"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e editor. Logo de estudar a carreira de Diplomática nas escolas superiores de Oviedo e Madrid, ingresou en 1865 no Arquivo do Ministerio de Gobernación. En 1872 trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, onde comezou a súa estreita amizade con Manuel Murguía. Desde esta ocupación profundizou na campo da historiografía, baseándose na recollida de documentación tratada de forma sistemática e detallada. Nese proceso de investigación tirou do prelo numerosos estudios con documentación inédita, como Crónica Troyana. Códice gallego del siglo XIV (1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de “Las Partidas” (1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (1911) e Documentos gallegos del Archivo Municipal de La Coruña (1915). No eido da investigación lingüística e histórica, cómpre salientar Antiguallas de Galicia. Los nombres de La Coruña (1889), “La fauna en la toponimia gallega” (1912-1913) e De la Guerra de la Independencia en Galicia (1953). Colaborador de diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Armando, en 1968 trasladouse a Coimbra, onde comezou a traballar en madeira. A súa obra, dun simbolismo de arraigamento primitivista, resulta unha síntese de clasicismo e romanticismo, aínda que tamén se observan as influencias de escultores españois e europeos do período de entreguerras (1920-1930). Realizou diversas exposicións en Galicia e no estranxeiro, e a súa obra figura en museos e institucións de Italia e Reino Unido (Edimburgo). Destaca da súa obra Movimiento (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Florencio de Arboiro, a proposta estética da súa obra vinculouse ao seu arraigamento no medio rural (Pastoreando, 1980), incorporando símbolos relacionados moitas veces con lendas populares (Meiga, 1988-1990). Preferiu empregar materiais de suxerentes formas tomados da natureza e reutilizalos sen apenas transformar. A súa obra, da que destacan Afiador (1980-1982) e Maternidad (1980), está presente en mostras individuais e colectivas en Galicia e España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi xefe de servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Val d’Hebrón, membro de diversas comisións ministeriais da especialidade de Medicina Interna e vicepresidente da Sociedad Española de Medicina Interna. Recibiu o Premio José Trueta a la Investigación (1988), o Premio Farreras Valenti da Sociedad Catalana de Medicina Interna e o Premio Janssen-Cilag de investigación biomédica en SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cornoces (Amoeiro). Ten planta en forma de U, con patio interior. Conserva a capela, acaroada ao edificio principal, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagoga. Xefa do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo Provincial da Deputación de Lugo, publicou Niños (1991) e Sargadelos, un viejo cuento y una gran realidad (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. matraz de destilación

        Matraz que no medio do colo ten unha tubuladura inclinada cara a abaixo, por onde se une o refrixerante ao efectuar unha destilación.

      2. matraz de Kitasato/de filtración

        Matraz con forma cónica, de fondo plano e paredes grosas, cunha tubuladura lateral preto do colo, onde se conecta unha liña de baleiro. Emprégase para recoller o filtrado nunha filtración con sución.

      3. matraz de Kjeldahl

        Matraz con forma de pera, de fondo redondo e colo amplo e longo. Emprégase para efectuar dixestións e mineralizacións de substancias.

      4. Recipiente de forma esférica ou troncocónica, de fondo redondo ou plano, cunha ou máis bocas de colo longo ou curto, estreito ou amplo, e xeralmente de vidro, que ten distintos usos no laboratorio.

      5. matraz aforado

        Matraz de forma esférica ou de pera, de fondo plano cunha marca gravada no colo, que corresponde ao volume exacto do matraz. Emprégase sobre todo para preparar solucións de concentración coñecida.

      6. matraz de Claison

        Matraz de destilación de dúas bocas en que a tubuladura está no colo lateral (onde se coloca o termómetro), que xorde paralelamente do colo principal.

