"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Especie de zapato tecido con la grosa que vai colocado por riba das medias ou calcetíns, empregado especialmente para meter os pés nas zocas e mantelos quentes.
-
Calcetín groso de la.
-
-
-
Peixe de auga doce do xénero Carassius, da familia dos ciprínidos.
-
[Carassiu
-
[Carassiu
-
-
-
Apelido procedente dun alcume que se aplicou a individuos que tiñan por oficio a carpintería. Documéntase no s XIII: “Martinus Carpentarius” (doc ano 1207, P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 418). Adoita aparecer castelanizado: Carpintero.
-
Liñaxe procedente de Arias Carpento, señor de Sirgal, no concello de Monterroso, e de Carpento, en Narla, concello de Friol; os seus descendentes cambiaron este apelido polo de Carpinteiro ou Carpintero. As súas armas levan, en campo de azul, seis veneras de ouro e bordo do mesmo metal.
-
-
-
Larva xilófaga de certos coleópteros e himenópteros da familia dos sirícidos. Debido á dificultade de dixestión da madeira, para o que se serven de microorganismos simbióticos presentes no seu tracto dixestivo, o período de desenvolvemento pode durar varios anos.
-
Persoa que ten como oficio o traballo da madeira. Existen varias especialidades que van dende o que elabora unha ferramenta de traballo ou o que fai un moble ata os fabricantes de carros, sellas, caldeiros ou mesmo vaixelas de madeira, tan empregadas en Galicia ata o s XVIII. Así, cómpre distinguir: o carpinteiro de taller, aquel que realiza o seu traballo nun taller próximo á casa e constrúe mesas, bancos ou portas; o carpinteiro de armar, que xeralmente non posúe taller e constrúe as armazóns dos pisos e corredores empregando ferramentas como a machada, as trenchas e o mazo; o carpinteiro de ribeira, que sitúa o taller na costa ou no interior e repara embarcacións e avarías; e os artesáns de carpintería fina, constructores de certo rango dedicados a pezas delicadas como os instrumentos musicais, que coidan o torneado e o acabado final. Todos eles precisan unha ampla infraestructura de almacenaxe para o seu material como as gubias, trenchas, cepillos e mazos. A súa madeira preferida é...
-
-
-
Obradoiro no que se traballa a madeira.
-
Arte e oficio de labrar e traballar a madeira.
-
Conxunto de pezas de madeira (ventás, portas, marcos, etc) ou doutro material que hai nun edificio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Carpinteiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballar ocasionalmente de carpinteiro ou practicar a carpintería como afección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das betuláceas á que pertence o carpe.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajo, ao O da cidade de Toledo (2.332 h [1996]). A súa economía baséase nas actividades agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bernardo del Carpio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campio Pérez Pérez.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao NL da capital (4.497 h [1996]). Recibe a auga para os cultivos do Gualdalquivir. A súa economía baséase no sector primario e destacan os cultivos típicos da agricultura mediterránea, especialmente os cereais e as oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Chorar polo morto nun velorio ou nun enterro.
-
-
Chorar, queixándose por mor da dor física.
-
Dar berros a causa da dor ou da desesperación.
-
-
Arrincar o cabelo ou rachar os vestidos con rabia debido á desesperación.
-
Peitear os cabelos.
-
Rabuñarse e causarse outros danos a causa da vergoña, da desesperación ou da dor.
-
Laiarse continuadamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do esqueleto da man constituída por oito ósos dispostos en dúas filas. A superior formada polo escafoide, o semilunar, o piramidal e o pisiforme; a inferior polo trapecio, o trapezoide, o grande do carpo e o ganchudo. Estes ósos articúlanse entre eles: os da fila superior articúlanse coa extremidade inferior do radio e o cúbito, e os da fila inferior cos metacarpianos. Unicamente se articula o pisiforme co piramidal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘froito’ ou ‘xuntura’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes, da familia das aizoáceas, de talos rastreiros e ramificados de varios metros de lonxitude, follas opostas moi carnosas e de sección triangular, e flores grandes. En Galicia están presentes en xardíns, areais e pedregais costeiros, dúas especies orixinarias de Sudáfrica, empregadas como ornamentais e para fixar dunas ou taludes: C. acinaciformis, de flores de ata 12 cm de diámetro e estaminodios púrpuras, e C. edulis, de flores de ata 8 cm de diámetro e estaminodios amarelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ramificación erecta das hepáticas marcantiais que consta dun pedicelo acabado nun corpo de forma variable (esférica, cónica, etc), no que se atopan os esporanxios.
-
PERSOEIRO
Teólogo cristián. Ensinou en Alexandría a principios de s II e foi un dos iniciadores do gnosticismo. Ireneo dedicoulle un capítulo en Adversus Haereses. Os seus discípulos estenderon as súas teorías polo Mediterráneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aparello esporífero dos fungos da subdivisión ascomicotina (ascocarpo) ou dos fungos da subdivisión basidiomicotina (basidiocarpo), formado por un estroma de consistencia suberosa ou carnosa. Corresponde, en xeral, ao que se chama popularmente cogomelo.
-
Prolongación estreita do tálamo dalgunhas plantas que sostén o xineceo e, posteriormente, o froito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de reprodución sexual na que o órgano feminino é un carpogonio con tricóxina, que capta un espermacio, o gameto masculino. O núcleo deste último penetra ata o núcleo do carpogonio, fusiónase con el e produce o cigoto que se separa da tricóxina e esta múrchase.