"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Orde de cabalería que escolleu a estrela como insignia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Macizo que constitúe a maior unidade de relevo do territorio continental portugués, cunha altitude máxima de 1.991 m, no planalto da Torre. Estruturalmente correspóndese co sector máis occidental do Sistema Central da Península Ibérica. Nela nacen os dous maiores ríos portugueses -se se exceptúan o Douro e o Tejo-, o Mondego e o Zêzere.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estrelar.

      1. Que está cuberto de estrelas.

      2. Aplícase ao escudo sementado de estrelas.

    2. Que se frite sen bater.

    3. Que presenta forma de estrela.

    4. Aplícase ao animal cunha estrela na fronte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Equinodermo mariño e bentónico, da clase dos asteroideos, caracterizado por presentar, as máis das especies, cinco brazos arredor dun disco central -aínda que outras teñen 7, 12 e mesmo 50-, ter a boca en posición ventral e o ano en posición dorsal. Presentan pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, constituído fundamentalmente por bivalvos aos que lles abren as valvas para logo liberar enzimas dixestivos no interior das cunchas que provocan unha dixestión externa. Existen unhas 2.000 especies que varían de tamaño dende 1 ata 130 cm de diámetro.

    2. Herbácea de follas lanceoladas e pinnatífidas, de ata 20 cm de lonxitude, que forman unha mouta basal, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, co tubo da corola piloso, dispostas en espigas pedunculadas. Os froitos son cápsulas que se abren transversalmente. Está presente en toda Galicia en lugares secos e areosos como as praias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar de chover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de tempo breve durante o que deixa de chover.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén choque con forza ou violencia contra algo.

    2. Fritir un ovo sen o bater.

    3. Encherse de estrelas o ceo.

    4. Sufrir algo ou alguén un golpe violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encherse de estrelas o ceo.

    2. Tremer a luz das estrelas.

    3. Aparecer as primeiras luces do día. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “A quen cedo se ergue, cedo lle estrelece”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectivora forestal do xénero Regulus, da familia dos páridos, de 9 cm de lonxitude, co corpo groso, de cores verdes oliváceas nas partes superiores e ocres por baixo, alas escuras con bandas brancas e peteiro moi fino e curto. Caracterízanse por presentar o curuto da cabeza de cores vivas e, algunhas especies, trazos oculares brancos. En inverno poden formar bandos con outros páridos.

    2. Ave que presenta un anel ocular de cor branca moi patente e, no caso dos machos, unha mancha de cor rubí no píleo. Aparece, de cando en vez, no N de Europa como ave divagante procedente de Norteamérica.

    3. Ave que presenta unha franxa no centro do píleo, de cor laranxa no macho e amarela na femia, con bordos negros. Tamén amosa unha mancha de cor cinsenta ao redor do ollo escuro. Ten unha distribución paleártica onde aparece, en condicións de clima boreal e temperado, dende as illas Británicas ata Xapón. Na Península Ibérica ocupa as cadeas montañosas máis elevadas da metade norte, a Cordilleira Cantábrica, os Pireneos, o Sistema Ibérico e Central, e está ausente das montañas máis meridionais. Acompaña as árbores ata o seu límite de altura nas montañas; acada os 2.200 m nos Pireneos. Preséntase tanto en bosques subalpinos de coníferas como en carballeiras, faiais e biduerais. Ten o límite occidental da súa distribución nas serras orientais galegas, onde realizan movementos altitudinais ao longo do ano. A Galicia tamén chegan, durante o inverno, aves procedentes do resto de Europa.

    4. Ave que presenta unha franxa no centro do píleo, de cor vermella no macho e amarela na femia, con bordos negros. Na cabeza teñen a fronte de cor dourada, cunha lista superciliar branca e unha liña ocular negra. Ten unha distribución paleártica occidental e resulta unha ave abundante nos bosques da rexión eurosiberiana e no piso supramediterráneo. A certa altura, nos sistemas montañosos, substitúese pola estreliña espida. Na Península Ibérica a distribución é atlántica e montañosa, na zona mediterránea ocupa bosques de coníferas e en Galicia bosques de frondosas.

