estratexia.

    2. Que ten unha importancia decisiva para realizar algo, aplicado especialmente a un lugar ou a unha acción.

    3. Mísil empregado para ameazar un territorio inimigo dende unha distancia superior aos 5.000 km. O transporte destas armas realízase mediante un mísil balístico intercontinental, un avión tripulado con grande autonomía de voo ou un vehículo non tripulado de tipo cruceiro. No 1984 o arsenal estratéxico dos EE UU estimábase nunhas 11.600 bombas fronte ao da URSS, que contaba con 8.300. En 1991 os presidentes G. Bush e M. Gorbačov asinaron o primeiro Tratado de Redución de Armas Estratéxicas, polo que se acordou a redución do seu número en 1/3. O 13 de novembro de 2001 estableceuse un segundo acordo de desarmamento nuclear, en que se estipulou que cada unha das potencias debía limitar o seu arsenal a 3.000 ou 3.500 armas estratéxicas para o 2007.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estrat(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deposición dun estrato ou capa detrás doutro estrato en superficies planas ou lixeiramente inclinadas. A estratificación orixínase por cambios nos materiais que se ían depositando ou por cambios nas condicións do depósito. Estes cambios poden ser: variación do tamaño dos grans; cambios na textura, como o arredondamento das partículas; e cambios na cementación e na compactación das partículas. Un caso especial é a estratificación cruzada, que se orixina cando unha corrente de auga diminúe de velocidade ao penetrar en augas máis quietas; este tipo orixínase tanto en augas pouco profundas dos ríos como nas máis profundas dos medios mariños. O caso normal é a estratificación gradual, que consiste en que o material grande que se deposita na parte inferior do estrato se volve máis fino gradualmente e acaba por ser finísimo na parte superior.

    2. Operación de dispoñer en capas ou estratos sementes de plantas arbóreas e area ou terra fina, alternativamente, para acadar unha mellor conservación e evitar a súa alteración por contacto co aire ou a xerminación prematura.

    3. Disposición dunha biocenose en estratos.

    4. Subdisciplina lingüística que ten como obxectivo establecer correlacións entre variables lingüísticas e sociais, isto é, adscribir as diferencias de expresión a distintos grupos sociais, de aí que necesite recorrer á estratificación social como unha das súas ferramentas fundamentais. Este termo adaptouse da socioloxía e utilízase especialmente na área da sociolingüística variacionista, iniciada por William Labov. Este concepto emprégase tamén na socioloxía da linguaxe, co fin de establecer a distribución social das linguas en sociedades bilingües ou multilingües. A cuestión que se intenta responder é: falan de distinta maneira os diferentes estratos sociais? En liñas xerais, as variantes ou linguas máis prestixiosas son as usadas polos estratos que contan con máis poder e status social. Por outra parte, o propio feito de que determinadas variantes ou linguas sexan máis usadas por uns grupos ca por outros provoca que estas adquiran connotacións positivas ou negativas. Como consecuencia,...

    5. División da sociedade en capas, clases ou grupos que se consideran mutuamente relacionados e xerarquizados dos máis baixos aos máis altos. O termo, adaptado do concepto xeolóxico, incorporouse á socioloxía na década de 1940. Os estratos sociais defínense de acordo cos valores de cada individuo, segundo a súa posición social; constituirán un mesmo estrato aqueles individuos que teñen oportunidades similares. Na teoría da estratificación social, K. Marx representou un cambio radical, coa súa doutrina sobre as clases sociais, a dos que posúen os medios de produción e a dos traballadores ao servizo daquelas, ao facer exclusiva a importancia do factor económico como criterio de estratificación. A socioloxía anglosaxona criticou a formulación marxista na medida en que esquecía os condicionamentos que derivan do prestixio e dos diferentes cargos laborais e profesionais e das estruturas étnicas e socioculturais dos diferentes tempos e lugares. Os tipos principais de estratificación aceptados comunmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñer en estratos.

    2. Formar estratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estudia as rochas estratificadas. Inclúe o estudo dos procesos sedimentarios e as rochas sedimentarias que resultan, a natureza da estratificación e as interrupcións da estratificación, como as discordancias e os diastemas, as facies e os cambios de facies, e tamén as correlacións. A estratigrafía parte de dous principios: a posición horizontal dos estratos e a súa superposición. Os depósitos sedimentarios, que se transforman en rochas sedimentarias estratificadas, fórmanse por acumulación de materiais sobre un fondo. A posición das partículas determínase pola forma deste fondo e pola acción da gravidade; se o fondo non é plano, os depósitos iniciais tampouco o son, aínda que chega un momento en que se acada a posición horizontal, se a sedimentación continúa. Esta posición pode alterarse por desprazamentos submarinos ou por fenómenos de orixe tectónica ou erosiva. A lei de superposición supón que, nunha secuencia de rochas dispostas en estratos, cada un é máis antigo ca o inmediatamente...

    2. Método de escavación arqueolóxica empregado para identificar os niveis ou camadas dun xacemento de cara ao seu estudio. A superposición de camadas permite establecer unha cronoloxía relativa dos mesmos, ao considerar os máis profundos como os máis antigos e os máis superficiais como os máis recentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estratigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das capas ben diferenciadas en que se presentan xeralmente as rochas sedimentarias.

      2. estrato tipo

        Sucesión concreta de estratos que serve de patrón para a definición dunha unidade estratigráfica ou dun límite estratigráfico. A localidade que acolle o estrato tipo é a localidade tipo.

    1. Cada unha das capas en que se divide unha biocenose e que presenta características ecolóxicas particulares.

    2. Capa ou conxunto de membranas superpostas dun tecido, dun órgano ou de calquera outra estrutura.

    3. Nube baixa que forma unha capa uniforme dunha extensión horizontal relativamente grande, semellante á néboa, pero sen tocar o chan.

    4. Estrato formado pola aparición en disposición horizontal dunha serie de materiais e características que permiten identificar un momento determinado diferente ao anterior ou posterior. A sucesión deles permite testemuñar a existencia dunha secuencia cultural completa.

    5. Cada un dos grupos ou capas en que se divide a sociedade segundo as diferentes teorías da estratificación social.

    6. Capa formada polas plantas dun intervalo de altura determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estrat(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno en que a autoridade militar é soberana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube baixa formada por un conxunto de masas acanaladas paralelas que cobre unha grande extensión de ceo. Xeralmente non produce precipitacións e a súa formación débese á transformación doutro tipo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición do exército e de todo o que a el respecta.

    VER O DETALLE DO TERMO