    1. Arma que consiste nunha barra longa, acabada cunha cabeza cilíndrica ou cuadrangular, que se lanzaba con besta na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi membro da Asamblea Nacional Consultiva de M. Primo de Rivera e ministro de Traballo e Prevención no goberno de Aznar (1931). Publicou os estudios históricos Historia crítica del reinado de Alfonso XIII durante su minoridad (1919), Bosquejo histórico de la ditadura (1930) e Vida y reino de Carlos II (1954). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi deputado por Renovavión Española pola provincia de Pontevedra en 1933 e un habitual comentarista político do diario ABC, desde onde combateu a república, a pesar de que o seu irmán Miguel era ministro da Segunda República Española. Escribiu Raquel (1928), La noche loca (1930) e Eva, indecisa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Antoni Maura i Montaner. Deputado por Alacant (1916), defendeu a política maurista. A Ditadura de Primo de Rivera modificou as súas convicións monárquicas e formou parte do primeiro comité revolucionario republicano (1930). Detido despois da sublevación de Jaca, foi ministro da Gobernación do goberno provisional da Segunda República Española, entre abril e outubro de 1931. Tivo que exiliarse durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Regresou en 1953 e escribiu Así cayó Alfonso XIII (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. É autora de numerosas publicacións sobre prosa e poesía españolas dos ss XIX e XX. Especializada na obra de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, publicou La Poesía de Rosalía de Castro (1974), con material recollido na súa tese de doutoramento, Rosalía de Castro y sus sombras (1976) e Rosalía de Castro (1986). Combina as súas colaboracións xornalísticas en La Voz de Galicia coa dirección de diversas coleccións de narrativa nas editoriais Castalia e SM. Na súa obra, de carácter realista, combínanse temas propios do ser humano co misterio, o amor e a morte. O avance da acción sempre acontece na mente dos personaxes, de aí a importancia da perspectiva e da psicoloxía que a autora utiliza como recurso fundamental. Publicou Cándida, otra vez (Premio Ámbito Literario 1979), Al otro lado (Premio Novelas y Cuentos 1980), Plantar un árbol (Premio Gabriel Sijé 1981), Ensayo de comedia (Premio Hucha de Oro 1982),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma antiga e contundente que consistía nun bastón, xeralmente de ferro, que contaba cun extremo groso e pesado, e ás veces con prominencias aguzadas, co que se golpea, e outro extremo máis estreito polo que se agarra.

      1. Instrumento constituído xeralmente por un pau e unha peza redonda e dura nun dos extremos, con forma semellante á dun martelo, e que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.

      2. Utensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.

      3. Instrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.

      4. Martelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo que se emprega para picar a pedra.

      5. Martelo grande de madeira ou de ferro.

      6. Peza dos martelos mecánicos que consiste nun bloque pesado de madeira ou de ferro que, guiada por dous raís, se deixa caer sobre unha estaca para clavala.

    2. Elemento composto por unha peza de forma esférica, cun mango, xeralmente forrada de pel ou dalgún tipo de tea, que se emprega para tocar o bombo.

    3. Insignia que consiste nun bastón coa parte superior de ouro ou de prata, que portan os maceiros en determinados actos de grande solemnidade diante de altos cargos políticos.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Froito comestible da maceira de tipo pomo. Ten forma esferoidal ou máis ou menos redondeada, cun diámetro comprendido entre os 3 e os 10 cm, de carne branca e pel fina de cor amarela, verde ou vermella. É comestible, de sabor máis ou menos acedo e a partir dela obtense a sidra e outras bebidas. Recibe diversos nomes segundo a súa cor, dimensións ou sabor. Consérvase moi ben e ten propiedades laxantes.

      2. mazá ceboleira AGR

        ariedade de mazá agridoce de maduración serodia e de cor amarela ou rubia.

    1. Mazá de ouro que Éride (a Discordia) propuxo como premio para a máis fermosa das deusas. A decisión correspondeulle a Paris, que debía elexir entre Atenea, Hera e Afrodita. Esta última ofreceulle o amor de Helena e Paris escolleuna como a máis fermosa. A partír deste xuízo orixinouse a Guerra de Troia.

    2. barriga da perna.

    3. noz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lugo. Foi feito en 1724 e concebiuse como pazo dependente da casa principal dos Felpás, situada en Rábade. Destinouse a casa materno infantil, e no s XX ocupouno o doutor Lomas, polo que se coñeceu tamén como casa Lomas. A mediados do s XX Francisco Martínez Vegas mercoullo a Pedro Barrié de la Maza e porteriormente reconstruíuse segundo un proxecto do arquitecto González Trigo, que o converteu nun centro comercial. Durante as obras descubriuse unha calzada romana, que pasa por debaixo do edificio e que se conserva in situ. Na fachada destacan dous escudos coas armas dos Montenegro, Pardo, Aguiar, Seixas, Saavedra, Guntín, Andrade, Salgado e Enríquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten planta rectangular con baixo e un piso ao que se accede desde un patio do que saen dúas escaleiras de pedra exteriores. Na parte L conserva unha galería aberta e na fachada destacan dúas ventás entre as que se sitúa un escudo con armas dos Maza, Fonseca e Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Dorrón (Sanxenxo). Ten planta en forma de escuadro con baixo e un piso, e cunha galería á que se accede desde o patio frontal. Na fachada principal destaca un escudo coas armas dos Aldao, Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, un reloxo de sol e algunhas gárgolas. O conxunto completouse cun hórreo de dez pés e un pombal e rodeouse cun muro no que destaca o portalón, rematado en cruz. Noutra época tivo unha estrutura medieval cunha torre de homenaxe, que non se conserva. O edificio pertenceu aos Aldao e ao señorío do coto de Dorrón durante varias xeracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá ao caer sentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá cunha maza ou cun mazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. mazadoiro.

    2. mazadoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de mazar.

    2. Que é ou se mostra excesivamente canso.

    VER O DETALLE DO TERMO