    5. Ave que presenta unha patente franxa branca sobre o ollo, o píleo o do macho e o da femia de cor amarela, e unha franxa nas ás pálida. É unha especie propia do S de Canadá, EE UU, México e Guatemala, e compórtase como migradora parcial sen abandonar esta área de distribución norteamericana.

    6. Ave endémica das illas máis occidentais de Canarias -Tenerife, La Gomera, La Palma e El Hierro- propia de bosques de piñeiros canarios e laurisilvas por riba dos 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1860. Subtitulouse “Periódico quincenal”. Os seus artigos eran manuscritos e na súa redacción participaron estudiantes da universidade e do instituto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela en outubro de 1867. Cesou a súa edición en marzo do ano seguinte. Editado por Antonio de Leiva, na súa redacción participaron Xosé Salgado Rodríguez, Xosé Mª Portal González, Félix Moreno Astray e Bernardo Barreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Fernando Pato. Foi un defensor dos intereses da cidade e incluíu composicións poéticas, artigos de apoloxía eclesiástica e referencias a temas sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela a partir do 8 de marzo de 1896. Cesou probablemente o 2 de agosto do mesmo ano (nº18). Dirixiuna Magdalena de Monte Blanco, pseudónimo de Luis Bouza Trillo. Subtitulouse “Revista de modas y literatura”. Trátase dunha publicación orientada ao público feminino da época, que incluíu información sobre música, moda, debuxo, folletíns e unha sección literaria, con numerosas composicións poéticas. Ademais, inseriu debuxos e patróns de moda da autoría de Enrique Aguilera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Sarria en marzo de 1928. Cesou a súa edición no número 24. Subtitulouse “Periódico semanal” e estaba dirixido por Rosa Mª de Oñate y Prendergast. Incluíu numerosos ecos de sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estremo.

    2. Porción de terreo, entre dúas fileiras de árbores ou en forma de cadrado, que serve para plantar hortalizas.

    3. Divisións feitas no lateral do hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do SO de Portugal que se corresponde cos actuais distritos de Lisboa, Setúbal e a metade O do de Leiria. Lisboa agrupa máis da metade dos habitantes da rexión. Ten unha importante industria química, que converteu o esteiro do Tejo nun dos polígonos industriais portugueses máis destacados. Colonia dos fenicios, posteriormente ocupada polos cartaxineses, constituíu unha parte da Lusitania romana co nome de Felicitas Iulia, con capital en Olisipo. Incorporada ao reino visigodo de Toledo (569), conquistárona os musulmáns no 711. Recibiu o seu nome ao ser unha terra estremeira dos territorios sometidos aos musulmáns. Conquistada polos portugueses en 1147, dende o s XVI a súa historia identificouse totalmente coa do Reino de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinalar as estremas dunha propiedade.

      1. Separar cousas ou persoas.

      2. Separar o gando de distintos propietarios ao regresar do pasto.

    2. Limpar as tripas quitándolles a graxa que as envolve.

    3. Clarificar a cera ou a manteiga.

    4. Ter estremas unha propiedade con outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que estremece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estremecer ou estremecerse.

    2. ibración perceptible polo tacto. Refírese especialmente á sensación obtida cando se palpa unha estrutura pola que circula o sangue a unha velocidade superior á habitual, por mor dunha estenose ou dunha fístula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer tremer algo ou alguén con movementos axitados e repentinos.

    2. Conmover fortemente un feito extraordinario o ánimo de alguén.

    3. Tremer algo ou alguén con movementos axitados ou repentinos.

    4. Conmoverse o ánimo de algo ou alguén por un feito extraordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un límite común con algo.

    2. estremo.

    VER O DETALLE DO TERMO